sábado, 16 de abril de 2011

METE O FACHO NO CU, MONO DE MERDA.



Por Femia Castradora.

Tiven un moso que me ensinou moitas cousas sobre os animais. Eu xa tinha a minha esperiensia. Ghatos, porcos, vacas, cans, ghalinhas e demais animais dos que hai en todas as aldeas son perfetos conhesidos para min. Dame un cochinho e fagho del un porco de proveito, a criansa non ten segredos e de feito o que me da a rasón é que non hai nas librarías manuais do tipo: "O veterinario respóndeche" ou "A ghalinha non che durme? Iso hai que solusionalo".

Bueno, a verdade é que no caso dos cans si os hai. Eu penso que débese a que cada ves mais a xente ten cans son os que lhes quitan a personalidade. Vampirísanos e fanlhe creer que son persoínhas. Ahí se lhes vai a pinsa ós pobres e logho hai que chamar a espesialistas para que restablesa a xefatura da manada.

Non chegho a saber por qué un cansinho faldreiro atemorisa a un mosetón na súa casa, logho de ver  coma a minha vesinha, a senhora Pura, que é unha mulher velha e pequerrecha manexa ó seu can, que mais que can é un touro.  Ahí falha algho, e a menos que o can sexa un sicópata, que ó melhor tamén os hai porque tenho entendido que hai xente que leva ó seu can ó sicólogho.

Dito eso, o que me tentou ensinar Marselo foron cousas sobre cocrodilos, leóns, luras xighantes, narvais e animais de ese tipo. Home, é interesante, non digho o contrario, pero coma non me dera por ponher un sirco non lhe vexo a utilidade de toda esa sabedoría.

Marselo estaba osesionado cos monos. A min non me ghustan, nunca me fixeron nada pero danme ghrima. É coma se ves a un home a medio faser, coma se lhe faltara un fervor.

Eu xa era unha mamona cando Marselo naseu, ou sexa que lhe levaba case onse meses de adianto co mamoneo cando a sua nai o paríu. Que vaia por diante que eu non lhe fagho noxos a ninghún home por rasóns de idade, rasa ou mesmo por inclinasións sexuais, que de todo houbo coma ben sabedes os que xa me conhesedes un pouco.

Foi unha etapa da minha vida sombría, case sen saídas noturnas e con moitos documentais sobre a vida salvaxe ás costas.  Cando non había documentais, botaba man dunha película que de tanto vela xa a sei de memoria.

A cousa iba duns homes que ían ó espasio para faser unha misión, cheghan a un planeta desconhesido e alí o diretor e os ghionistas empesan a desbaralhar: que si os homes son escravos, rasa inferior e mulas de cargha duns monos que os trataban pior que a cans. Ata que chegha o protaghonista e empesa a falar, cousa que os outros humanos non sabían faser. Descoloca ós monos que eran uns malvados. Estaba tamén o doutor Saius, que tinha unha dúbida moral, non sabía qué faser.  Logho había un mono, que polo tamanho era un ghorila, e era  o xefe do exérsito, penso que era o menos amighable de todos. 

Tamén había uns monos bós, que eran uns sientíficos que axudaban o home a fuxir cunha mosa que atopou entre os escravos, da que enamorou sen remedio. Eu creo que Sira e Cornelius (os monos) eran parelha, pero resulta que Sira cando o axuda a fuxir dalhe un bico a Teilor, co que queda ben claro que ó pobre noivo chimpansé o nome puxérolho que nin pintado, habería que ver a cara que puxo. A noiva humana de Tailor nin se enterou, aparte de non falar, tampouco parese que pensara moito e non fixo nada para tirarlhe dos pelos, rabunharlhe ou darlhe unha ondanada de hostias a Sira, comportamento natural entre as mulheres que ven diante das súas narises coma morrean ó seu home.

Ó final fuxen os dous, nunha carreira desenfreada ata o seu futuro insierto (esto ponhíano na caixa do vídeo, que ata eso aprendino de memoria). Logho, hai unha esena moi bonita na que Teilor empesa a botar sapos pola boca e non se sabe moi ben porqué, ata que descúbrese o pastel e é que estaba na terra e a humanidade volvérase parva. Debeu de ser alghunha bateria infesiosa que atacou ós homes ou o pienso que lhe daban ós monos, que algho tinha que os volveu mais listos.

Desexei moitas veses que o meu moso se volvera coma os humanos da película, pero coma o tempo pasaba e meu desexo non se fasía realidade, tiven que tomar medidas. Deixeino e a piques estiven de deixalo coma veu ó mundo, pero pronto recapasitei e fixen o que tinha que faser. As tradisións non se poden esqueser.

Apertas.


6 comentarios:

  1. Joder, qué sobredosis de gallego, así es imposible que llegue el sueño con este subidón.
    Desisto. A fer la má, ya dormiré esta noche.
    A la novia humana ésa, tengo entendido que lo de menos era que hablara, con ese modelito a lo Pocahontas. Además, lo mismo le hacía sombra al Heston y eso no se podía consentir.
    http://youtu.be/W9IJOTL6NAc

    A mí me dijeron que esa escena se rodó en Lanzarote, pero yo no acabo de reconocerla.

    ResponderEliminar
  2. Moi boas, femia. Esto que nos contas lembrame unha historia que me pasuo cun paar monos..... Non teño moi boa relación con eles, algun día vos contaréi o que me pasou, cando o supere.... Bicos a todos e feliz semana santa !!!!!

    ResponderEliminar
  3. Bolingha, a túa historia cos monos tes que contala, non hai que esquesela. Reconheser as perversións é o melhor para superalas.

    Xa pensei que me abandonaras. Hai que sacarche os comentarios a sacarrollas

    Ghata: é o que ten o ghalegho, coma ves, entre outras cousas é bó para sair e ter unha noite
    caralhuda. Preghúntalhe a Lara, a nosa espesialista en esmorghas.


    A película ghanharía con Tosar en ves de Gheston, os calvos tenhen algho espesial.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Non sei si eso é bo. Pode acabar escrocada, e eso non hai quen o arreghle.

    Bicos, anónimo.

    ResponderEliminar
  5. Femia e a mín que dende pequeniño me decían todos:
    ´´que mono e iste rapáz´´
    ¿Que vai alá?
    Vou eu, vou eu, voueu, voueu, bueu, bueu.
    Así creanse on nomes das vilas.

    ResponderEliminar