sábado, 29 de enero de 2011

FEMIA SEREI, MAIS FEMIA NAMORADA.



Por Femia Castradora

 Esta é unha faseta minha  pouco conhesida e inxustamente olvidada  por case todos. Si, eu tamén tiven namorados dos que estiven namorada. Logho están os namorados ós que non lhes fixen caso, que xa foron uns cantos. Isos non contan.

Por ponhervos un exemplo, vouvos contar a minha historia cun home no que confluían duas das minhas lideiras: atopar un home sinsero, aghradable e sen dobleses e logho a minha paixón pola mar.

Vou comensar pola mar. Dende sempre quixen botarme á mar e ter aventuras onde poder ponher a proba a minha coraxe. Maxinábame a min entrando na mar cunha barca, loitando contra as ondas salvaxes de calquer oséano furioso, ighual que fan algúns marinheiros portugueses nas suas praias. Hala, carrexando a barca, aínda que as ondas os botaran fora, empesinados en faser o seu labor.

A verdade, para que vos vou disir mentiras, eu son do interior e poucas veses esperimentei  o bater das ondas no meu corpo. Soio cando íamos a visitar ós meus padrinhos a Boiro podía faselo. Mentras, para non perder tempo ía ó rio e as veses ó lavadoiro da aldea.

A mín o que me ghustaría era ir nun barco pesqueiro ghrande e cheghar ata o Ghran Sol. Alí tería que por todas as minhas forsas para pescar un Kraken, o mais ghrande que ninghén vira. Despois de moito tempo loitando duramente contra a besta, eu faríame ca súa inisial oposisión. Os outros marinheiros quedarían abraiados pola fazanha e aghradesidos porque ían poder comer calamares á romana ou ghisados todolos días ata que voltáramos a terra.

Logho está o meu namorado, Seghundo, que o topei  unha noite nunha romaría dun pobo sercano. Cando me dixo que era marinheiro puxen a minha imaxinasíon a funsionar. O home tentando someter á naturesa, na metade dunha tormenta. Alghún tempo despois, cando lhe dixen iso, o home contestoume que non, que cando a mar estaba un pouco revolta non saía a pescar. Que para iso tinha un arcón conxelador cheo ata arriba de peixe.

Iso desilusionoume un pouco e para compensar, desidín faser unha sea romántica no barco. Convensín a Seghundo de botarse ó mar de noite, e non lhe dixen nada da sea sorpresa. El dixo que si eu quería faser o meu bautismo de mar de noite, vale. Que  alá eu pero que se vía todo moito milhor polo día.

Pobre Seghundinho, non sospeitaba nada do que lhe tinha en preparasíón. Xa o tinha todo maxinado: ía faser algho romántico, coma cando estiven en París, que non soio tiraba adoquíns ós polisías, tamén dín gharbeos polo Sena e plos Quartier Latin. Se no fondo, moi no fondo son unha romántica. Con coitelo pero romántica.

Pois nada, alá fun eu no meu catro latas cheo ata arriba coa mesa e as cadeiras de praia que me deixou unha amigha, unha sesta chea de empanada, sorsa, tortilha de patacas, vinho e coma non, licor café.

Cando cheghei, díxenlle a Seghundo que fora para a parte de atrás para que eu poidera ponher a mesa. E sarpamos. A medida que íamos adentrándonos na mar, eu sentía un ha cousa estrana na barrigha. Pero non lhe fixen caso e seghín a ponher a mesa presiosa. Moi ben iluminada cunhas balisas de emerxensia que había no barco, fasía unha lus que aquelo paresía unha discoteca. Cando rematei, díxenlhe a Seghundo que vinhera. O home non vinha e eu estaba cada ves pior , co estómagho cada ves mais revolto. Berreilhe outra ves  e cando fun buscalo, resulta que para aproveitar a viaxe estaba a botar unhas nasas para colher unhas nécoras.

Cabreeime con Seghundo. Díxenlhe que dera volta, que xa lhe daría o seu meresido cando chegáramos a porto. A parte do das nasas, o que mais me fastidiou foi que se botou a rir de min polo mareo que e u tinha. Díxome que sendo de aldea, tinha que haber ensaiado antes cunha colchoneta ou unha roda de tractor na praia.

Desepsionoume. Ó chegar a terra xa vos imaxinades o que pasou. Branco e en botelha: canha da boa.

Pero eso non foi impedimento para que eu seghira a procurar o amor. Ainda hoxe esto nelo. Non serro as portas a ninghún home, seghirei ata atopar a minha alma xemea.

Apertas.

12 comentarios:

  1. Alegría del Hogar29 de enero de 2011, 11:28

    Femia, tú sigue buscando que un día encontrarás a tu alma gemela. Eso sí, el cuchillo llévalo contigo por si acaso. Con coitelo pero romántica, que bueno!!

    ResponderEliminar
  2. Alegría, tí non des ideas, que xa bastante perigosa e a Femia sin as axudas das ´´incondicionais´´.
    Femia, mariñeira de auga doce, que romántica velada nos contaches, salvacheste de que teu novio era un home de paz e que nas rías baixas non temos tiburóns.
    Non coñecía a versión dos Hredeiros da Crus, moi boa.

    ResponderEliminar
  3. Ay, Femia, casi me haces llorar con esa historia tan romantica, es preciosa, te pasara como a mí que encontraremos tarde o temprano a nuestro verdadero amor. Un besaaaaazooo!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Yo sería tu hombre, Femia, pero prefiero amarte en la distancia, no vaya a ser.

    ResponderEliminar
  5. Por que me deixaches así? Soio e capado, eso non se lle fai a un mariñeiro, ainda así, douche una oportinidade, unha máis

    ResponderEliminar
  6. Como sempre, femia, xenial. Xa me vou acostumando a estes post teus de fin de semana. Eres o prexel de Glub.

    ResponderEliminar
  7. Cada vez mejor, Femia. Tú dales caña, que hay miles de mujeres agradecidas que estamos en deuda contigo.

    ResponderEliminar
  8. No eres una brava marinera, como yo imaginaba, pero sigues pareciéndome una mujer valiente, Ojalá todas fueramos como tu. Un saludo.

    ResponderEliminar
  9. Femia, me encanta cando te pos romántica ao contarnos eses desamores teus

    ResponderEliminar
  10. Moitas ghrasias a todos polos vosos comentarios.

    Arturo: non lhe ponhas impedimentos ó amor, o que pase logho xa se verá.

    Aleghía, Lara, Ana. Anónima: Isto é soio o comenso. Imos cheghar moi lonxe.

    Phryne: Qué ben, unha rapasa nova por eiquí. Benvida e seghirei dando canha.

    Coco, Galizán e Santa Companha: Sodes uns románticos. Iso está ben.

    Home namorado: De seghunda oportunidade, nada. Eu cando remato un trabalho non boto a vista atrás. Seghundo, sei onde vives.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  11. Femia:
    Vexo que so saúdas a os incondicionais do coitelo, ainda así sigoche con preocupación, pendente de calquer tropezo teu pra quitarche o coitelo e sair fuxindo pra a tranquilidade dos homes.

    ResponderEliminar