sábado, 1 de octubre de 2011

AMORES DO OUTRO MUNDO



Por Femia Castradora


Ás veses penso que non vou atopar ninghén con quen rematar os meus días, un home que me espere na casa, coas sapatilhas na man para que os meus delicados pes non sufran, coa sea feita con moito amor e coa copa de licor café para que eu me despexe antes e olvide os problemas do trabalho. Un hominho da súa casa, coma ten que ser.

Non sei se é moito pedir, pero por pedir que non sexa.

Mentras o busco, tiven unha idea que pode ser unha alternativa ós meus desvelos. Hai ou non hai vida estraterrestre? Ten que haber. Isto non o dixen nunca, pero ás veses de noite vexo luses e se miro ó seo moito tempo empésame a dar voltas todo , coma se me hinotisara alghén desconhesido. Sinto a súa enerxía entrando no meu corpo. Ás veses ata caio ó chan. Cando me pasa iso, entro na casa e bótome a durmir, pero antes recolho a botelha de licor café, e se queda algho, volvo a metela na neveira, que o licor café fresquinho entra que non vexas. Non hai que cometer o erro de botarlhe xeo, desvirtúa o resultado. A ninghén lhe ghusta beber aghuado.

A raís diso, tomei a determinasión de que ía ter un noivo estraterreste. Ía namoralo botando man das minhas dotes de sedusión. Pero, coma seduses a un estraterrestre? Aí non vale lensería fina nen as ostras. Hai que faselo mais tenolóxico, suponho.

Tínhao todo pensado. Tardei polo menos dous días en ponher a esena do namoramento en orde.

Para iso, tinha que chamar a atensión do eté.  Que o universo é moi ghrande e ó milhor non me vían. Puxen no telhado caixas de pringhlels, que coma todo o mundo sabe, atraen as ondas eletromanéticas que tanto ghustan ós  hominhos verdes. E  logho enchín a leira de pilas usadas que me deixou o encarghado da resiclaxe do conselho. Soio mas deixou unha semana, tínha que ir con presa para levar a cabo o meu plan.

Decorei a casa coas sintas da árbore de navidá e coas bolas febredosábadonoite que tenho no ghalpón para cando fagho os ghuateghes de confraternisasión animal, nos que moito ghosan tanto os homenaxedos coma os vesinhos que venhen a ver se lighan, que a minha cabanha ghandeira é a mais ghuapa da comarca e eso sábese ben, que ás veses tenho que desir ós mosos que non hai mais sitio e que para a prósima ves venhan antes, senón quedan fora.

Fixen unha empanada de cables de TDT, que é o mais moderno que atopei, a ver se lhe ghustaba. Para beber, puxen vinho de Barrantes con toques de purpurina prateada. Eso copieino dun champán que vin na tele. Tinha trosinhos de ouro dentro. Pero coma as cousas están coma están coa purpurina vai que chuta. 

E logho, vestínme para a ocasión. Fixen un modelo de inspirasión sideral: enrolhei o meu corpo co albal das merendas. Paresía unha astronauta sesi. Fíxenme tamén unha carapucha para darlhe mais misterio ó conxunto, este ano lévase a sofisticasión e os brilhos.

Aghora soio falta que o meu prósimo amado aparque a súa nave espasial para que eu lhe poida sedusir.

Apertas.


1 comentario:

  1. esa femia!!
    yo tengo un medio rollo con uno que creo que es tu extraterrestre, un pico enorme!!

    ResponderEliminar