sábado, 24 de septiembre de 2011

CORTEI, SI SENHOR


Por Femia Castradora


Tiven que cortalos. Hai moito tempo que non o fasía. Antes , procurei evitalo pero non puido  ser. Que é o que falhou? Porque sempre sigho o mesmo ritual e non pasa nada. Vou recapasitar para ter unha visión do ocurrido.

Levanteime ese día coma sempre. Non sabía o que ía pasar.  Almorsei unha cunca de café con leite mais ghalhetas churruscos, das que se desfán se as deixas moito tempo, chuchando o líquido coma se foran vampiros.

Saín a correr polas veighas, aproveitando que mercara un chándal novo con refletantes por se me atopo con Lixeiro, o ghanhador das carrilanas dende sempre. Dádelhe a ese home un trator e saberedes o que é o medo. Estivo a piques de que o contrataran  na F1, pero a súa afisión a retificar pesas do motor foi mal entendida e non prosperou nos pádos. Pero corre polos caminhos co seu trator que non hai quen o pare.

Pasei por diante do sentro de salú e nesa entraba o meu siquiatra, que me parou e me dixo que como me ía. Eu contesteilhe e comensoume a ghritar coma se o tolo fora el. Que hai que ponherse as pilas, que non pode ser, que arrastras ós demais, que non pode ser, que atitude positiva, que non pode ser, que tinha que buscar algho que faser para cambiar a minha vida, que non pode ser...(tenho que faser algho co siquiatra, estame a amolar sempre e non pode ser. Prósimo oxetivo) Se estás a leelo, xa sabes.

Logho dise mal encontro, fun á taberna a mercar o meu líquido elemento. Tinhan novo proveedor e eu con iso son espesial e xa o saben. Entón tiven que faser a proba. Menos mal que xa tomara o leite e non subiría tanto. O licor café é o meu amigho, pero de cando en ves é traisioneiro. Pola manhansinha  sobre todo. Ten unha cousa que non o entendo, que empesas a bebelo e parese coma se os olhos incharan, pero soio un pouco. Despois, ves todo coma se estiveras un metro por riba do teu lughar de sempre, coma se creseras e o teu serebro é coma se estivera nun bote cheo de aseite, flota e móvese cunha tranquilidade que fai que o mundo sexa mais bonito. A xente é mais ghuapa e as frores mais fraghantes.

Voltei á casa e fun ducharme. Quitei o chándal, as sapatilhas e abrín a augha. Mentras me molhaba, pensei quén fora o tal de inventar a ducha. Ese home merese reconhesemento e terían que darlho sen falta. Coma pasa en case todo o que se inventa, descobre ou cousa nova que se fai, o tipo ten que ser ghalegho. E non porque o digha eu, non. Hai motivos mais que sufisientes para pensar así. Todos os conhesemos e non vou cansar a ninghén cunha lista interminable deses exemplos. Xa os sabemos.

Botei o champú ós ovos que me recomendara Lita a perruqueira e cando o tiven aclarado fun polo suavisante de ortighas, mel e corasón de fror do paraiso.

E pasou: ó pasar o sepilho polo meu cabelo ,sen previo aviso, fomouse unha bola de pelo que eu nunca vira cousa así. Eu son de pelo fininho, pero coma o que aconteseu hoxe nunca. Estiven a loitar contra o nó de pelo ata que non quedou outra que cortar. Eu, a castradora co pelo castrado. O que é a vida, nunca sabes o que che vai sair. Vinghador foi o meu aliado unha ves mais, hai que ver a dulsura coa que cortou os meus cabelos dourados. Sentín de gholpe o aghradesemento dos sentos de castrados hasia o meu coitelo. Podía imaxinalo,fasendo a súa labor coma se fora o delicado penetrar dun rudo coitelo na suave manteigha. Para chorar de emosión.


Apertas.


3 comentarios:

  1. A ver si aghora con os cabelos cortos vaite a pasar coma a Sansón. Qué vexóte laxia é pensativa. Non, é iso, non.

    ResponderEliminar
  2. Femia, ten razón Non sen minha Femia. E o siquiatra pode que tamén.

    ResponderEliminar
  3. Non sen minha Femia: Non sei o que vai pasar, aghora vivo sen vivir en min. O tempo dirame si fixen ben ou non. Se non melhoro, vou de cabesa polo licor café da túa soghra.

    Ghlub: coma colha o siquiatra non sei o que lhe vou faser. O melhor saio con el e logho terá que suseder o inevitable.

    ResponderEliminar