sábado, 9 de julio de 2011

SOLTEIROS VS CASADOS.


Por Femia Castradora

Coma desía Foresgán: a tele é coma unha empanada nunha festa: nunca sabes de que cha van dar ata que lhe botas o dente.

A min ghústame produsir e cando non produso, ás veses vexo a tele. Pero non vexo deportes, non son capás de aghuantalo. Prefiro ir ghavear na leira ou botar uns chícharos ou retosar co anho.

Mais que nada, porque cada ves pareses ver o mesmo: no tenis, hai tres que sempre  están a ver quen é o melhor pero en lughares distintos. Se polo menos nos ensinaran os arredores de onde xoghan aínda viamos mundo, pero nin eso. Eu xa conheso á noiva, á mulher, ó pai e demais parentes dos tenistas ata polo menos o seghundo ghrao. Iso axuda a levalo cun pouco mais de aleghría, cando ves ó tio do rapás da raqueta e dis: mira qué boa cor ten hoxe, seghuro que  xa lhe debeu pasar a dor de barrigha que tinha en Ghuimbledon. Xa é coma da tua familia.

Tamén hai siclismo. Aghora co bó tempo empesa a tempada e podes ver moitos homes subidos riba dunha bisicleta cun traxe apretado de cores inimaxinables, todos cheos de letras ata no cú. Esos traxes sentanlhe mal a todos. Eso seino porque, quén non ten unha foto de fai uns anos cuns pantalóns siclistas? Levávanse moito e non eras ninghén se non tinhas uns. Eso é a crueldade da moda: non te decatas ata uns anos despois que estabas a faser o parvo cos pantalonsinhos.

Pero do que mais hai é fúbol. Antes, ós xoghadores dábanlhe vacasións e durante un ou dous meses non se vía unha pelota. Aghora, os clubes fan xiras polo mundo e van a lughares onde os pobrinhos non poden disfrutar coma aquí dese  deporte (Kubai, Xapón, Dubai...) Van aí para que non se sintan uns  desgrasiados porque non poden ver xoghar ó Madrí contra o Barsa e coma se ponhen de contentos, xentinha, que da unha tenrura ver coma están de alegres soio por velos! Todo un exemplo para nós, que estamos sempre a queixarnos.

En Ghalisia tamén temos a lighinha solteiros contra casados. Aí sí que se lhe pon empenho ó asunto! A forsa bruta faise dona das pernas dos homes que xoghan. A rudesa é a melhor tática: menos homes que poidan caminhar = mais gholes.

 Nada das parvadas que fan en primeira división de caer e estar sinco minutos a morrer ata que o árbitro (vendido) vai e ensínalhe unha tarxeta (vale calquera, non importa a cor. Tamén vale  unha do carrefour, o caso é sacar tarxeta). Entón prodúsese un milaghre: o home resusita e bota a correr coa perna que paresía que estaba a punto de perdela, logho de que sairan ó campo catro fisios e dous doutores, e uns esforsados da crus vermelha, que case nunca usan a camilha, a ver que lhe pasa ó manghante. Eu íbalhe sacar o visio a esa xente dunha coitelada, ibas ver coma non caían aínda que romperan a perna por dous lados.

Os partidos de solteiros contra casados son o senvivir das mulheres do equipo de casados, que xeralmente son os que mais baixas tenhen porque hai que dalo todo no campo para demostrar a todos que seghen sendo os balíns do séspede, os tralholos ou os maradonas delghados de outros tempos. Así pasa o que pasa, logho son as mulheres ás que lhes toca aghuantar ó home tirado no sillón, sen parar de pedir cousas e fastidiando a rutina da sufrida esposa, que os primeiros días aghuántao porque  o home mais que ferido na perna , feriuse mais aínda no seu orghulho. E os companheiros de equipo aínda o ponhen peor: "xa non eres o de antes; pero home, se soio che din polo ar, non hai para tanto; rotura de lighamentos crusados? pero tí tes deso?" e lindesas que fan que o home baixe ás profundidades da miseria masculina.

Apertas.

9 comentarios:

  1. Eso de solteiros contra casados é unha tradición, para que logo diga Glub que as tradicións están para perderse...

    ResponderEliminar
  2. Femia, aquí hasta nos vamos acostumbrando cada semana a esa manera tuya de escribir, es una gozada leerte

    ResponderEliminar
  3. jajjajjaa esa es mi Femia!!!

    ResponderEliminar
  4. Ola, estiven o fin de semana en Ortigheira fasendo cousas seltas e non puiden colher o ordenador. Aproveito que Ghlub aínda non cambiou o asunto.

    ResponderEliminar
  5. Ghalisán que aleghria, canto tempo!

    Ghlub pon eso porque sabe que eu estou aquí para compensar, son coma o seu Pepinho Ghrilo.

    ResponderEliminar
  6. Ana, que riquinha eres, mulher. Moitas ghrasias.

    ResponderEliminar
  7. Esa é a minha Lara!!

    Bicos para todos!

    ResponderEliminar
  8. Femia gustame moito leer o teus comentarios.
    Seguramente cambiarias de impresión se me viras a mín na praia nuna compétición de natación.
    Co meu flotador marelo de patito e o meu tanga de pel de Panteira Rosa, con gafas de buceo e aletas negras.
    Seguro que trocarías de impresión e aplaudirías con entusiasmo a cada brazada que dera.
    Todo chagará.

    ResponderEliminar
  9. Santa Companha, nada me ghustaría mais que cambiar de impresión. Se vas ir así vou á praia aínda que sexa andando. É mais: se pos data, hora e lughar imos todos e fasémosche a onda.

    Polo de aghora non soio estou a cambiar de impresión, senón que estou impresionada.

    Bicos.

    ResponderEliminar