sábado, 3 de marzo de 2012

A RECORTAR!

Por Femia Castradora



Hai que:

         Recortar as vinhas, logho da recolhida da uva, porque colhe máis forsa a pranta.
         Recortar as patas das cadeiras, así os rapases pequenos poden subir fasilmente a elas.
         Recortar fotos dunha revista e faser  un coláx.
         Recortar na sanidade, haiche moito enfermo imaxinario.
         Recortar as unhas dos pes para non rabunhar ó companheiro/a de cama.
         Recortar as saias, está de moda e ven o verán.
         Recortar as puntas do pelo, ou diretamente faser un corte novo.
         Recortar na educasión, é algho que xa ten que vir ensinado da casa.
         Recortar as horas de sono, levantarse cedo ir a correr e estar en forma.
         Recortar os soldos, todo o mundo sabe que o importante é ter salú.
         Recortar as unhas das mans, a manicura é moi importante.
         Recortar as espinhas de alghúns peixes coma os ghalos, á xente non lhe ghusta fritilos con elas.
         Recortar o ghasto de papel. Aproveitade os folios pola parte de atrás.
         Recortar en becas. De toda a vida os pais ténhense que sacrificar polos filhos.
         Recortar no ghüiski do cubata. Máis cocacola e menos resaca.
         Recortar mariquitas, pena que xa non se leven entre as rapasas novas.
         Recortar os códighos de barras do nescafé. Pode tocarnos un soldo para toda a vida.
         Recortar en cultura. Nada de faser esposisións onde ponhan cousas raras.
         Recortar no ghasto da lus, as velas fan un ambiente máis cálido.
         Recortar a esquina do tetra bric, senón o leite no sae.
         Recortar os fumes os manifestantes, sempre a pedir.
         Recortar escoitar a todas horas “ai si eu che pego”.
         Recortar a la das ouvelhas. Chámase trasquilar e con eso fanse xerseis.

A que así nótase menos?

Apertas.


2 comentarios:

  1. Xa vexo, xa, que o de recortar, cortar o tes ben asumido.

    Unha aperta, Femia

    ResponderEliminar
  2. Ghalegha, non nos vai quedar outra que asumilo, aínda que non nos ghuste.
    Moitos bicos.

    ResponderEliminar