sábado, 29 de octubre de 2011

MORRER



Por Femia Castradora


Ponte de Tódolos Santos. Felisidades para tódolos santos e santas. Mira, boa escusa para faser unha festa rachada, que tempo hai.

Qué faser nesta fin  semana? Viaxar? Ir ós cemiterios? Unha mistura das dúas osións? Tamén pódese quedar na casa, que non pasa nada. 

É tempo de comer ósos de santo, borreghada calorífica preludio das enchentes da Navidá. Tamén fálase moito do Mister Proper e das súas virtudes, fronte ás eselensias do Vim de toda a vida:

- Eu prefiro o Mister Proper, que ten tensioalcól e seca mais pronto a lápida, non deixa manchas da freghona.
-Mira, Anghustias, coma o Vim ninghún, eu xa deixei a botelha escondida nun recuncho detrás das frores de prástico o ano pasado, que non vexas coma cunde. Quédame polo menos para limpar catro anos máis, diosmediante. E deixa un olor a pino, que a finada da tia Maruxa de seghuro estará a pensar que a levamos a enterrar no medio do monte, coma a ela lhe ghustaría.

Esto faime pensar en cando eu morra. Vai ser unha festa, nada de responsos nen de choromiqueos. Quero que os meus deudos vaian coas minhas sinsas ata as ilhas Síes nun catamarán e que me boten ó mar polo caminho, logho da visita ás bateas, pero antes de comer os mexilóns  e  de beber vinho. Que xa se sabe coma empesan estas cousas e un vaso de vinho  pide outro , e logho o licor café , e o final quédome na furna  olvidada , ata que  os do catamarán  me atopen logho dun mes e  pensen que son un saquinho de semento e eu acabe no ensintado dunha parede de pedra.

Hai veses que vinheron á minha casa ós do seghuro dos mortos, pero eu non son moi tradisional no da morte. Non lhe ía sacar partido. A  min non me ghustan os coches fúnebres, por eso xa deixei dito que antes de que me ponha tesa, me leven sentada no coche de copiloto, co sinturón posto, non por se me pasara un asidente, que non me faría nada, senón para que poida ir vendo todo e non acabe escurrida no asento. E o nicho, eu non quero acabar ahí, non podería. Son das que dan voltas na cama e nesesito espasio, non ía estar cómoda nun espasio tan redusido, estaría a darme croques contra as paredes todo o rato.

Xa avisei á familia que eu vou ser unha aparesida.  Penso ir  de visita  ás casas dos conhesidos, que seghuro que lhes vai faser ilusión verme en espírito. Pero non vou ir, coma fan outros, cando estén a durmir e despertalos, ou darlhes un susto cando vaian correr  as cortinas da ducha, non. Que eu non penso ser unha póltergheis calquera. Eu irei á hora da sobremesa, para botar unhas palabras e ponherme ó día das novidades da familia. 

Tamén vou ir visitar ós meus clientes, porque eu son moi responsable e ghústame ver coma  vai a minha obra,  se houbo complicasións ou non,  se os puntos cairon soios ou se infetaron, vamos, faser un seghimento. Que neste ofisio non todo é pasalo ben, castrar e xa está, non. Hai que cumplir e faser ao mantenhemento, aínda que sexa despois de morta.

Apertas.


6 comentarios:

  1. Esta entrada está de "sine": entre a simpatía do texto e a beleza da música e da fotografía (que gran foto!!) é unha gozada.

    ResponderEliminar
  2. Non sen minha Femia29 de octubre de 2011, 12:35

    Ti non podes morrer nunca, ¡faltaría mais! ¿E nos dexas orfas?, ¡muller, non! Aínda tes moito que laborar.

    ResponderEliminar
  3. mañana tengo que ir con mi madre al cementerio a limpiar!!!! y de resaca!!!!! besos, femia

    ResponderEliminar
  4. Ghustouche Manuel? Tenho unha ghran debilidade pola nosa Rosalía. Pónseme a pel de ghalinha cando a leo. A fotoghrafía é un adianto de cando eu sexa pantasma (aínda mais que aghora). Vou seghir agharrándome ás farolas cando saia de festa, para non perder a verticalidade.

    Non sen minha Femia: Acougha, mulher, que non tenho previsto morrer aínda! E tes rasón, quédanme moitos por castrar.

    Lara, tua nai vaise arrepentir de levarche. A ver se se pon de moda ir ós cemiterios a selebrar cos difuntos, coma fan en México. Cómese, bébese e pásase a resaca alí. Trabalho que queda feito, xa despertas no cemiterio.

    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Qué bien has enfocado el tema Femia.
    Pues mira yo los huesos de santo ya los comí hoy, trajo mi hermana a casa junto a los buñuelos de viento. Los buñuelos de viento solo los hacen ahora por Todos Santos y están de muerte (claro).
    Eu he dejado encargado que cuando muera, si pueden aprovechar algo mío que lo aprovechen, y si con los restos quieren practicar...Que den mi cuerpo a la ciencia. Pues sí, porque morirse es gratris, pero enterrarse vale una pasta, y si dejas eso, el entierro no te cuesta un duro. Además así me sobarán de muerta todo lo que no me han tocado de viva y encima podré ver a los médicos desde pequeñitos.
    Biquiño.

    ResponderEliminar
  6. Fas ben en doar o teu corpo á siensia. Eu tamén penso faselo, vou doalo todo menos o meu fíghado. Quero que faghan con el paté. Vai ser paté de Femia ó licor café. Será unha inovasión culinaria.

    Bicos tamén para ti.

    ResponderEliminar