lunes, 25 de marzo de 2013

A MIN QUE ME REXISTREN


Por Manuel Pérez Lourido


Veñen de rexistar o domicilio dunha lagarta do FMI. Perdón, que lin mal, o domicilio de Lagarde, presidenta do FMI. Xa non se respeta nada, nin os domicilios dos capitostes. Como debe estar a cousa para que estes perdan a súa impunidade. Perdón, quixen dicir inmunidade, teño o día parvo. Outra vez. Somos a inmensa maioría os que non temos problema ningún en que nos rexistren, é máis, que estaríamos encantados que nos rexistraran os domicilios: a ver se se lles cae algo. Aos outros tamén se lles podería caer a cara de vergoña, pero cá...
Seica esta muller de cabelo prateado e seductor sorriso deulle unha idemnización de moito nabo a un tal Bernard Tapie sendo ela ministra de Economía de Francia e o outro millonario empedernido.
Fixo fortuna dándolle vida a compañías moribundas que compraba por un chavo, por exemplo Adidas. Un dos tres, responda outra vez. Ay, non, que día levo. O caso é que este home tamén foi, actor, cantante, menistro (sí, este home foi máis menistro que ministro) do país e presidente do Olympique de Marsella. A quen se lles imita?, como se di en enxebre. Pois sí, pero o noso Gil y Gil non chegou a menistro, conformouse cunha alcaldía. Coma el, tamén caíu en desgraza, empezou a pasear polos xulgados acusado de fraude fiscal, amaño de partidos, dopaxe organizado (non estamos sós!!) e rematou no cárcere tamén. A vida dos ricos é o que ten: hoxe estás aquí e mañá collido por unha correa (Gürtel en alemán).
Rematando con Tapie: busquen en google imaxes e verán que é un híbrido mallado entre Schwaarzenegger e Chuck Norris (barbeado). Unha cariña de non ter roto nunca un prato, vaia.
A cousa ía de Lagarde, como presidenta do FMI. Vexamos que é o FMI. Para empezar, un invento da ONU: case non podiamos empezar peor. Un invento dun organismo que é mentireiro dende o seu nome. Os obxectivos do FMI son estabilizar os tipos de cambio (non disimulen que saben tan ben coma min o que é iso), facilitar o comercio internacional e, atentos, reducir a pobreza a nivel mundial. Non se especifíca se se trata de reducir a pobreza dos pobres ou a dos ricos. Xa se sabe que os ricos nunca se teñen por suficientemente ricos e que hai quen os xustifica dicindo que niso básease o sistema. Menuda merda de sistema.
Pois ben, este FMI, en troques de darlle un nonseiqué amable a ese sistema, de xeito que non cheire tan mal, convértese nun baluarte das políticas máis antisocias do mesmo. Por exemplo, o FMI considera fundamental a política de libre mercado en todos os sectores de bens e servizos, entendendo por servizos tamén os comprendidos en áreas como a educativa, a sanitaria e da previsión social.
Non hai que deixarse enganar, e menos polas apariencias: os nomes ONU, FMI, Banco Mundial, soan a cousa de moita miñoca, moi respectables. Pero no seu podre corazón aniña a codicia, o desexo de perpetuar as vantaxes dos que xa as teñen, a hipocresía.
Polo tanto, se a policía francesa entra na casa da presidenta do FMI non sería estrano que atoparan algo máis ca un vello balón de marca Adidas firmado por ex-xogadores do Olympique de Marsella.


1 comentario:

  1. Qué bien explicado todo, Manuel. Ora teme que puedan entrar la TIA en tu casa y se hagan con el disco duro de tu ordenador por llamar lagarterana a una señora que viste en grandes firmas. ¡Ah, que no era eso!

    Pues entonces lo dejamos en que toda esta panda es un toca huevos, (sin disculparme)

    ResponderEliminar