sábado, 19 de marzo de 2011

MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS E BRUXAS.

Por Femia Castradora

Onte fun a unha sea protaghonisada por todos os da minha aldea. Faise para limar asperesas entre vesinhos que tenhen alghunha liorta, case sempre debida a que un can matou unha ghalinha, que a servidumbre de paso de alghunha leira non se respeta, ou que o avó de alghún deles fai sesenta anos quitoulhe a noiva a outro avó de outro e deixóuno na miseria esistensial, sendo esto a culpa de tódolos males da familia ata os nosos días.

O orghanisador ten boa fe fasendo este encontro cada ano, pero non se da de conta que estas xornadas de esaltasión da amisade poden resultar ben uns cantos anos seghidos, pero chegha un día que pode estoupar e acabar coma o rosario da aurora. Coma este ano hai elesións munisipais e Manolo (o liante da sea) preséntase a alcalde, púxo toda a carne no asador.

Ou na pota, xa que enchéunos o bandulho a todos con carne ó caldeiro, chourisos e churrasco ata fartar. E de sobremesa a súa mulher fixo uns brasos de xitano que papamos todos, pero que ó día seghinte comentouse na aldea que eran desmeresedores da xuntansa. Eu penso que a pobre Carmela fixo o que puido e ela non é responsable da salmonela dos ovos cos que fixo a crema. A intoxicasión foi democráticamente aleatoria. Non toda a crema estaba mala, foi a sortes.

Despois, déuselhe por faser unha queimada. Eu son mais de licor café, écheme mais dixestivo e reconfórtame, espiritualmente falando. Eu coa queimada quédome en suspensión, coma hibernando. Estou pero non estou. E no seghundo conxuro eu xa estaba a velas vir. Soio recordo o de mouchos, coruxas, sapos e bruxas... e eu vindo todo coma se fora unha película en tresdé.

Recordo que pensaba nas bruxas. Estiven polo menos dúas horas recapasitando sobre elas e bebendo queimada ós pouquinhos para manter a minha capasidade de reflesión, á que son tan pouco dada.

Ai, as bruxas!, canto lhes debemos e non non damos de conta. Comensando pola nosa senha de identidade inxustamente espalhada polo mundo adiante (habelas hailas). Nos non somos así. Hai xente que cree nas bruxas e o di sen mais. Eu, sen ir mais lexos, vou a unha bruxa cando torso un pé e é o milhor que hai. Tamén serven para enderesar estómaghos e alghunhas sacan o mal de olho.

As nosas non son bruxas que van en vasoira percorrendo o seo nas noites de lúa chea, nen cosinhan rapasinhos tenros para faser alghún malefisio. Eso é unha parvada. As nosas son mulheres que tenhen a súa familia e as súas leiras, as hai con vacas e tamén hainas repartidoras de correos. De todo hai. Pero o que despois fan é unha axuda á comunidade, porque non ponhen presio ó seu don. Tí vas alí a componher un braso e logho de sair arreghlada se queres daslhe algho de dinheiro, ou uns ovos da casa, ou nada, coma ti queiras.

Son resetoras da cultura popular e normalmente saes da súa casa cheirando a canha, que é o que  utilisan para os seus apanhos case sempre. Hai que desir para informasión de aqueles que nunca foron a unha bruxa, que  o aughardente úsase para frotar, non para bebelo. Nos últimos anos non tiven que ir a ninguna, pero fontes dignas de toda confiansa dixéronme que xa hai alghunas que xa usan o réfles para a sanasión.  A mín eso non me ghusta, prefiro sair cheirando a noite de esmorga antes de cheirar a motor escaralhado de carroseta.

Mentras eu divaghaba, vía pasar por diante de min cadeiras voando, garfos asasinos, e botelhas escachadas nas cabesas da concurrensia. Vamos, unha  liorta de coidado. Non sei aínda hoxe coma eu saín sen resibir, sana et salva coma na ghlosa medieval.

Apertas.

10 comentarios:

  1. Femia, que ben veñen estas túas colaboracións para templar gaitas. Cada día vamos a máis.

    ResponderEliminar
  2. Ciudadana del Mundo19 de marzo de 2011, 19:09

    Muy bueno Femia, no hay nada como xuntanzas de vecinos para limar asperezas!! En cuanto a las bruxas tienes razón, yo les debo varios tendones arreglados. :) Aunque a mí no me frotaron con aguardiente :(

    ResponderEliminar
  3. A mi me llevaron una vez, pero era un señor, no una meiga

    ResponderEliminar
  4. tendran las meigas una receta para estudiar con resaca????

    ResponderEliminar
  5. Cada semana mellor, Femia. Esres o noso descanso dominical.

    Glub, grandísimo tamén o teu artigo sobre Quiroga no Diario de Pontevedra.

    Fin de semana triunfal. Parabéns.

    ResponderEliminar
  6. Moitas grasias polo que me toca. Sodes moi riquinhos.

    Lara, o melhor para estudar con resaca é presisamente non estudar con resaca. Se non queda outra, din alghúns entendidos que pódese seghir bebendo, pero que non é gharantía de aprobado.

    Benvida, Cidadá.

    Coco, eu son coma o qué me dis do Diario de Pontevedra. Sábados e dominghos sen treghua.Por serto, qué fagho eu aquí se hoxe é luns?

    Arturo, Ana e Anónimo, bicos a vos e a todos os demais.


    Apertas.

    ResponderEliminar
  7. Rodrigo, una maravlla el artículo de ayel en el Diario de Pontevedra sobre Quiroga. Me emocionó.
    Conocí a ese último Quiroga siendo yo una niña y me alegra que haya gente como tú reivindicando a nuestro mejor artista. Tu texto es una auténtica preciosidad de principio a fin. Es un privilegio para los pontevedreses contar con gente como tú, que sabe transmitir como nadie y hacer revivir emociones tan intensas.
    A ver si todos tomamos buena nota de todo lo que has escrito en tu artículo. No puedo dejar de leerlo una y otra vez.
    Creo que no me conoces personalmente pero conocí mucho a tu madre que era una bellísima persona y sé que estaria muy orgullosa de poder leer lo que has escrito sobre Quiroga. Ella también fue una gran pontevedresa como lo eres tú y lo has demostrado este domingo.
    Te felicito y te doy las gracias de todo corazón.

    Marisa.

    ResponderEliminar
  8. Gracias, Marisa. A mí, que no conozco la humildad, me encanta que alimenten mi ego con elogios, merecidos o no. Así que te debo una caña.

    ResponderEliminar