jueves, 7 de febrero de 2013

GHAVIOTO



Por Femia Castradora


 Ghavioto é un home de altos voos.  Dende pequeno quedaba a mirar para o seo aínda que fose verán, o que, co tempo, ocasionoulhe unha lesión ocular da que non poido desfaserse na súa vida.

O home quería ser condutor de avión, voar entre as nubes, planear xunto ó vento. Houbéralhe ghustado ser un paxaro dos que van por aí sen que haia ninghén que os pare.  Non una ghalinha, que esas andan todo o día polo chan e ponhendo ovos. Pensaba que eran a escoria da sosiedade  avícola. Melhor  ía ser un falcón ou un ághila pero moi ghrande, das que van voando e de súpeto ven una ouvelha e lánsanse a por ela coma se non houberan comido na súa vida e pensaran que una pesa coma esa íalhe solucionar a comida dunha semana.

A verdá é que o mais alonxado que estivo da terra foi un día na festa do patrón, cando os da orquestra non poideron impedir que subira ó palco para fastidiarlhes a cansión e faser un estritís. Cando se víu tan arriba, mareouse e case bota os fíghados por riba dos xubilados que estaban na primeira fila mirando para as pernas da cantante. Tivo que ser una esperiensia aterradora para os velhinhos que ían ser rosiados pola mescolansa de vinho e laconada, porque dende aquela ocasión había una distansia prudensial entre o palco e os  velhinhos. A partires de  aquel día, a cantante, pudorosa ela, poido quitar os piterpáns de lá color carne que a súa nai fasíalhe ponher para salvaghuardar a súa honestidade, sen importarlhe que fixera frío ou calor.

Ghavioto vendía birbirechos polas casas do pobo, aínda que o choio soio lhe durou una tempada curta, xusto ata que Concha a do Sobrado mirouno un día de calor hidratando a mercansía que levaba nunha carretilha con líquidos provintes do seu orghanismo. Na súa descarga, dixo que os peaches eran case iguales e os bichos andaban todo o día a filtrar augha, co que non había pelighro.

Un día propuxéronlhe faser puentin, pero case afogha porque o encarghado da corda non elixíu ben a ponte, bastante pequena, nin mirou que o río ía cresido. Non lhe quedaron ghanas de voar cos nocelhos atados.
Mercou unhas ghafas de sol e pensou que o melhor ía ser seghir olhando o seo dende terra.

Apertas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario