sábado, 14 de enero de 2012

HOXE TOCA PELICULA.



Por Femia Castradora

Tenho novo moso. Leva ghafas de pasta e unha perilha, di que o fai mais interesante. Eu déixome levar, xa que o home interésame para non perder a manha con Vinghador.

Trouxo á casa unha película para ver xuntos. Tamén trouxo unha botelha de vinho, pareseume pouca cousa, xa que a película dixo que ía durar. Tiven que botar man do meu licor café. A película era unha esaltasión do valores familiares, de coma un home pon todo da súa parte para que a familia proghese e iso que a familia era moi ghrande e podíase enghadir xente que non tinha lasos de sanghe. O que demostra o ghran corasón de Don Vito. Era tan bó que a xente lhe chamaba padrinho. 

Este home vivía na pobresa e foise a emighrar a América. Alí comensou a trabalhar e proghresar. Trabalhaba arreo e aínda tinha tempo para faser recados para a xente do barrio e así foi pouco a pouco convertíndose nun home importante.

Aghora os padrinhos están indo a menos. Se che dan a rosca na Pascua, ghrasias. Contábame a avoa que cando era nena minha nai, os rapases ían ó adro da ighlesia cando había bautiso porque os padrinhos o acabar o asunto, botaban moedas á xente que ía cheirar a ver que pasaba alí. Era un pouco pelighroso porque podías acabar cun olho morado, dependendo da forsa do padrinho.

Váiseme o santo ó sielo! pois iso, que Don Vito preocupábase de protexer a moita xente e mesmo a comersiantes ou xente que tinha restaurantes ou calquer tipo de neghosio. Así era el.

Axudou a un cantante, nos tempos nos que non había Operasión Triunfo para que o contratara un produtor. O produtor non tinha boas referensias do cantante e non lhe aghradaba axudalo. Entón o padrinho, para que o home non fora tan retisente, reghaloulhe unha cabesa dun cabalo, e para que lhe fixera mais ilusión meteulha de sorpresa na cama. O produtor levou unha aleghría e botou a berrar que se lhe escoitaba dende fora da casa. Pero o detalhe de Don Vito convenseuno e o final contratou ó cantante.

Pero tamén tinha enemighos, xente con envexa que non pode ver coma lhe vai ben a outros. E quixérono matar cando ía co seu filho a mercar á froitería, porque el era un home que levaba unha vida sinxela a pesares de que tinha moitos cartos e ghustábalhe elexir el mesmo as laranxas ou masáns ou o que fose. E o feriron, ó pobre. Lévano ó hospital e alí o seu filho, que era espabilado dase de conta que alí non hai ninghén, nen médicos, nen ateeses, nen camilheiros, nen nadie. Entón, loghra atopar a unha enfermeira que seghuramente ía cobrar o finiquito do peche do hospital, e cambian a Don Vito de alí. Con tan boa sorte que nese momento entran uns tolos que levaban pistolas e matan a outro que quedou no sitio do padrinho. O que é a sorte, nunca sabes onde vas tela.

Logho diso, asasinhan a xente conhesida do Padrinho. Pero a el non lhe pasa nada, aínda ghrasias. Coma esa xente morreu, e xa vos contei que Don Vito tinha un corasón tan ghrande que non lhe cabía no peito, faise cargho de todos os neghosios dos conhesidos, para non deixar ós familiares dos mortos sen trabalho.

Quere deixar o neghosio ó seu filho, pero a nora, que é unha remilghos, non quere. Ela casou co filho de Don VIto porque naquel tempo paresía un home boínho, sen desisión, a boa fe. E claro, a mulher víu que o rapás desenvolvíase na súa familia coma pes na augha. Pero ela quería que puxera outro neghosio para non ter que repartir cos irmans, que era moi peseteira e non tinha o aquel da familia unida.

O padrinho morre e ó final, o filho deside quedar de padrinho, aínda que lhe custe o matrimonio. É todo un exemplo de coma alghén sacrifica algho polo ben común.Tinha que haber mais xente coma esta.

Apertas.

3 comentarios:

  1. E o que che faltaba, minha femia salerosa, un noivo novo e ver o padriño. Xa te vexo coitelo na man dicendo aquilo, vou facerte unha oferta que non poderás rexeitar.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Ay rapaza, ti si que falas como una afillada agradecida e chea de cariño polo seu padriño.
    En lugar de mirar películas que te fagan rexeitar o vingador, veña e dalle.

    ResponderEliminar
  3. Y yo que todavía no he podido verla entera...
    Y Femia, a este, ¿también le vas a "bautizar" como tú sabes?

    ResponderEliminar