sábado, 5 de febrero de 2011
SON METALICA NA LEIRA DAS PATACAS
Por Femia Castradora.
Un día mais quedareime sentada eiquí, dibuxando unha elipse para desenhar un coberto para as ghalinhas. A ver se aghora me sae, non son moi boa co lápis.
Hoxe é un día para divaghar, pídemo o corpo. Así coma outros días tenho que sair correndo a colher o coitelo, hoxe non podo deixar de pensar en aqueles anos nos que fun tan felis. Cantas novas esperiensias e cantos cambios na vida da xente!
Vou empesar polo prinsipio. Madrí 1989. Eu cheghei na procura dun sentido para minha vida . Sufrín unha crise castrasional que case acaba ca minha carreira. Non lhe atopaba emosión ó que fasía. Sí, cada ves era distinto, homes distintos, situasións distintas... Nesesitaba un revulsivo que me dera a plenitude nesesaria para ser felis.
Tinha que colher folghos novos e faser unha renovasión que eu creía interior.
Pois alí conhesin xente interesante que co paso do tempo alghúns voltaronse selebridades e outros estragharon o seu futuro sen contempasións. Así é a vida.
Foron neses anos cando eu fixen un cambio integhral de imaxe: Risei o cabelo á moda. Chamábase cabelo fritido. Básicamente é coma se aghora lavas a cabesa e non lhe botas suavisante. De feito, eu conhesín o suavisante de cabelo bastantes anos despois. Ben mirado, penso que ó milhor levábase así pola falta de infraestructura dos productos de perruquería.
Levaba medias neghras con carreiras, cantas mais, milhor. Neses anos sí que aforrábamos. As merserías non fasían un can coas rapasas modernas.
Pero o que verdadeiramente foi unha revolusión foron as hombreiras. Sentíaste mais ghrande e importante con elas, de feito o eras. Había que levala canto mais ghrandes, milhor e logho, para faser o conxunto mais espectacular, senhir a sintura cun sinturón moi ancho. Eso, conxughado cos brilhos metálicos das telas fasía que pareséramos de outro planeta.
E diredes: e logho, non conhesiches a ninghén que quixera ocupar o teu corasón neses tempos emosionantes? Pois...si.
Din con el nunha noite escura na que a minha chaqueta brilhante resplandesía á lus das farolas. El ó prinsipio non reconheseu diante del unha fighura femenina, debido a que esa noite puxera dobres hombreiras e eu son de constitusión ghrande. Logho confesoume que pensaba que eu era un home que lhe iba dar unha malheira. De qué escapaba? Iso non o sabía eu aínda, pero provocoume serta tenrura.
O seu nome era Ghuiliam e era de Londres. Díxome que estaba alí porque quería ver outros mundos e fundir o dinheiro que lhe daban os seus pais cada mes por medio dunha transferensia. Ou sexa, non fasía nada.
El era un punk resén cheghado e non sabía que neses anos, a xente xuntábase coa xente seghún a súa pinta. Os roqueiros cos roqueiros os punks cos punks, os rapases que ponhían peghatinas de Esnupi con outros coma eles... Había moitas clases de ghupos urbáns e levábanse mal entre eles. Por iso pensou que eu iba a pegharlhe.
Propúxenlhe conheser a minha aldea, alí ía estar coma un rei e o sol íbalhe sentar ben, que paresía un morto do branco que estaba.
Alá fomos. Cando cheghamos, dímoslhe un ar cosmopolita á aldea. De súpeto contaba entre seus vesinhos cun punk e unha rapasa da movida. Mesmo vinhan xentes de outras aldeas para mirarnos.
Eu tomei moi en serio a minha nova vestimenta e daba ghroria verme coas minhas hombreiras e o meu mono amarelo brilhante na leira botándolhe a química ás patacas, co meu pelo fritido.
Ghuiliam botaba de menos as carreiras que botaba diante dos roqueiros e fixo algho que ía determinhar a nosa relasión. Tentou fuxir. Ou sexa, que me tinha medo e non se atreveu a desirme que se quería larghar. Pareseume unha falta de confiansa e iso non lho ía perdonar. E susedeu. Cando rematei o trabalho, el díxome que a ver que fasía, que os punks levaban os pantalóns moi axustados e íbase notar moito o que lhe fixera.
De verdade, non sei coma puiden ghardar o coitelo. Sorte que eu son mulher templada e non me deixo levar polas emosións, que si non, non sei o que podería haber pasado. Pero optei por botalo de alí e non o volvín a ver mais.
Estiven pensando e vou ponher unha pastelada de cansión. Pódeme a melancolía.
Apertas.
Etiquetas:
Femia Castradora
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
jajaja, vuelven las hombreras Femia, así que podras revivir viejos tiempos, si quieres quedamos y nos vamos juntas de compras, seguro que encontramos algo que nos siente bien
ResponderEliminarRecuerdo aquella época en que éramos jóvenes, me hubiera gustado coincidir contigo Femia. Lo hubiéramos pasado estupendamente.
ResponderEliminarPor cierto, el Centolomán que escribió Rodrigo tiene los huevos acorazados, con él no hubieras podido usar tu cuchillo.
Esa Femia! Estás a facer literatura galega con senso do humor, algo que non abonda. Apertas.
ResponderEliminarFemia, ¿has dejado a un hombre sin capar?
ResponderEliminarMuy divertidas aventuras las tuyas, Femia. Yo fui la chica con las hombreras más grandes de Galicia. Ah! y pelo frito
ResponderEliminarY que bien os sentaba aquella estética futurista, coño.
ResponderEliminarTamén habia homes con hombreiras, se non recordo mal. Eu non fun un deles.
ResponderEliminarMy Dear Querida Femia:
ResponderEliminarSupoño que si escribise, así que escribiría Guyliam.
Seguro que si te atopo daquela nunha rúa a escuras e con esas pintas no peiteado, nos hombreiros e demás, saio fuxindo aíndasen saber nada de nadiña do coitelo.
Dora , caray, que tes un perigo..........