sábado, 4 de junio de 2011

MEU VERÁN. PRIMEIRA PARTE. A praia.


Por Femia Castradora

Eu son de interior, na minha nenés a praia era algho esótico e un pouco conhaso.

Colhíamos o Simca 1000 e alá íamos, pasando unha calor que paresía que íamos morrer deshidratados. Ó cheghar, aquelo paresía o desembarco de Normandía. Cubos, palas e balóns a esghalha. No apartado confor, mesas e cadeiras pleghables de debuxos sicodélicos, ó mesmo que a sombrilha. Iso era para que si alghún rapás perdíase, soio tinha que ver onde estaba a sombrilha mais moderna da praia, logho das de Mirinda, que tamén molaban moito e mesmo paresía que baixo elas estábase mais fresquinho.

A cousa era estar na praia coma se estivéramos na casa e minha nai fasía a comida que sempre era a mesma. Antes non había eso da dieta variada. Se íamos á praia tocaba ensaladilla quentinha, que non sei coma non había intosicasións familiares debido á maionesa. De seghundo bistés empanados. Eu tenho que ver o que vou comer e se atopo algún troso de ghraxa ou mesmo un nervio, xa me ponho de malas.

A nosa sobremesa e as bebidas sempre paresía que o pasaban melhor que nos. Nada mais cheghar, meu pai metía a sandía e as botelhas nunha bolsa e afundíaas na augha, eso si, botándolhe un olho, non fora ser que alghén levara os quintos de servexa ou a ghaseosa Pitusa.

Logho de comer, había que faser a dixestión, que minha nai, coma mulher precavida que era fixaba en tres horinhas de nada. Eso si, ninghén se ponhía protesión para o sol. Eso do burato de osono foi un invento posterior. Coma moito, levábase o delial, ou nivea que mais que para non queimarnos servía para faser a dixestión, xa que reghalaban balóns de praia e así podíamos xoghar un partido de fútbol, quedar empatados, xoghar a prórrogha quedando outra ves empatados e ir a penaltis.

Nos xornais sempre hai unha entrevista a un famoso e antes a moda era preghuntarlhes qué levarían a unha ilha deserta. A min que non me preghunten. Eu quedo na casa.

Apertas.

7 comentarios:

  1. Non sen minha Femia4 de junio de 2011, 11:36

    Tal cual, mi infancia, la bolsa de rejilla con las bebidas y los rapaces a cuidar y mirar. Después el colesterol en pequeñas dosis de tortilla, juntado la ensaladilla y los bisteses empanados. No sé como sobrevivimos

    ResponderEliminar
  2. pues a mi me ancanta la playita, este verano no pienso salir de ella, un besote femia :-)

    ResponderEliminar
  3. Non sen... o que non nos mata fainos mais fortes. Xa ves aghora, estamos coma unha rosa.

    Larinha, xa acabaches os exames?. Xa queda menos para ponherte morena.

    Bicos ás dúas.

    ResponderEliminar
  4. ay Femia, aun me queda y lo llevo fatal :-(

    ResponderEliminar
  5. O pior son as cancións do verán, menos mal que non puxeches unha

    ResponderEliminar
  6. Vouvos contar unha anécdota sobre a praia que vivín o ano pasado, para que vexades como pode rematar unha xornada pracentera de praia, cando non che pica unha faneca. Chegara un autobús dunha aldea de Ourense á praia de Samil. En él viaxaba unha parella de octoxenarios bastante desgastados polo reuma, con tal mala sorte que a súa neveira da praia era igual á de outra familia. Como vos podedes imaxinar a outra familia levou a súa neveira coa comida, e eles quedaron coa súa, chea por desgracia de botellas de viño que pesaban un quintal. A estampa era a dos pobres vellos recorrendo toda a praia de Samil de punta a punta preguntado pola súa neveira con comida. Por suposto o máis doloroso era que o home preguntaba á xente, e a pobre muller reumática galega carretaba coa neveira chea de asquerosas botellas de viño que pesaban un quintal. Menudo día de praia. Ai a praia¡¡. Como teñas un mal día podeche pasar calquera cousa coma que unha sombriña voadora che quite un ollo.

    ResponderEliminar