viernes, 24 de diciembre de 2010
DECLARASIÓN DE INTENSIÓNS. Por Femia Castradora.
Por Femia Castradora.
Levo tempo dándolhe voltas á cabesa.As veses penso que tenho que faser cambios na minha vida. Alghúns son petisións do lector e outros son lideiras minhas:
-Meu nome. A mín ghústame, iso que vaia por diante. Síntome unha mulher realisada e cun fin na sosiedade. Logho hai quen propón que milhor me chame Dora Castro , Dora, a Mosa Agharimosa, e outros dos que non me lembro (ghrasias a Santano e Santa Companha polas suxerensias). Analisemos:
Dora Castro?, pois pode ser, pero non reflexa a minha personalidade. Hai que darlhe voltas. Pode quedar Dora, Castra Dora, coma Bon, Gheins Bon. Soa moi inghlés, e eu tiro mais para a casa.
Dora, a Mosa Agharimosa. Soa ben, pero lémbrame un pouco a Dora a Exploradora e eu xa non tenho idade para iso. Ademais, eu son moi de conxuntar nome e mais complementos e eu prefiro o bolso para levar o coitelo, se tenho que levar mochila non o tenho tan a man.
- O coitelo. É o meu instrumento de trabalho. Fai anos conhesín nun ghrupo de terapia á chamada pola prensa sensasionalista "A tola do Piolet". Tenho que reconheser que ese nome ten un aquel fino e distinghido. Piolet. Logho hai que considerar o choio que tes que faser. Ela carghábase ós seus mosos cravándolho sen mais. Para iso sí é indicado o aparelho e ademais queda moi eleghante. Coma o picaxeos, ighual, ighual. Para a minha afisión o milhor é o coitelo, onde vai parar. Tódalas minhas actuasións son limpas e dunha talhada, co coitelo afiado e acabando pronto. Alghúns nin se enteran.
- Axudar ó meu pretendente das ghaseosas a atopar o seu amor verdadeiro. Estiven dándolhe voltas e cheghei á conclusión de que o que nesesita é deixarse de parvadas e ir ó que ten que ir. Ou sexa, disirlhe ó que lhe leva o saborisante de limón que é o seu home. Están afeitos o un para o outro.
- Fareime un pirsin. Aínda non sei moi ben onde me o vou faser, pero vai ser un alisiente mais para os meus mosos. E para min tamén, xa que vou voltar ós meus anos de xuventude, transghresores e botados para adiante. Vou arrasar na sesión vermú das festas do meu pobo.
- Quero montar unha escola de sedusión para as rapasas novas. Coa minha esperiensia penso que podo serlhes de utilidade. As materias xa as tenho pensadas: a elesión do candidato; a importansia do cambio no home ou coma ghialo sen que se fagha notar; a convivensia, esa ghran desconhesida na parelha; e para rematar: cando xa non ten caso seghir, cóma desirlho sen ferilo e quedar coma amighos.
Para empesar, chegha. Se despois quero faser algho mais, irei vendo. Sempre remato a Noiteboa dándolhe voltas á cabesa para ver que podo melhorar. Aghora tenho que deixarvos. Hai un home cunha funda de trabalho colorada no meu telhado, parese que quere entrar na casa pola cheminea.Non sei coma fixo para subir tamén un carrinho e mais un bicho con cornos. Ese non sabe onde foi parar! Vou polo coitelo.
Apertas.
Etiquetas:
Femia Castradora
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Dear Querida Femia:
ResponderEliminarVexo as tuas ganas de cambio en intencions pra o proxímo ano.
Con respecto a o teu nome, xa che din algunas ideas, lóxicamente, son propostas feitas con respeto e cariño e tí serás quen decida, vanche outras máis, por certo, o de Piolet soa moi afrancesado:
-´Dora Navalla´, e como o coitelo, pero de bolsillo e mais doado de levar.
-´Dora Capadora´, igual que castradora, pero mais galego, e ademáis, rima.
-Eunucadora, pódese confundir con educadora e si alguén así o entende non fai falta dar explicacións.
Sobre o de dar clases as rapazas, paréceme fabuloso, eu daréinas a os rapaces que sufrirán os desaires e quedarán co corazón ´partío´si se enamoran das tuas alumnas, así, os dous faremos negocio, boa idea.
Eu sempre fago, como fan as misses dos concursos de beleza, relación dos meus desexos pra o seguinte ano, hay van:
-Desexo a Paz Mundial.
-Axuda pra os animais en perigo de extición.
-Loita contra a fame negra.
-Que o mundo sexa un lugar de amistade fraternal entre os paises.
-Igualdade entre as razas.
Seguiréi pensando.
No cambies nada de nada, Femia, a mi me gustas tal como eres ;-)
ResponderEliminarComparto con Santano os desexos de cara ao vindeiro ano, pero estou con Lara en que ti nos gostas tal e como eres, Femia, así que a seguir así. Apertas.
ResponderEliminarFemia, isto e un cambio radical, incluido o nome.
ResponderEliminarGustanme tamén os desexos de Santano, que comparto, e por suposto, os teus.
O que non debes cambiar e o téu xeito de pensar e de trasmitir o que pasa po la tua cabeza.
Bicos e Bo Nadal.
Femia, non te me movas un milímetro. Ti sempre no teu sitio. Boas festas e apertas.
ResponderEliminarTú a tu bola, Femia, Llámate como quieras y has lo que te apetezca. Feliz año.
ResponderEliminar