sábado, 12 de febrero de 2011
HAI MILHONS DE ESTRELAS
Por Femia Castradora
Isto que vos vou contar hoxe pasou xa fai uns cantos anos e estivo cataloghado coma alto segredo . Aghora xa non importa que volo conte porque de eiquí non vai sair e despois de tanto tempo non importa , é mais, merese que se saiba.
Pois resulta que un home o que non conhesía e nada, veu á minha casa a proponherme unha misión. Sabía de mín pola xente da minha aldea, ou sexa que a fama presedíame. Coma eu son mulher que non se bota atrás, eu era a melhor opsión que tinha ese home.
O grhano: Ese home resultou ser co tempo un dos meus mehores amighos. Era o das ghaseosas, xa o conhesedes de outra veses.
Pois proponhíame partisipar na primeira viaxe espasial ghalegha. E eu aseptei sen condisións. Quería ver a minha foto na Vos de Ghalisia.
O home xa o tinha todo preparado. Ía utilisar coma nave un troso de tubo que por aquel tempo o usaban na canalisasión dun pequeno rio que estaban a faser . O tubo era o sufisientemente ghrande para dúas persoas. Botoulhe imprimasión e logho o pintou de prateado. Era unha fase moi importante, porque anos despois, os da Nasa tiveron un ghrave problema co recubrimento do Challengher e foi por iso, que non lhe botaron ben a imprimasión.
Para que estiveramos mais cómodos, puxo dentro dous asientos dun 124 velho que tinha tirado detrás da fábrica de ghaseosas. Coma mando da diresión, algho fundamental, colheu tamén dese coche a palanca de cambios, que tinha un pomo moi bonito transparente con conchinhas e un canghrexo, para que non olvidáramos e onde eramos. Foi un detalhe presioso e moi de agradeser. Íamos estar moi lonxe da terra e a morrinha podería faser peligrar a misión.
Da propulsión ocupábase Pepe o da Pirotecnia, que aseghuraba que cuns foghetes dos das festas en combinasión con outros dos que ó exprotar bótanche o corasón fora íamos chegar á estratosfera. A trompicóns, pola variasión de potensia, pero chegharíamos.
Unha ves solusionado o tema de coma ir, estivemos pensando o que íamos comer e cheghamos á conclusión que o melhor era que leváramos empanada envolta individualmente en papel de aluminio, para non ter que cortala no espasio e faser unha ghuarrería na nave. E de beber, aghua, ó que eu me opuxen, porque ca empanada o melhor é o Albarinho. Pola minha conta levei unhas botelhas de licor café.
O meu companheiro de viaxe era o sobrinho do das ghaseosas, Chamábase Antón e ghústábalhe que lhe chamaran Ton. Pareseume un pouco parvo dende o prinsipio.
E saímos unha manhá de verán. O despeghe estaba previsto ás 5:30 A.M. De volta souben que non quedou un vesinho desperto a esa hora, o fogheteiro fixera ben o seu trabalho.
A misión dixeron que non podíamos saber nada dela ata que estiveramos xa polo espasio sideral. Tínhamola escrita nun sobre serrado que poderíamos abrir cando fora nesesario, ighual que nos concursos da televisión.
Cando abrimos o sobre ponhía: Cóma pode repercutir no corpo humán a falta total de ghaseosa no espasio. Observasión e cataloghasión dos inconvintes desa falta e coma inflúe no carácter dos astronautas.
O das ghaseosas era mais parvo aínda que o seu sobrinho. Montar todo ese tinghlado para iso. Pois que ía pasar?. A mín polo menos nada, eu non botaba de menos a ghaseosa porque non a bebía. Tomei a determinasión de colher o coitelo e faser que o sobrinho, que tamén sabía o da misión e non me dixo nada, fora un das minhas aportasións ó marabilhoso mundo da castrasión, un mais na minha colesión.
Apertas.
Etiquetas:
Femia Castradora
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hay Femia, ya no se que serían los fines de semana sin tus aventuras. Un besote guapisima
ResponderEliminarLo mismo digo de principio a fin
ResponderEliminarGalicia pionera europea de la investigación aeroespacial, creo que subestimas a tu ex el de las gaseosas
ResponderEliminarMoi ben, Femia! Esperamos o teu seguinte traballo.
ResponderEliminar