sábado, 5 de noviembre de 2011

NASER E EMPURRAR.





Por Femia Castradora


Logho de escrebir o da semana pasada, colhín unha botelha e chupinho a chupinho divaghei sobre o sentido da vida, que fasemos eiquí, porque nasín nun recuncho de Ghalisia, quen elixiu ós meus pais.

Tode é unha coinsidensia, logho xuntámonos todos e xa non importa de onde vimos. Somos parte da sosiedá e soio pensamos niso cando voltamos á casa logho dunha noite Vinhalar, que son as noites nas que cando te botas a durmila non podes, porque se move todo e sorprendentemente, o teu serebro non ten sono, ainda que o teu corpo esté escaralhado. 

Naser. Que é o primeiro que escoitamos antes de sair? Unha vos que ghrita á túa nai: ¡empurra! Debe ser por iso que eu non aghuanto que me empurre ninghén, pódome ponher aghresiva, colher a Vinghador e ponhérseme nos olhos unha néboa que non me deixa dilusidar que é bó e que é malo. Penso que coma na barrigha da túa nai non hai nada melhor. Non nesesitas mais nada: tes comida, estás quentinha, non hai que ir ó colexio, nen logho á universidá, nen tes que sofrir de amores, nen faser unha hipoteca para ter unha casa, ter comida e estar quentinha.

Empurrar. Para unha nai é unha liberasión. Seghuro que non queren faselo, por iso de que é o teu filho. Pero cando se ven alí botadas no paritorio coas pernas arriba e cunha dor que non sabes ben que vai ser de ti, logho dunhas contrasións salvaxes daste conta. Hai que empurrar. A tomar polo saco. A este rapás sácoo eu coma sexa. Logho din do intre da nasemento, que si é presioso.  Non. É inolvidable. De feito, hai poucas mulheres que queiran ter outro neno ata que non se olvidan diso.

Logho, pasas a vida empurrando de algho: Feminha, xa estás na seghunda avaliasión e tes que dar un pequeno empurrón, vas ver coma na terseira soio che quedan catro ou sinco, dí a tua avoa sorrinte e satisfeita do conselho que che acaba de dar, mentras o mestre que está diante pon unha cara coma disindo "aghora o entendo todo".

Cando xa eres máis ghrande, vas a estudar a Santiagho e teu tio reghálache o oitosentos sincuenta logho de sacar o carné de condusir. Quedas abraiada co xesto xeneroso do teu tío. Ós dous meses, daste conta que é o coche có consumo mais baixo do mercado. De sen quilómetros andados, oitenta deles empurras.

E se tes un  noivo coitado tes que estar a empurrar del. Antón, ese ghicho tocoume o cú. Vailhe dar unha panadeira. Vamos, home, non sexas ghalinha, non ves que tes a vantaxe de que  lhe quedas polo ombligho e pódeslhe dar na boca do estómagho, onde mais lhe doe? Venha, reasiona, que non se digha!

Aghora sí, tampouco me ghusta que me empurren. Non me ghustan as aghlomersións, porque sempre levas detrás unha mulher que che pon o seu punho nos riles e empesa a empurrar coma se fora unha máquina do tren.

Resumindo: vimos ó mundo a empurrar e ser empurrados. A loita continúa.

Apertas.

6 comentarios:

  1. "Penso que coma na barrigha da túa nai non hai nada melhor" Eu penso lo mesmo.

    Lo del 850 es exacto. Mi padre tenía uno (amarilllo), y cientos y cientos de veces teníamos que bajar a empujarlo para que arrancase. No conozco a nadie que haya tenido un 850 que no haya tenido que empujarlo.

    Y dentro de los empujes está el famoso arrime de cebolleta en los transportes públicos y en colas, o en las aglomeraciones cuando estás viendo un desfile (de moros y cristianos, ojo), una procesión o una cabalgata. A ése tipo de empuje habría que sancionarlo con una hermosa castración.

    ResponderEliminar
  2. Que razón tes miña raíña, pero ás veces tamén necesitamos un empurron para saír cara adiante.É diso saben as nais, é seino eu coma nai que teño ainda que levantar a empurrons a meu lacazán

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Ghata: se é nun desfile de mouros e cristiáns, telo moi doado: colhes unha cacho espada das que levan os mouros e cortas polo san, xa verás coma cando se saiba nunca mais che van arrimar nada.

    Non sen minha Femia: Ai, coma sodes as nais! Pobre rapás, déixao durmir tranquilo. Din os espertos que crésese ó durmir. Ti verás, pero podes estar a escaralhar o futuro do teu filho na NBA.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Los míos fueron por cesárea. De todas formas entiendo perfectamente el mensaje de Femia y estoy totalmente de acuerdo con ella

    ResponderEliminar
  5. Escribo este comentario para hacer una confesión: he entrado varias veces estando esta entrada ya colgada. En serio, he entrado porque seguía comentando por ahí abajo y porque entro yo mucho aquí ¿qué pasa? ché, siempre teniendo que dar explicaciones. El porqué era lo de menos. El caso es que he entrado MUCHAS veces. Pues bien, esta de ahora ha sido la primera que me he dado cuenta que la foto era de un feto. Yo he visto una rosa de color rosa todas las veces.
    ¿Cegata? ¿Simple?.
    Ahí andamos.

    ResponderEliminar
  6. Pero que aghuda eres Femia, que intelixencia natural tes. Eso me confirma que non eres Glub disfrazado de muller.

    ResponderEliminar