sábado, 10 de septiembre de 2011

EU NON QUERÍA.



Por Femia Castradora


Foron as sircustansias. Eu non son así. Esa vos interior que me persighe ata que o fagho. Non sei coma fasela calar e as veses vólveme tola.

Non debiches mercar as frores á chinesa a primeira noite que saímos. Tiven que pasar toda a noite coa merda de fror na man. Eu, que  bebo os chupinhos de dous en dous. Foi mal comenso. Quén che mandou? Estabas parvo ou que?

E que querías faser, impresionarme coa túa viaxe? Pensaches que indo tan lonxe ía fasilitar a dixestion dos bocadilhos de calamares que mercaches na ghasolinheira? Así os botei ós vinte quilómetros. Eu son moito de marearme no coche se non conduso. E tí eres moito de dar bandasos. 

Melhor che iría se non foras mercar os pendientes no chiringhito que hai diante do campo de fúbol. Nunca tiven as ourelhas tan  ghrandes, nen que lhes botara o rolhal e logho as fritira. Xusto uns días despois de cortar o pelo.

Foiche moi ghrasioso o de mexar na leira das patacas. A min non me fixo ghrasia. Xa estabas a colher confiansas e non hai nada pior que un noivo confiansudo. Douche unha man e colhes o braso.

O que foi a ghota que colmou a cunca foi que beberas o licor cafhé que me fai Ramona, ghran aghuardenteira e melhor  licorcafeteira. E para mais, o rebaixaches na tasa de café. É un pecado e vas resibir a túa penitensia.

Tampouco me ghusta que chores por nada, nin que fora matarche. Venha, vai...que non vai ser nada, é coma un pirsin, cando che das conta xa está feito. Poslhe un pouco xeo e a correr, coma novo.

Non creas, que me doe mais a min que a ti. Que vai ser da minha desendensia? polo menos quería ter á minha ansiada Feminha, feita á minha imaxe e semelhansa. Esa rapasa que vai namorar ás vítimas e logho vainas castrar sen piedade. E o meu filho? ese castrexo orghulhoso das súas raíses e tamén sabedor de estar a salvo das castradoras (o corporativismo esiste tamén na nosa profesión, son privilexos que tenhen os nosos homes)

Tes sorte de que son unha profesional, os teus berros disindo que  estou tola non che van favoreser na nosa posterior relasión, vou pasar de ti, non hai volta que dar. Xa estou farta, todos disides o mesmo, non valorades a parte artística do asunto. Menos mal que sei separar  esas cousas que desides nos momentos de nerviosismo da minha vida equilibrada.

Penso que son moi esixente, non sei se toparei noivo formal alghún día. Mentras, estou a probar se hai alghún que me convensa e de paso pratico.

Apertas.






5 comentarios:

  1. Femia, Femia...por sorte non teño o gusto de conocerte persoalmente.
    Se dúbida, meu anxel da garda non me deixa e sigue coidando a miña integridade.
    Nalgún momento penséi en presentarme, invitarche a pasear el levarte a pasear no meu 124 tuneado con pegatinas, ainda teño unas sen estrenar pra cando se estraguen as vellas, da dicoteca ´´Dafnis e mais Cloe´´.
    pasóu tamen pola miña cabeza mercar una flores.
    -´´Anxo da garda,
    doce compañía,
    non me desasmpares
    nin de noite
    nin de día´´
    Amén.

    ResponderEliminar
  2. Ai malandrín, estasme a faser as beiras! Coma me conheses, sabes ben que eu cun sento vintecatro vou onde sexa. Ten o maleteiro tal para levar caixas de licor café. E estaría ben ir á sala de festas (lástima da Dafnis e Cloe, xa non as hai tan senhoriais) escoitando ós Tamara a todo meter, botando desibelios pola ventanilha.

    Non lhe faghas caso ó teu anxo, é un reprimido e non sabe o que é bó. Desídete. Lovisindier, non digho mais, ti verás.

    ResponderEliminar
  3. Muy bueno, mi femia, eres un ejemplo para todas nosotras ya me gustaria tener tu cuchillo vengador, un besoooote

    ResponderEliminar
  4. "nen que lhes botara o rolhal e logho as fritira" esto no he conseguido entenderlo de ninguna de las maneras. No logro traducirlo y no lo saco por el contexto. Parva. Soy parva.
    De todas maneras, yo no tengo agujeros en las orejas. Lo de beberse tu licor café es que no tenía perdón del cielo; y yo tampoco sé si encontraré novio formal algún día.
    ¡Eu también quiero ser una castradora profesional!. Oye, lo mismo salía del INEM.

    ResponderEliminar
  5. Dora Castro, a verdade e que coa tua tenrura calquera cairía no teu engano.

    Santa Compaña, sigue os consellos do teu anxo, seica nunca falla, e ista muller con ou sen coitelo, mete medo.
    Lovisindier, pero o vingador non para.

    ResponderEliminar