sábado, 17 de diciembre de 2011

FESTA DAS CASTRADORAS



Por Femia Castradora.


Coma tódolos anos, as castradoras fasemos unha sea de empresa,dighámolo asi. Onte quedamos en Vilalba e antes fixemos unha turné cultural, que non todo vai ser comer e beber.

Quedei abraiada, nunca ante vira tanto castrado ó meu arredor! Sentos de capóns por eiquí e por acolá! Que prumaxe, que porte senhorial! Veíanselhe contentos do seu estado.

Enton,veume a venada melancólica e pensei en todos os castrados, púxenme na súa pel e sentín o aghradesemento de toda esa xente: dende os castrati, que logho de cheghar ó seu novo estado foron os homes
mais admirados da época, con miles de seghidoras e seghidores,  todos os rapases querían ser coma eles (coma cambiou o conto)

Acordeime tamén dos Bilhis, eses homes que chegharon á minha casa coa esperansa de triunfar ghrasias ás minhas artes e dos que xa os falei nunha ocasión. E tamén tiven un recordo para os sentos de capados
anónimos, xente que me axudou no meu ofisio e que ghrasias a eles son quen sou.

Unha bághoa percorreu a minha fasiana e foi dar, coma unha fervensa chea de sentimento ó bebedoiro dos  capóns. Así pechábase o sírculo castrado- castradora e devolvía todo o que me deu esa xente.  Fíxenlhe
unha foto ó cacharro para que a vírades vos tamén, é a de arriba.

Logho da ghranxa, fomos ó restaurán onde íamos sear. Comimos e bebemos ata case esplotar. Na sobremesa, unha de nós resitou unha oda ó castrado,que nos puxo os pelos de punta. Eu xa os tinha de antes,
porque non entro en calor se non me dan licor café, que non vexades o frío que fasía naquel sitio.

Tamén temos coma tradisión reghalar unha bandexinha de alpaca, que os tempos non están para tirar ós cartos, á castradora máis prolífica.
Este ano levouna Carmela a "corte limpo", eu penso que imeresidamente, xa que ela vive ó lado dun campo de fúbol de terseira rexional e alí calquera non se pon a castrar coma unha tola.

Ó final, houbo sorpresa. É que as orghanisadoras deste ano, son unhas máquinas e trouxéronnos un boi, dos que bailan en sirolas, non dos outros. Cando cheghou, fíxonos un chiste e dixo: "Polisía, quedan todas detidas, xa saben porqué". Non vexas coma empesamos a fuxir todas pola porta, pola fiestra, cara ós banhos, foi unha estampida. O boi quedou apirolado e tivo que correr detrás nosa para poder faser o seu trabalho. Unha ves que se aclarou o tema, quedamos mais tranquilas e o boi puxo música e comesou a bailar.

Menudo boi, grande coma un armario e con máis músculos dos que eu vira na minha vida! E coma rímos todas cando sacou os pantalóns de polisía arrincándoos coma se fora un truco de maxia! Qué boa idea tivo o rapás, debería ser oblighatorio para tódolos homes levalo co velcro nos laterais, iso nos aforraría ás castradoras un tempo e un esforso moi ghrande, que non vexades coma se ponhen alghúns a patalear cando lhe sacas os pantalóns
.

Fíxenme amigha do boi e saímos xuntos do restaurán. Eu estaba toda contenta, porque nunca castrei a un boi e ía ter a ocasión de faselo nese momento. Foi unha noite que non esqueserei nunca. As castradoras de Vilalba puxeron o listón moi alto, a ver qué fan as de Santiagho o ano prósimo.

Apertas.

5 comentarios:

  1. esa femia!!! yo quiero ir a cenar con vosotras XD

    ResponderEliminar
  2. A min dame un pouco de medo o da festa esa, Femia. Mellor dito: dame moito medo !! ; )

    ResponderEliminar
  3. Femia, ¡¡¡a mí me gustaría iiiiiir!!!
    Y nos llevamos a Manuel de boi... (Pero al final le indultamos.)

    ResponderEliminar
  4. Femia, que perigo tés, e dame pánico pensar que a tua lideira co coitelo sexa contaxiosa e fagades un colectivo numeroso.
    Porqe nos facedes bolillos ou encaixe de camariñas, co bonito que é.

    ResponderEliminar
  5. Nada, as mulheres pódense apuntar as que queiran. Os homes solo de bois, a cousa é así.
    Manuel, non hai pelighro, ti podes ir pero tes que fuxir antes dos chupinhos, senón non respondemos.
    Santano, se ti souberas...tenho unha colcha feita de encaixe de bolinhas, unha espesialidà das castradoras. Non vexas coma luse e o orixinal que queda.
    Bicos para todos.

    ResponderEliminar