sábado, 14 de abril de 2012

DAR VOLTAS



Por Femia Castradora


Logho de falar outras veses do fúbol e do siclismo, hoxe penso que é xusto e nesesario falar doutro deporte dos que lhe ghustan ós homes (olhinho, tamén pode ghustarnos a nosoutras, pero normalmente temos cousas melhores que faser). Hoxe tócalhe á Formula Un.

O asunto trata de dar voltas por un sircuito, fasendo ruido coma se foran abelhas furiosas e aburrir ó personal .  Hai xente que comensa a ver unha carreira e termina por ler o periódico ou mesmo un libro. Por ese lado aínda é positivo.

Tenhen un coche que parese un chouriso con rodas, pero rodas moi ghordas, o sonho de calquer dono de coche tuneado, e sacan cousas como aleróns hiper-megha aerodinámicos e móviles, unha maravilha da ténica, ou difusores soplados, que din: cóma inventan, a ver cando saian á venda, eu lhe ponho un alerón desos ó meu renol sinco. Vou ser o dono das pistas (das do monte, que hai alghúns que van coma foghetes , fasendo ralis).

Os pilotos métense no coche case con calsador. Non tenhen palanca de cambios, suponho que será porque non poden mover os brasos dentro. É unha boa cousa para ser finihos na mesa. A nai dun piloto nunca lhe dirá ó seu filho que peghe os brasos ó comer, que parese unha avioneta. A verdade, penso que cambian no volante, sempre están a fosar nel. Non me tranquilisa moito o feito de que para sair do coche tenhan que sacar o volante. Que pasa se se lhe  sae o volante no medio dunha curva? Non o vexo seghuro.

Antes da carreira, fan cús. Cú un, cú dous e rematan ca cutrés. A cú un é para os mais torpes, a ver se fan melhor tempo.

Non pensedes, é todo un mundo novo, ten o seu intrínghulis. Hai que saber un pouco, senón parese que non eres ghuai. Hai pileins, que son por onde entran e saen dos boses (eso é onde lhe ponhen ghasolina e cambian as rodas. Son homes rápidos, espelho onde mirarse o curmán ó que chamas se pinchas. Vinte minutos non lhos quita ninghén e non hai para tanto.)

Tenhen seghuridade, que é o seiticar. Coma no parchís, fan barreira. É un coche normal, dos da rúa, que se pon diante dos outros, que non son quen a pasarlhe diante.

Hai mais cousas, pero xa estou farta de falar desto. Non coma os comentaristas, que son uns poetas: falan de bailar sobre o asfalto, de xestas épicas e sonhar coa ghloria. Imposible ouvilos sen botar unhas bághoas de emosión.

Apertas.

2 comentarios:

  1. Muller, visto de esa maneira, estou por darche a razón. O de cús ten súa gracia.

    A min gústame e moito a formula Un. E hasta te vexo a ti lanzada con o chimpín.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Eu sonche afisionada as carrilanas, que sempre dan mais xogho. O do chimpín é un pouco suisida, que estas cousas se non levas casco pode ser pelighroso.

    Bicos, Ghalegha.

    ResponderEliminar