sábado, 21 de mayo de 2011

REFLEXIÓNS



 Por Femia Castradora

Que vaia por diante que isto fíxeno onte. Hoxe non penso faser nada, hai que reflexionar. Ten que ser algho paresido ó sabbath, ou sexa que non podo escrebir mais de dúas letras, ou borralas, que da o mesmo trabalho. Eu son moito de borrar e por outra banda, non sei se Ghlub ponhería unha entrada minha con dúas letras.

Tampouco podo trasquilar nen tamisar. E que fagho hoxe? Non sei. menos mal que aínda quedan uns trosos de empanada na cosinha, que se non, podo morrer coa fame.

Mira que ter que ponher un día para reflexionar! Estos o que queren é que haia xente á que lhe estoupe a cabesa. De quen foi a idea?

Pois vou a aproveitar e vou reflexionar sobre cousas que tinha pendentes de reflexión. Unha é por qué hai homes aghora que lhes da por levar escote e lusir canalilho.  Fai uns meses atopei un deses e convidoume a unhas canhas. Cando tocou paghar, sacou o monedeiro do escote, coma as velhas de antes. Candidato a conheser a Vinghador.

Outra reflexión é porqué hai xente que cando ve que non tenhen sitio no armario van e enchen unhas bolsas e lévanas ó asilo mais sercano. Quixera saber eu qué raio fan as aboas cuns sapatos de tacón de aghulha e chúchame a punta. Ó milhor poden darlhe con él á monxa mais rabuda, porque outra cousa non.

Outra cousa: pódese reflexionar na praia ou non? Díghoo porque meteoghalisia dí que vai  faser bó tempo e eu quería aproveitar e ir. Pero se vou xa non sei se poderei reflexionar ben, voume distraer e e iso é presisamente o que non que se quere. E sair de festa, pódese? Non creo, porque eu cando salgho, vou ata o final e podo acabar ó día seghinte sen saber quen sou, onde está a minha casa e menos aínda  que hai que ir votar.

Vou ponher o serebro en branco. Pero iso tampouco é reflexionar. A cousa é que non quero pasar un día enteiro dándolhe voltas á cabesa a ver a quen vou votar.

E os que xa o saben, tenhen que reflexionar? Porque se isos non van adicar o día a iso, non o vexo ben nen xusto. A esos que lhe ponhan deberes coma no colexio de alghún tema e que reflexionen coma todos.

Vós non sei se poderedes ler isto, polo da reflexión, pero no caso de que poidades, sabede que ides reflexionar mais que ninghén. Acabo de contar as veses que puxen reflexión ou derivados e saen catorse. Trabalho que vos quito.

Apertas.

4 comentarios:

  1. Non sen minha Femia21 de mayo de 2011, 8:27

    Eu vou reflexionar sobre as tuas reflexións si dou atopado o que teño que reflexionar

    ResponderEliminar
  2. Se eu contase as miñas reflexions...

    ResponderEliminar
  3. Acabo de aterrar eiquí e isto parece interesante. Ademáis é pontevedrés. Ademáis tes links de blogs que visito con asiduidade. En fin... eu tamén che son de Puentevedra e blogueiro. Gustaríame que lle botaras cando poidas unha ollada eiquí; http://galieiro.blogspot.com/2011/02/maria-la-del-carrillo.html e o que por alí hai e me puxeras un link se cres que paga a pena. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. eu fago flexións no chan, 15, tamén valen penso, que non me foda o prefixo que a raíz é a mesma.

    ResponderEliminar