martes, 19 de junio de 2012

Exorcizar a Lores




En 1987 eu cría que Lores era unha besta diabólica. Certo que xa ía eu camiño da vintena, pero era un rapaz impresionable que o único que esperaba desta vida era ver a Os Ramones en directo, como todos os mozos apolíticos. No meu ámbito familiar, axeitadamente fraguista, falábase de Lores e os maiores dicían que viña destruír Pontevedra e acabar con todos nós. Teño unha tía que pensaba que o mellor xeito de rematar con el era rezando moito e salpicándoo con auga bendita, e saía sempre da casa cunha petaca chea dela por se se cruzaba co bicho. O meu avó, que era de solucións expeditivas aseguraba que o máis intelixente era atravesarlle o corazón cunha estaca de madeira; tamén teño un primo, seguidor de Star Wars, que apostaba por decapitalo cunha espada láser. Escoitando todo iso, eu imaxinábame a Lores como unha mestura entre Godzilla, Drácula e Jabba the Hut.

Eu metíame en cama tremendo e só esperaba que cando entrase Lores no cuarto empezase por comer o meu irmán, que era máis graxentiño e apetecible, como un porquiño leitón.

Unhas semanas despois parte dos meus temores esvaecéronse cando souben que Lores era en realidade unha persoa, aínda que moi mala. Oín dicir que era nacionalista. Satanás non é nacionalista, díxenme, comunista pode ser pero nacionalista non, porque Satanás busca o dominio do mundo enteiro e non entende de países.

Sabíase que os nacionalistas existían, pero en Pontevedra ninguén vira un porque eran xente, segundo se dicía, que se reunían en tabernas ás que só ían eles para conspirar e beber cuncas de viño. Eran moi malos, iso estaba claro, pero polo menos tranquilizábame saber que ese Lores non entraría no meu cuarto a paparse o meu irmán, o rebolo graxentiño.


Finalmente, nunha desas conversacións interveu outro tío meu. Era o que se encargaba na familia dos asuntos de política, porque lía o ABC. "Eu non me preocuparía por ese Lores -dixo-. Isto é Pontevedra. Non durará seis meses”.

Iso tranquilizounos, e aínda que Lores durou algo máis, os temores da miña familia foron apagándose, ata o punto de que hai pouco  atopeime coa miña tía, a da auga bendita. Pregunteille se seguía levando a petaca para exorcizar a Lores. “A Lores? Non, eu a Lores vótoo sempre, e pido moito por el. Agora levo a auga bendita por se me cruzo cun banqueiro!”

Publicado en 'Lores 25', revista editada polo Grupo Municipal do BNG de Pontevedra para conmerorar os 25 anos de Miguel Anxo Fernández Lores como Concelleiro. Pontevedra, 2012.



9 comentarios:

  1. Que vai decir o pobre de Bolingas cando vexa que, pra os teus adentros, era un porquiño leitón. E a o mellor sígueo sendo, co riquiño que é.
    E mira que a él os porquiños leitóns nunca foron de bóa lembranza e sufreu moito pra poder miralos de frente.
    Por certo, ¿Lores morde? ¿Será contaxioso saudalo de mán?

    ResponderEliminar
  2. modelo insostenible de ciudad20 de junio de 2012, 8:46

    A mi no me convenza que yo le voto, pero la próxima vengo con mi madre......

    Lores es un grande.

    ResponderEliminar
  3. Eres grandioso, chaval.

    ResponderEliminar
  4. Gracias, amigo Anónimo. Estoy de acuerdo con tu acertado comentario.

    Bicos a todos.

    ResponderEliminar
  5. Chaval, si tú, Cota: eres la repanocha : )

    ResponderEliminar
  6. Gracias, Manuel. Ese tuyo no lo modifico. Todavía no domino del todo el arte de adulterar comentarios adversos.

    ResponderEliminar
  7. Pobre porquiño graxentiño, rodeado de dous porcos adultos ben enchidos.... Había de ir o demo a por eles....

    ResponderEliminar
  8. Todo lo que es Pontevedra a día de hoy se lo debemos a Lores:
    Paro, Turismo raquítico, industralización inexistente, comercio exiliado, Celulosas en la ría, dependencia administraciones públicas, cierre de comercios, pérdida de influencia en comarcas vecinas, odio a las empresas, ¡no! al plan urbanístico, desprecio por el rural, parking inexistente, caos circulatorio, menos centros comerciales de las siete principales ciudades de Galicia, violencia sindical, propaganda partidista, dictadura, farolas, aceras, más farolas y por último, más aceras con farolas amenizadas con doble ración de faroles.

    ResponderEliminar