sábado, 15 de octubre de 2011

RESEITA PARA MONCHINHO


Vou faser un prato espesial para  Monchinho. Quéroo moito e é un dos meus melhores amighos. Compréndeme, acompánhame nas noites de soidade do inverno, sábeme escoitar cando estou dándolhe voltas á cabesa. Sempre ten a solusión para as minhas lideiras.

Penso que cun ghiso vou asertar de cheo. Ghústanlle os pratos que leven salsa, é un larpeiro e cantos mais inghredientes, melhor.

Comensarei colhendo a pota do cosido, que é  a mais ghrande que tenho. Vouna encher de augha ata a metade, mais ou menos. Non ten que ser augha de vichí nen de mondarís. A da bilha vale ben, que para iso fixeron a depuradora os do conselho do lado e nola cobran ben cara, hai que ser aforradores.

Cando a augha empese a ferver, botámoslle mais ou menos quilo e medio de peladuras de pataca, que Moncho vólvese tolo por elas. Salamos e salpimentamos ó ghusto.

Seghidamente, imos á neveira e vemos os toper que hai. Os que tenhan algho que non saibas ben o que é, xa que están cobertos por unha capa xenerosa de mofo, esos son os elexidos. Da ighual se son restos de carne ou de peixe, ou os dous xuntos. Monchinho non discrimina. Botámolos na pota.

O ghiso, aínda que empesa a botar un cheiro preocupante, vai por bó caminho.

O día antes  tes que ir á carnisería e pedirlhe algho barato, coma pulmóns, corasóns, ou trosos que o carniseiro recortou das pesas que vende.  É para darlhe sustansia  e que sexa un prato equilibrado e cheo de vitaminas.

Para darlhe un pouco de corpo ó asunto, ponhemos dúas tasas de arros, que van faser que o ghiso non quede moi aghuado. O bó desto  é que mentras se vai fasendo, podes cortar un poco de queixo e ir picando.  Craro está que lhe quitas a parte de fora, que non hai que comela, xa que ten algho así coma sera e péghase os dentes e non deixa apresiar o sabor do queixo. Eso bótalo tamén na pota, que se o queixo é de bola  será colorada, e dalhe unha tonalidade que xa lhe ghustaría conseghila ós do Bulhi.

Tamén pódese abrir unha lata de sardinhas, xa o ghiso tarda en colher o punto, ademais que débese faser lentamente para que os inghredientes vaian soltando os sabores e as vitaminas non se boten a perder. O aseite das sardinhas vailhe moi ben a este prato, co que tamén vai na reseta, vailhe dar unha untousidade e vai faser de elemento  para que a salsa quede lighada.

Coma vedes, é un prato completo, que combina ingredientes do campo, do mar, da carnisería e mesmo tamén de laboratorio, que o mofo  é coma ponherlhe nitróxeno líquido ós alimentos. Está moi de moda no mundo da ghastronomía. Eu dou un paso mais alá e esperimento co mofo. Dentro de un tempo sairá o Berasateghi e dirá que o inventou el e todo o mundo felis comendo mofo.


Logho de comer o queixo e mais a lata de sardinhas, todo ben reghado co vinho da casa, xa está rematado. Hai que deixalo repousar unha  media  hora para que os sabores colhan a forsa nesesaria. Se se deixa para o seghinte día, seghuro que está melhor. Eso non soio lhe pasa a esta reseita, senón que tamén é así co caldo, fabadas e demais ghisos de culher, non é nada novo que eu estou a descobrir, sábeo todo o mundo.

Aghora soio queda chamar a Moncho, que de seghuro está refosilándose no barro. Virá correndo lansando os oinks mais felises que se lhe escoitaron a un porco na minha aldea.

Apertas


5 comentarios:

  1. Moi bo, Femia, xa tiña saudade de ti.

    ResponderEliminar
  2. madrugon para leer a mi femia, voy a preparar la receta para mi perro };)

    ResponderEliminar
  3. Non sen minha Femia16 de octubre de 2011, 12:32

    Pues sí que está consentidiño ese porco. Seguro que luce unos buenos jamones, digo mejillas sonrosadas de buena salud

    ResponderEliminar
  4. Ay Femia, pobre Monchinho. Yo el potaje ése se lo serviría a más de uno y a más de dos que me sé yo, ¿pero a mi cerdito?; a mi cerdito no.
    A mi cerdito pienso equilibrado de esos de clínica glamurosa, vamos.

    ResponderEliminar
  5. Ghalisán, ti eres dos incondisionais e iso é de aghradeser.

    Lara, a ver se non se che vai ponher mal o can, mira que o meu porco come de todo, eu non quero responsabilidades.

    Non sen... Pois si, tes rasón. Está ghrande coma un autobús, non vexas coma luse.

    Ghata non creas, o meu porco é rural e pasa dos piensos, é todo un ghurmé.

    Bicos a todos.

    ResponderEliminar