lunes, 20 de agosto de 2012

UHÚ, UHÚ, NENA, VOU SER UNHA ROCANROLESTAR


Por Femia Castradora

Recapasitando, hai que faser balance do vivido. Fixen moitas cousas, sempre dende o meu posto de servisio á sosiedade. Canto sanghre, pequenas ghotas que pintaban o chan ó prinsipio coma se foran pinghas do colacao no mantel branco, logho convertidas en Amasonas,  desperdisio total. Ghústanme as filhoas de sanghre. Bótolles por riba marmelada de amorodo, para faselas mais suxerentes. As filhoas colhen una cor coma marrón, que as fan menos atrativas á vista.

Sempre tiven moito ritmo, eu bailando son una esperta das sesión vermú e das salas de festas. A xente queda a mirar cara a min. Canta envexa, doulhe a todo e eso vese ben.  Que si un pasodoble, que se salsa, que se un roc, que se ghaus. Non se pode ser tan perfeta.

Pensaredes: “esta mulher xa fixo de todo”. Pois non. Eu quero ser artista. Aínda que sexa para sair no Luar co Ghalhoso. Os micros son a minha perdisión. Xa dende pequeña fasía soirés para a minha familia. Minha ghorxa prodixiosa sabia moi ben sacar a esensia das notas musicais, de cada palabra, o que fasía moi interesantes as atuasións. Xa vin eu de aquelas a maldá da xente, a rabia contida por non ser coma eu. Ó prinsipio a familia ría e botaba palmas seghindo o rimo das cansións coidadosamente escolhidas por min.
Despois duns meses, a familia non respondía. Volvéronse xordos ó meu virtuosismo ghalopante, estaban rabiosos e terminaron por botarme da casa en canto comensaba a quentar a minha vos fasendo ghorghoritos. 

Sentíndome rexeitada pola familia, non me quedaba outra osión que botar man dos que nunca me faiaban: meus amighos os animais. Acondisionei a corte e fixen un esenario cunhas caixas de ghaseosas e púxenlhe riba delas  unha porta.  Fun mercar unha bola desas que tenhen espelhinhos e que quedan tan finas en determinados ambientes festivos.  Nos primeiros porcoconsertos non tinha ventilador, pero o solusionei pronto, dándome conta que se quería ser una verdadeira estrela, tinha que ter os pelos ó vento e a poder ser con ghafas de sol.

Cóma disfrutaba a mina audiensia, animalinhos! Dende o primeiro día paresían querer faserme acompanhamento, os porcos ghunhían, o burro orneaba, os cans ouveaban, paresían poseídos polo espírito da música. Qué riquinhos, mesmo  batían a porta con furia desexando sair e comunirarlhe ó mundo a boa nova do nasemento dunha diva.

Para agradeserlhes a súa entregha incondisional, fixen de tripas corasón e convidábaos ó meu elisir favorito, o licor café. Non vexades  o que alí se montaba. Unha orxía musical, animais saltando polo aire, dansando cunha aleghría que nunca vira algho ighual.

Logho da mina esperiensia, creo comprender á xente que coma eu fixo da música o seu xeito de vida, estaba identificada cunha mescla de Monserrá Cabalhé, Manolito o Pescador, Ana Kiro, Cristina Aghilera e alghúns mais. En realidade eu doulhe a todo, sen miramentos nen falsa modestia, para qué nos vamos a enghanar.

Estou a ghrabar un sedé e poderedes dar fe da minha calidade.

Apertas.

2 comentarios:

  1. Xa vexo que é unha muller moi talentosa. Ando a esperar con impaciencia o cd, sempre pode servir para espantar os corvos do millo.

    Voume a homenaxear con un grolo de licor café a súa saúde e por éxitos vindeiros.

    Unha aperta, ruliña.

    ResponderEliminar
  2. Que boa idea!!! Cantos usos para o meu trabalho! Mais ca un ghrolo mereses unha botelha ben fresquinha.

    Moitos bicos.

    ResponderEliminar