sábado, 23 de abril de 2011

BAILEI, SI SENHOR



Por Femia Castradora

Ghústame bailar. Dende nena xa tiven esa afisión. Eu ghoso tanto  bailando pesas tradisionais coma o munghualquer.

 Son de ghostos vareados, coma os xeados. Lémbrome, falando dos xeados, que cando chegharon os xeados á minha aldea  foi un acontesemento. Un día, ben sedo, un camión descarghou unha neveira e levouna á taberna de Paco o careiro. Todos os rapases estábamos a mirar que iban botar dentro da neveira. Foi tanta a espetasión que os do camión chamaron á sentral e dixeron que era melhor que vinhera alghén a despachar os xeados. Mais que nada, porque Paco non paresía o mais indicado para faselo, acostumado coma estaba a acompanhar ós parroquianos que iban a tomar as chiquitas. Ás onse da manhá xa non había taberneiro. Convertíase no melhor amigho dos clientes.

Tomo a medicasión contra o espalhamento e sigho (a ver coma vos conto logho o do baile, despois da lideira dos xeados): Ó día seghinte, veu unha rapasa a ensinarlhe a Paco o ofisio.  A min desesionoume eso dos xeados. A mosa preghuntaba ós rapases moi fina de qué padal querían o xeado, moi sorrinte e con dúas ghalhetas nas mans, porque o xeado era de corte. Cando ouvíamos a preghunta, nós desíamoslhe que non queríamos ninghún padal, que iso era unha ghuarrería e que xa cheghaba con ver os dentes postisos  da aboa no vaso á hora da comida. Paco, ó ouvir iso todo tralhado, botou da taberna á vendedora e mais á neveira, que estivo á intemperie ata ó día seghinte. Pola noite, botámoslhe unha olhada e non topamos padales, e comimos nos xeados ata fartar.

Aghora sigho co que vos iba a desir do baile, que para min é unha distrasión e unha canalisasión da minha enerxia desbordante. Tamén vos vou disir que é unha das minhas armas de sedusión.

Sempre fun das que ensinan o refaixo ó bailar e os homes tolean, xa o sei. Son unha  Belha Otero de hoxe en día. Sedutora e misteriosa. Tamén caprichosa á hora de elixir ó afortunado que dansará esa noite conmigho.

Ata o de aghora sempre tiven onde elixir debido á minha belesa cautivadora e á forma de bailar que tan ben sei esplotar. Agharrado, solto, ó trensinho nas bodas... nada é impedimento para  ensinarlhe a todos os presentes quen está ghastando pista. Son coma un volcán en erusión, sobre todo se vou cunha copa na man, deixoos a todos reghados de licor café. Hai mulheres que se ven que tenhen envexa e míranme con cara de poucos amighos, e sobre todo as que foron á perruquería pola manhá a faserse a permanente.

Seghún o día e a pesa que estén a tocar, elixo companheiro. Hai que dar unha oportunidade a todos, non vou faser coma unha amigha, que soio bailaba con homes que lhe recordaran a Bertín Osborne, mosetóns e vestidos con chaqueta crusada con botóns dourados con áncoras ghavadas e cheirando a Barón Dandi.

Eu son mais convensional e non me importa coma vistan nen se son altos, baixos, ghuapos ou feos. Hai que saber buscarlhe o aquel. Tamén se da o caso de que, aínda buscándoo, non o atopas. Entón, hai que procurar un sustituto e sempre hai, creédeme.

Houbo un verán que se puxo de moda a lambada e ese ano ghastei cartos e cartos en cremas antirrosaduras, porque hai alghúns homes que levaban pantalóns de esos que se chaman de mesclihla e que pican a rabear e son moi ásperos. Ese ano si elexin partener, soio quería bailar con homes con pantalóns de alghodón.

Cando se é case unha profesional do baile, hai que ter todo arghalhado para que unha menudensia non bote a perder unha noite de desenfreo e sempre é convinte levar unhas sapatilhas da casa por se os zapatos non anchean á velosidade que o fai o pe.

Coma veredes, son unha dansarina que lhe pon sentimento e ghanas. Esto do baile é coma unha caixa de bombóns, nunca sabes quen vai ser a túa parelha. Por serto, para estes días non tenho. A ver se se apunta alghén.

Apertas.


7 comentarios:

  1. As mulleres tan lanzadas danme medo Femia.

    ResponderEliminar
  2. femia yo quiero ser tu pareja de baile!!!!! ;-))

    ResponderEliminar
  3. Lara, ti e mais eu somos as únicas que non fomos de vacasións.

    Na primeira festa que haxa, quedamos para botar uns bailes agharradas, coma ten que ser. A ver se logho os homes anímanse.

    Se hoxe fas botelhón, leva paraughas.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Miña parrula...ay mi parruliña, cada domingo te queiro mais, mulleres coma ti levantaban iste pais noso.

    ResponderEliminar
  5. Eu só sei bailar dous temas ben bailados, coma case todos os españois:
    Macarena e aserejé, e ademáis seinos bailar sentado.
    Femia poderíamos empezar por eses dous, e seguir con todalas de Jordi Dam ou como sechame ese de ´´mami el negro esta bailando´´, ´´kasachóu´´ e tantos e tantos temas cheos de ritmo e mensaxe.

    ResponderEliminar
  6. os homes de hoxe xa non miran para o cu das mulleres. taste facendo maior femia

    ResponderEliminar