sábado, 30 de julio de 2011

GHRIS



Por Femia Castradora

Temos novo alcalde logho das elesións. É o filho de Margharita, a panadeira.

Para ter contentos ós da aldea, dixo que alghunhas noites ía  ponher un sine ó ar libre para todos. Primeiro o pase infantil, no que ata as des e media os rapases ían ver unha película con pipas e mais Pitusa de laranxa a esghalha para todos.

A sesión dos maiores tinha o insentivo de que íamos ver unha película reghada con litros de licor café, reghalo do Conselho. A iso chámaselhe ter contentos ós vesinhos. É algho do que tenhen que aprender noutros Conselhos. Os que alá fomos, ó rematar a película xuramos fidelidade nas furnas ó novo alcalde.

A película que botaron chamábase Ghris. Non sei a qué vinha o nome, porque era a cores. Tampouco era unha obra nova do Kieslowski, que xa fixera películas con nomes de outras cores. Non, o que alí vimos foi outra cousa. Pareseume bonita, aínda que non tinha moita mensaxe e unha dábase conta que estaba feita para o lusimento dos atores.

Vóuvola contar, mesmo que o licor café tomado durante a proxeción fixo que ás veses perdera o fío arghumental.

Pois era unha rapasa que é nova no istituto do pobo. Ó cheghar, fai amighas novas. Estas amighas pensan que a rapasa, que se chamaba Sara, é medio paspana e ten que espabilar.

Mira que está bó o licor café.

Sara dílhe ás amighas que botou noivo na praia. E resulta que ese rapás é un dos macarras do istituto. Cando se viron no recreo, o noivo, que se chamaba Daniel, fíxose o chulito diante de Sara, cousa que non lhe ghustou nada á rapasa.

A partires dese momento, vese que hai tensión entre os dous namorados. Ela non lhe perdoa, e el ten unha chulería que manter, que esas cousas vanse fasendo pouco a pouco, é trabalho de anos. Pero logho desfaise nun momento.

O licor café é negho e dulse.

Un día chegha ó istituto a teuveghá a grabar un concurso de baile, tipo Luar, que xa está todo inventado.

No baile, que ía ser un bó momento para a reconsiliasión, o Daniel acaba bailando unha muinheira subidinha de tono con outra rapasa, que tinha fama de ensinar o refaixo ó bailar.

A pobre Sara non tivo sorte. É unha desghrasia.

O licor café era da casa.

Logho non sei que pasou que fan unha carreira de carrilanas, non sei porqué. Ahí os ghionistas patinaron e non ghanharon o sueldo. Confunden ós espetadores.

O licor café entraba como a augha.

A rapasa, asesorada polas amighas, desidiu espabilar  e foi á feira para atoparse con Daniel. Antes pasou pola sesión de chapa e pintura coas amighas, mais esperimentadas no arte da sedusión.

O licor café fai que as cousas se vexan coma se miraras por unha tubería.

Cando o rapás mira a Sara pon cara de can rabeoso, botando babas e cos olhos fora das cuncas. Vamos, o que se dí o xenro ideal. Se estivera ahí a nai de Sara seghuro que a metía monxa.

Ahí sí.Sacamos a conclusión de que non hai home que se resista se pos uns pantalóns de prástico neghro e uns rulos na cabesa.

Ó que inventou o licor café habería que faserlhe un monumento.

Xa logho, van pola feira e pásano moi ben: foron á tómbola do xamón, comeron churros, xogharon ós camelhos, e probaron puntería na caseta das escopetas de balíns. Seghuro que Sara voltou á casa cun peluche ghrande, desos que logho non sabes qué faser con eles.

A película remata ben, con Sara e Daniel saíndo da feira voando nunha carroseta.

Apertas

5 comentarios:

  1. Non sen minha Femia30 de julio de 2011, 13:03

    Vou mirar de novo isa pelucula co licor café, que está claro que algo perdinme. Moi bó, coma sempre. Pero dille o alcalde que fai anos dise longometraxe.

    ResponderEliminar
  2. jajajjaja muy bueno femia, a ver si me llevas al cine un dia de estos ;)

    ResponderEliminar
  3. Grande Femia, menos mal que apareces ti para arreglar a fin de semana do blog, que o Glub fixo o da Amy Winehouse e botou a durmir. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Non sen...: o alcalde é un nostálxico, non hai que faserlhe.
    O licor café vai cambiar o mundo.

    Lara, aghora van botar sine na rúa en Pontevedra, hai que aproveitar e levar o licor café de paseo.

    Galizán, unha mághoa o da Amy, se se dedicara ó licor café aínda estaría entre nós.

    Parese que tenho unha fábrica de licor café, pero soio son afisionada.

    Pasádeo ben e bicos para todos.

    ResponderEliminar
  5. "O licor café fai que as cousas se vexan coma se miraras por unha tubería."
    "Ó que inventou o licor café habería que faserlhe un monumento."

    Isto é o que me gusta a min: as verdades coma puños.

    ResponderEliminar