sábado, 31 de marzo de 2012

EU QUE SEI.


Por Femia Castradora

Vivimos tempos de cambios, de cousas novas . Ás veses, é difisil ir pola vida coa cantidade de novidades que hai. Por exemplo, saen verbas novas, e moitas veses non sabes por onde vai a cousa. Vou tentar solusionar o tema, espricando alghunhas desas novas verbas. Non é caso de ir polo mundo sen saber do que falas, coma se foras unha mosa cunha camisola nova que ponha  "estou cachonda, vou por ti", ou "asasinha pelighosa", todo escrito en inghlés, que hai que ter consiensia do que se se leva ensima, que logho sacan fotos e quedas coma a sobrinha rara.

Imos con elo.

Trendin Tropi: É un refresco de sabor tropical. Moi refrescante e sen burbulhas, pódese mesclar con alcól. O resultado é tamén moi bó.

Lou Cos: Nome de un famoso pistoleiro do velho oeste americano, dos que fan lenda. Lou tivo unha infansia desghasiada, o que o levou polo mal caminho cando cheghou á adolesensia. Aghora usan eso sobre todo para falar de cousas baratas, porque  Lou era famoso por roubar bancos e almaséns de roupa, saíalhe todo a moi bó presio.

Busines:  Din que é unha forma de viaxar "Xosé foi en busines". Ti dis: "pero non foi en avión?, pois vaia parvada, para qué foi a Peinador, se logho colhe un bus pequeno. se quere presumir, que colha un busones, que ten que ser mais ghrande."

Tuiter: Paxaros híbridos, dos que sacan nos laboratorios. Tuiter é a rasa. Logho, os paxaros individalmente chámnse tuís. Son asuis, paxarinhos piadores, casinha do meu contento. Eu quero un, vou mercar alpiste.

Ghastag: É a forma que tenhen a xente do norte de Europa de desir cando un espirra, unha amabilidade para que se ponhan bós pronto. Nós , cando alghén espirra, desimos "Xesús", pero Ghastag queda moito mais fino e está mais de moda. Tomade nota.

Hai moitas mais. Se tenho tempo  outro día despéxovos mais dúbidas para poder ir polo mundo sen complexos. Non me dedes as ghrasias, fághoo con moito ghusto.

Apertas.

2 comentarios:

  1. Y te queda "comunidad virtual" que es
    el conjunto de personas que comparten el ciberespacio y sin pagar limpieza de escalera

    Unha aperta y ronda gratis de chupitos de licor café

    ResponderEliminar
  2. Ghalegha, dende aghora mesmo tes o trofeo Castradora de Ouro á fidelidade. A semana pasada non che poiden contestar, sonche unha maleducada.

    Tes rasón, haiche moita xente que por non colher unha vasoira e unha freghona, fan unha comunidade virtual. Moito visio.

    Viva o licor café, os chupitos que o contenhen e a túa soghra, que o fai.

    Bicos.

    ResponderEliminar