sábado, 18 de diciembre de 2010

QUENES SOMOS?, DE ONDE VIMOS? Por Femia Castradora

Por Femia Castradora.

Nadal, tempo de aleghría, bós sentimentos e todo iso que todos xa sabemos. Eu vou ó meu.

Eu quero desiros que dende que estou convidada neste blog, sempre me preghuntei coma seríades vos. Imaxino que alghún tamén se fixo esa preghunta conmigho. Eu, na minha vida cotiá non vou co coitelo ó aire. Non por nada, senón porque podo acabar nos calabosos de calquer xusghado. Eu o coitelo o levo no bolso e o saco cando fai falta. Por iso, seghuramente, mais dunha ves crusámonos pola rúa  sin sabelo.

A mín tamén me pasa. Imaxino coma seredes vós. Por exemplo:

Lara.  Imaxínoa coma unha rapasa aleghre, estudando fora da casa e pasándolo todo o ben que pode. Xa tinha frío en  outubro, aghora debe estar conxelada. Aínda así síghelle sendo fiel ó seu botelhón. Ghústalle  repartir bicos  e morreos cando escribe.

Bolingha. Cando o conhesín estaba a pasar unha fartura de xoubas e logho descubrín que debíase á súa condisión de maqui. No monte non ten moitas ocasións de comer peixe, entón cando o ten diante, non sabe frear e logho anda a queixarse.

Ghalisán e Coco. Homes combativos onde os haia. Penso que por diante de todo están os seus prinsipios e non dubidan en defendelos. Non lles falta sentido do humor (seghide así). Son incondisionais do blog.

Ana N. É coma eu, nova incorporasión. Mulher discreta e amable. Dan ghusto os seus comentarios. Ah, tamén mira películas románticas.

Santano. Iste sí que é un tipo raro. Escribe a unhas horas pouco convensionais, aínda  que aghora xa case non o fai. Tirón de ourelhas. A escribir, e cóntanos porqué escribes de madrughada soio. Non serás vampiro?

Santa Companha: Divertido e habitual dos comentarios. Quere faserme preghoneira da festa do cosido en Lalín. Apoio a proposta, así poderei ir a comer de balde cando queira.

Brianda.  Nova  nos comentarios. Temos que conhesernos mais , pero pareses boa rapasa.  Se hai alghún moso que semelhe boa persoa, pásocho. Os outros ghárdoos para min.

Arturo: Tamén é unha nova incorporasión, pero cáeme moi ben. Vaime convidar a Solha ou o Alameda, quedou dito no anterior post. Ti verás...

Logho hai mais xente que  pasa polo blog, pero que eu conheso menos e non podo desirvos moito. Logho tamén están os anónimos, os que animo a ponherse un nome, é mais divertido.

Pois nada mais. Soio avisarvos que vai a haber unha sea de Nadal virtual á que estades todos convidados. Cosido e licor café a esghalha.Tamén imos faser botelhón na leira, para que Lara non falte.

Pasádeo ben nestas datas.

Apertas.


14 comentarios:

  1. Acabamos de descubrir unha nova característica de femia, parecechesme moi sentimental con ista loa polos teus compañeiros de blog!!!! coma sempre, agradezoche muito os teus contos, esta vez, se cabe, inda mais que de costumbre. A ver si algun día facemos unha xuntanza pra rematalas existencias dalgunha taberna. Gracias.

    ResponderEliminar
  2. Asi se habla, Femia!!! Que tengas una navidad muy muy feliz que es lo que te mereces. Y a ver si hacemos ese botellon
    Besos y morreos ;-)

    ResponderEliminar
  3. Así seguiréi, Femia. Grazas pola mención e una grandísima aperta.

    ResponderEliminar
  4. Unhas felicísimas festas a ti, Femia, a Glub e a todos os que pasades por aquí. Unha ledicia que te lembraras de min.

    Apertas para ti tamén.

    ResponderEliminar
  5. Xa te podías haber lembrado tamén de mín, non é por nada.

    ResponderEliminar
  6. Ola a todos. Sodes uns sielos.

    Bolingha, eu tamén tenho o meu corasonsinho, co que namorei a moitos homes. Moitos deles tamén conheseron a contradisión dunha coitelada limpa e presisa. Son así, qué lhe vou faser...

    Glub, estiven pensando en falar de ti, pero eres coma un blog aberto e xa te conhesemos dabondo. Pasa unhas boas festas.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  7. Yo también quiero ir a la cena virtual y al posterior botellón na leira.

    Feliz Navidad!

    ResponderEliminar
  8. Un abrazo, Femia Castradora y Bon Nadal a ti también, seguiremos viéndonos por aquí.

    ResponderEliminar
  9. Os anónimos votamos a favor de Femia Castradora. Mólanos o teu blog. Ti vai metendo a patiña e proghresa. Mereces o papel protaghonista.

    ResponderEliminar
  10. Unha gran aperta a Femia, a Glub e a todos os lectores do blog. Boas festas

    ResponderEliminar
  11. Falta una semana para Navidad, pero Feliz Navidad, Femia Castradora

    ResponderEliminar
  12. Felices fiestas, Femia, nos vemos por aquí. Un beso.

    ResponderEliminar
  13. Femia Dora Castro:
    A mín tamén me gusta o Nadal e canto villancicos alegremente.
    Sobre todo ese de
    Llingun Vels
    llingun Vels
    llingun off de güey

    Efectivamente querida Dora, son algo vampiro por mor da enfermaedade chamada insomnio que padezco en silencio dende fai tempo.
    Alegrome de poder disfrutar das tuas participacions neste blog de Glub e tamen espero participar con vos na cena de Nadal.
    Feliz Navidad, prospero año y felicidad.

    ResponderEliminar
  14. FEMIA,non soio debes ser pregonera na festa do cocido en Lalín, hay moitas festas gastronómicas na nosa terra e podias estar en moitas delas, o millor non todas, pra no topar a tantos e tantos ex-mozos que haberás deixado co corazón roto,(ou partío como dí o outro) e ter eu que lles deixar o meu hombreiro pra que mo enchen de vaguas e babas.
    ¿Porqué non fas o popósito pra o vindiero 2011 de dixar o coitelo na cociña da casa e cambiar en vez de capadora poñer ¨Dora a mosa agarimosa¨
    Pensao....e xa nos contarás.

    ResponderEliminar