Rínse de ti, crénse moi listos. Cobardes escondidos no mais
fondo da estrutura. Vouche tirar un paxaro dos que esplotan. Ó melhor fágholhe
un morado na cabesa. Non tenhen corpo. Un porco sen xamón nin é porco, nin é
nada. Se o paxaro ghordo solta unha bomba- ovo quizais o poida aprastar coas
paredes, sempre que sexan das que son mais brandinhas. Hai outras que deben ser
de hormighón armado. Esas non as tira nin a mulher do Paco co trator. Estoume a
cabrear. Mira que tenhen cara de malos, pero eses paxaros non poden cos porcos.
Nin siquera o tucán, que é coma un bumerán. Vou a outro. Xa estou cabreada.
Un clásico. O fontaneiro e mailo seu irmán. Qué fai cunha
prinsesa? Ela failhe caso? É unha prinsesa campechana. O fontaniero todo o día
a trabalhar para que a prinsesa non bote de menos a súa vida no palasio. Corre para alí, salta por acolá. O bighote
está molhado de tanto suar. Non sei se a prinsesa lhe dará un bico aghora, as
prinsesas non suan, soio, as veses, brilhan, non vaias a pensar mal. Mario
cabréase. Non para a colher moedas, e coghumelos, para que logho venha con
finesas. Esto non vai por bó caminho. A prinsesa está coa mosca detrás da
ourelha, mira coma acabaron os Romanov.
Vou de dianteira. Coma non me ghusta moito, vou ver se podo
castrar ó árbitro. Fifa castradora, a
novidade mundial en xoghos. Ten unha resolusión da leite, mismo Vinghador bota
destelhos coma se estivera fora da pantaia. Ó rematar a xoghada, pódese botar
un baile coas companheiras: ai si eu che castro, ai, ai, se eu che castro!
Xa estou estresada.
Vou botar uns bailes, que para iso é fin de semana. Vou arrasar na discoteca. Dóeme a cabesa, vexo
todo coma se houbera néboa. Tenho os olhos inxectados en sanghre. Bótome
vispring. Meto a Vinghador no bolso.
Apertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario