sábado, 12 de noviembre de 2011

O DISPUTADO VOTO DA DONA FEMIA



Por Femia Castradora.


Tenho dúbidas. Dubido a quen votar. Sempre dubidei. Somos moitos os que dubidamos. Dubidar é bó?

Cando hai dúbidas o melhor é faser unha reflesión, ver  qué tenhen de bó e de malo  os candidatos e faser un balanse.

Un dia destes botaron un debate na tele. Foi coma o partido do L'Hospitalet-Barsa da Copa do Soghro do Urdangharín. Abúrreste porque aínda que sempre pode pasar algho, xa levan coas enquisas non sei canto tempo e xa  se sabe quen vai ghanhar. Non hai  insertidume ninghunha. Ou si, non sei.  

Analisemos os candidatos, que xa apuntaban maneiras de nenos:

Mariano: O melhor exemplo de constansia. O home está aí sempre. A pesares de que xa quixeron botalo moitas veses resiste, porque dende pequeno sempre quixo ser presidente. Non quería ser fubolista, coma tódolos nenos, non. Él seghuro que xa estaba a aburrir ós seus companheiros dende os onse anos querendo xoghar nos recreos a faser debates coma no conghreso. O seu melhor amigho era o que fasía de Presidente do Conghreso e sempre lhe daba mais tempo que ós incautos que non sabían de qué iba o tema. Na seghunda avaliasión modificou o xogho e, debido á falta de amighinhos, pedía unha caixa de froitas no comedor e daba discursos no patio do recreo, ante a desbandada dos seus companheiros.

Aghora xa está mais cresidinho e aínda que  din por aí que vai ghanhar, está a velas vir, que nunca se sabe.

Alfredo:  este é  o que vai  comer o  marrón ghlasé, pero xa o ten asumido e non lhe importa. É mais, non se lhe mira con depresión, nen abandona o xogho. Sempre o levou con dinidá: "Venha , vale. Xogho, pero que saibades que eu prefiro faser outra cousa. Abúrrome e non hai sorpresa, xa sei coma bai rematar isto". Os nenos, que son crueis, disíanlhe entre risas: "quedas"

Os amighinhos miran para el coma con mághoa, pensando en que non van voltar a invitalo ó seu cumpreanos porque todos saben que caiu en desghrasia. Alfredo mira para eles e dí para si mesmo: traidores, non penso ir ó voso cumpreanos, quedáchevos sen reghalo.

Ghorquera: o noso candidato nasionalista. No colexio caía ben ós seus companheiros e mestres (estudaba nun colexio público, hai que esplicalo. Se fora aluno do SEK outro ghalo lhe cantaría) Sempre se presentaba a deleghado do curso, pero aínda que unha ves o foi, os companheiros non quixeron voltar a elexilo. Por que? a saber, ó melhor pensaban: "Ghorquera é ghuai, pero bueno, ó melhor Mariano consighe que os venres  nos ponhan  nécoras  no xantar, ou que quiten as matemáticas" Inxenuidade infantil.

Rosa: Era unha chulita xa de pequena. Era das que sempre ponhían ó mestre en apuros, para que os rapases viran que con ela non se xoghaba, cuidadinho. Vai perder, no sentido mais peiorativo da palabra.

Caio: Estaba sempre no despacho do xefe de estudos, por unha cousa ou por outra. A preghunta que mais lhe fasían os companheiros aproveitados era: "Caio, cando fasemos folgha? a min vínhame ben o venres, que o de sosiais puxo esame". Utilisábano para esas cousas, pero a él íbalhe a marcha e non lhe importaba.

Espero habervos axudado ós indesisos. Tamén podedes votar en branco, ou meter no sobre unha peghatina da ligha de fúbol da tempada pasada.

Eu vou de presidenta nunha mesa, penso faser unha festa que aínda vou sair no Diario de Pontevedra.

Apertas.

7 comentarios:

  1. "Os nenos, que son crueis disíanlhe entre risas: "quedas"
    Je,je, je: poderíase explicar mellor, pero habería que ser un xenio.

    ResponderEliminar
  2. Ghrasias, Manuel.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Moito interesante.
    Eu, tras tuas palabras, votaría al BNG si fose indesisa. Pero no lo soy e per desgacia, tampoco soy gallega en el sentido más honroso da palabra.
    Pero todo se andará.
    A ver si te vemos na tele Femia, el 20N: "Presidenta de una mesa obliga a todos los ciudadanos que se acercaban a votar, a beber un xupito de café licor y reflexionar 5 minutos más antes de echar el voto". Bo, eu lo vería después en el Titube porque no tengo tele.
    Qué nervios Femia, es ya la semana que viene ¿qué te vas a poner?
    Biquiño.

    ResponderEliminar
  4. Qué dis de un chupinho? Diso nada. Que vaian votar e que traian víveres para pasar o día ( empanadas, polbo... e unha botelha a ghusto de cada un, que si non eso vaise faser eterno) O reconto o faremos o luns logho de durmila e se non doe moito a cabesa. Xa poden esperar sentados.

    O que tenho craro é que vou levar unha perruca de cor laranxa tipo charlestón, para quen vaia votar me reconhesa e podamos botar unhas palabras. Vou faser alí mesmo un traxe coas papeletas, para estar a xogho co día.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  5. ¡Empanada de berberechos!
    Ay vale, vale: todo el país esperando el resultado final porque faltará el recuento de los votos de vuestra mesa. Ahí vosotros en plan reducto galo con la pócima mágica y todas las televisiones como los romanos esperando histéricas.
    La peluca naranja tipo charleston = Puntazo, nena.
    (Lo del día 20 lo esperamos como un condenado a muerte el día de su ejecución, solo que encima para nosotros, la cosa no acabará ahí. Irá a peor)

    ResponderEliminar
  6. pues yo no se a quien voy a votar, creo que a nadie ;)

    ResponderEliminar
  7. Pois si, Ghata. Se queren que contemos os votos, van ter que compensar cunha boa mariscada, senón nin abrimos as furnas.

    Lara, pola manhá estás dispensada, por eso do botelhón e os seus efetos. Pero pola tarde hai que ir.
    Aínda que non che servíron de nada os meus conselhos, tes a osión da peghatina, que sempre queda ben.

    Bicos

    ResponderEliminar