sábado, 17 de septiembre de 2011

ANIVERSARIO.


Por Femia Castradora


Fai un ano por estas datas, fun convidada polo que eu considero o meu pigmalión, Ghlub, para que fixera algho para ocupar o seu blog na fin de semana. Non pensedes que son unha deserebrada e non o recapasitei antes: Traeríame problemas coa xustisa? Baixaría a porsentaxe de ghaláns que se me acheghaban atraídos pola minha belesa? Ía poder seghir bebendo licor café nas cantinas sen que vinhera alghén e dixera: "hala, xa está ahí outra ves  Femia dándolhe ó bebersio, coma se non houbera manhá? Ou coma pode ser que Ghlub ponha en perighro a súa reputasión e bó nome ponhendo o que lhe da por escreber a esa tola?"

A resposta é que non cambiou nada, polo menos para min. Non sei se ó meu próser perdeu letores, pero non é o meu problema. Imaxino que haberá tido consecuensias, non sempre boas para el. Unha ves escribiume e díxome que había xente que pensaba que eu era Ghlub fasendo travestismo literario. Home, díxenlhe eu, desmínteo, non vaia ser que che quede o sambenito de que tí eres Femia e logho non che contrate ninghén. Dixo que non, que lhe divertía e  á xente que lhe preghuntara xa lho diría.

Pois ben, quero disir que Femia non é Ghlub escribindo mal (non falo da forma, que ben orghulhosa estou de escribir coma escribo, senón do fondo) Atópoo un pouco indinante, ninghén me dixo que se eu era Ghlub. Serto é que eu polo de aghora aínda conservo a minha melena sedosa e non levo barba. 

O meu anonimato é case total. Soio hai dúas persoas que saben quen son eu e recordo que cando lho dixen a cada un deles non o crían, así é a vida da fuxitiva, unha farsa.

Non podo dar a conheser a minha identidade, son unha perseghida pola polisía e a xente que non comprende a esensia marabilhosa da castrasión. Tenho enemighos  ós que xa lhes ghustaría saber quen son eu. 

Pero dino todo ata o de hoxe, faleivos dos meus noivos, das minhas esperiensias e dos meus animais, recordos e vivensias que non lhos contei a ninghén mais. Sodes os resetores das minhas esperiensias, o meu pano de bághoas no que boto a incomprensión dos meus castrados. 

Aghora mesmo estou saíndo cun moso, e qué? Dígholhe que son Femia e sae correndo ou non lhe digho nada e espero a que o saiba por propia esperiensia? Non sei, vexo que o meu ofisio é desaghradesido, xa que non podo disir, coma os carteiros por exemplo: Ola, son Castradora, ábresme a porta? ou ponher unha sita por teléfono: as sete tenho libre para te castrar, venche ben a hora? 

Ai,ai, ai, qué vida, Non sabedes o estrés que tenho as veses, coma aghora mesmo. Quedei cun moso e dame mághoa non disirlhe o que lhe vou faser, non vou poder chulearme do ben que lhe vai quedar. Co tempo verá que que a sicatris quedaralhe unha presiosidá.

Apertas.


13 comentarios:

  1. Antes de nada, aghradeservos as mensaxes da semana pasada Lara, Ghata e Santano, que non puiden responder por motivos de forsa maior.

    O caso é que Rosita, minha cabra, entrou no cuarto da interné e comeume o cable. Non vexades coma lhe ghusta a banda ancha, tolea por ela. E claro, non souben nada de vos ata onte, que veu o ingheniero a arranxalo.

    Moitos bicos, sempre vos tomades a molestia.

    ResponderEliminar
  2. Sólo le digo que vine a este blog por usted y después descubrí que escribía un tal señor Cota que sabe y mucho de Colón.

    Si necesita un lugar para guarecerse de los hombres malos y afilar sus armas cuente conmigo. Le acojo encantada en mi casa, que tengo muchas preguntas que hacer sobre su oficio, digno donde los halla

    ResponderEliminar
  3. Non sen minha Femia, luz e guia de meus días17 de septiembre de 2011, 11:42

    E añado que teño unha bodega xea de licor café caseiro da minha suegra. ¿sinón estaría casada có o paspán de seu fillo?... a verdade é que limpiño e cumpre, todolos sentidos.

    ResponderEliminar
  4. Non sen...: Mulher, de ti que hai confiansa.

    A idea da adegha chea de licor café ghústame e moito. Se tenho que sair fuxindo pola falta de considerasión hasia meu trabalho, non hai dúbida: vou á túa adegha, cun colchonsinho no chan xa me arreghlo. Sería coma estar na ghloria.

    As soghras dan aleghrías e a túa é un tesouro, xa me ghustaría a min ter unha que dominara a arte de faser licor café. O seu filho se é limpinho e cumpre xa está. Para qué pedir mais?

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  5. Non sen miha Femia perigosa17 de septiembre de 2011, 14:05

    Encatada estou a falar con ustede, pero baixo as leiras que teño a meu home a facer a vendimia, levo queixo, viño e pan e levo para min unha petaca de licor café. Vexo en lontanaza as viudas cos sábados se pon tensas y visten de negro perigoso en busca de paspallanes. Teño que vixiar.

    Un bico Femia.

    ResponderEliminar
  6. Femia o meu regalo polo teu aniversario, e xa sabes se queres ter un a tomar andróxenos.

    http://www.clinicadam.com/salud/6/17050.html

    ResponderEliminar
  7. Ghrasias Anónimo polo reghalo. Tes o tique de compra? Porque xa tenho un e quería cambialo. Son os inconvintes de ter un de serie, que non nesesitas dous para nada.

    ResponderEliminar
  8. " bághoas" ¿son lágrimas? ¡Oh! ¡Qué bonito! ¿Vees? Por eso yo quiero retirarme en Galicia.
    Oye Femia si quedas con este de la Sementeira, me lo indultas ¿eh?, que con ese pelaso de pirata, tiene derecho a la reproducción.
    (¿Ya probaste el licor café con agua limón? Mira, que es bebida de verano)

    ResponderEliminar
  9. Que xa tes un de serie¡¡¡, agora sí que me tes desconcertad@, eres un home , unha muller, eres Glub, estás casada, tes mozo, eres vella, eres nova, queres ligar conmigo...ja,ja son tantas preguntas que me veñen á cabeza

    ResponderEliminar
  10. Ghata: Queda reservado o da sementeira. O do licor café con limón non o fixen ainda, soa coma ponher maionesa na empanada. Vou confiar e probareino. Proporsións?



    Anónimo: Debido ó teu desconserto, penso que é a minha oblighasión faser un espesial "Preghúntalhe a Femia". Tentarei dar resposta ós misterios da humanidade, conselhos ós namorados non correspondidos, trucos de cosinha...

    Bicos.

    ResponderEliminar
  11. Nunca pasóu pola miña cabeza que Femia fora Glub, e mira que pasan cousas raras pola miña cabeza.
    E o último que podería eu enterder, Glub e mais o vingador capando homes coma se foran porquiños.
    Teño feito una analise psocoloxica de Femia Castradora que, sen dúbida, una muller chea de desamor, odio, frustración e ganas de facer dano a os homes.
    Tamen sei que lle gustan os Seat 124, vaise pechando o circulo. Teño moitos mais datos dela e conto en un par de semanas descubrir a sua verdadeira identidade e, como fan nas loitas de enmascarados, quitarlle a máscara.
    Poirot e outros investigadores axudaronme coas suas ensinanzas e xa te teño nas miñas mans.
    Preparate a pasar unas longas vacacions na carcere de mulleres e o teu vingador será destruido a pedradas polos ex-noivos e ex-amigos a os que lles quitaches un peso de enriba sen o seu consentimento.

    ResponderEliminar
  12. Santa Companha, xa sabía eu que tinhas un interese oculto. Vai ser un duelo entre un investighador sagas e unha fuxitiva á que non é fásil colhela.

    O pobre Vinghador non ten culpa de nada, non sexas despiadado con el (no caso mais que improbable de que descobras a minha identidade)

    Vouche dar unha pista, para que vexas que non tenho medo: o meu 124, que soio o saco os xoves para ir a Daniel a bailar, ten o volante forrado de peluche cor fúsia.

    Bicos. (xa ves que non che tenho rencor, é a típica relasión entre o polisía e o asasino en serie, que ó final aínda imos ir de vinhos e todo)

    ResponderEliminar
  13. Ese dato novo do volante forrador xucto cos outros que teño recolectado leendo os teus escritos, desmarañando as pistas obtidas, casando unas informacións coas outras axúdame moito.
    Sei que te a tua parte sensible, pequena, inapreciable, pero a tes.
    Con respecto a os viños, teño que decirche que o vexo moi dificil, anque deixaras a vingador na casa e todo, sempre podes atopar con que sustituilo, creo que no precisamos que a nos amistade chegue tan lonxe.
    Bicos tamen pra ti.

    ResponderEliminar