sábado, 25 de febrero de 2012

O CASO URDANGARIN. CONTO.

Por Femia Castradora

Había unha ves un rapás que xoghaba ó balonmán.  Sempre pensei que un mosetón coma ese tinha que ser xoghador de  balonmán, balonsesto, ou reponhedor do Ikea, que alí tenhen unhas baldas máis altas que a minha casa.

Ese rapás chamábase Inhaki. Un día o levaron ós xoghos olímpicos e alí, entre o púbrico, había unha infanta loira, que lhe molou moito. Qué é unha infanta?  Pois  é unha filha dun rei. Para qué serve unha infanta? Varía. Se é pequena, vai montar a cabalo e pasar as vacasións en Baqueira ou Palma; cando xa é velha pasa por riba dos sidadáns mandando calar á xente e fasendo declarasións  bordes. O Hola dí que é unha persoa con moito carater, qué riquinha!

Os mosos casaron e invitaron á boda a moita xente, todo moi bonito. A xente que quixo, poido ver a voda pola tele e moita xente aproveitou e foina ver á perruquería. Voda e peiteado e manicura, pac nusial.

Tiveron moitos filhos, se ve que Inhaki botaba de menos o equipo de balonmán. Aínda que sexas infanta, eso de ser moitos ten as súas vantaxes, porque, por exemplo, se van a ir no Ave, co carné de familia numerosa fánlhe desconto, que parese que non, pero sempre ven ben unha axuda na economía familiar.

Coma eran tantos,  tiveron que mercar un palasete. A xente comensou a falar, que si un palasete, que se estaba na melhor sona de Barselona... Qué pensaban? Que un palasete ía estar no Bao? Craro, coma hai moita envexa e comentarios inconghruentes, tiveron que fuxir ós EE.UU.

Estando na diáspora, aínda seghían malmetendo contra él. Que se tinha neghosios, que se estaba a encher o peto con dinheiro púbrico, que se  paraísos fiscais, unha chea de cousas que estaban desindo por ahí. Unha inxustisa, coma ía faser iso?  A xente empesa a falar e chegha ós ouvidos dun xuis, e  ahí é onde se descobre toda a trama.

Os amighos. Os sosios. Xente que se quere aproveitar do pobre Inhaki. Así é a vida. Crees que a xente vai polo que vales e non. Haiche moito interés.  Moita neghrura de mente. Un rapás sen maldá, vendido pola xente do seu arredor. Faserlhe iso a el, que soio quería faser unha fundasión sen ánimo de lucro!

E a familia politica, creedes que dixo algho? Non, o desghrasiado víuse solo no problema, sen o respaldo dos pais da mulher. É o destino dos xenros, ser despresiados polos soghros. De toda a vida  pasou iso.

O conto aínda non rematou, aghora ven o melhor de todo. Non volo perdades.

Apertas.


2 comentarios:

  1. Quién iba a pensar que un marido de infanta llegase por momentos a envidiar a un mondo y lirondo reponedor de IKEA.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, eso habería que velo. Esa xente cando comeu con culher de prata xa non hai quen lhe fagha comer con unha de prástico.

    Seghún din por ahí sonche campechanos, pero non cheghan a tanto.

    Un bico, Ghata.

    ResponderEliminar