sábado, 19 de noviembre de 2011

A MALDITA CRISE (DOS CORENTA)


Por Femia Castradora


Xa estou farta da crise,da casquivana prima de risco, esa mesma que tódolos anos ven de vacasións á aldea e revolusiona a tódolos homes casadeiros e mesmo tamén ós demais, sen diferensias. Que se os ghreghos, logho os portugheses, a ver que pasa con nós.  

Pero a verdadeira crise é a dos corenta, que a medida que van pasando os anos convírtese na crise dos sincuenta, dos sesenta, e así susesivamente ata que unha crise cardíaca, hepática ou outra calquera lévanos á crise esistensial, que é a crise sero, ou crise apagha a lus e acabóuse todo.

Cal é o motivo da crise dos corenta? Pois depende de cada un, non hai que estableser reghlas, cada persoa é un mundo e  o mundo é un pano. Non hai que xeralisar.

Sí hai sertos parámetros que poden servir de ghía neste tema que hoxe nos ocupa. A ver:

Chegha o teu cumpreanos e ves esta imaxe: a túa familia e amighos mirindando na túa casa, relaxados, felises e cunha borracheira evolusionando a forte borracheira. Mentras tí estás na cosinha vendo coma o teu cunhado bota no chan resén freghado a metade dunha copa de ghuisqui, convertindo ese limpo chan nun patacal peganhento, que serve de recordatorio  ó día seghinte , cando o limpas, da imaxinasión que tenhen os desenhadores das suelas dos sapatos: hainas con raias, a ondas, con frores, con letrinhas, todas elas espalhadas pola casa adiante. Mesmo no teu cuarto (qué demos fasía o tío Paco alí?)

Cando deixas a cosinha, xa non tes ghanas de soprar as velas, non tes folghos. Non podes beber licor café, xa que perderías a pouca dinidá que che queda diante dos teus filhos, que xa tenhen bastante con ver ó avó imitando a  Chiquito, mentras a avoa pártese de risa.

Eso lévache a faser preghuntas coma:  qué foi do meu proxeto de ser unha ghran investighadora, atopar a cura do sida e ghanhar o nobel de medesinha e o da pas, logho de donar os cartos loghrados co meu descobremento?

Daste conta que o prinsipal impedimento para loghrar eses soños foi o aleghre rapás que che deixou prenhada ós desasete, polo cal tiveches que deixar as túas aspirasións de lado. O mesmo que logho te dixo: "oes, xa que temos un rapás, poderíamos darlhe un irmán ou dous, xa postos..." É o que aghora, cando toca recolher o da festa, está no silhón a roncar e botando babas pola comisura da boca.

Vendo ese panorama, é difisil non caer no anaobreghonismo e botarse á rúa á procura dun ioghurín, previo paso polo estradivarius para mercar unha mini saia de estampado felino cuns toques brilhantes, que este ano é tendensia o safari-ghlam. Impresindibles tamén unhas medias de rede e uns pipxóus a xogho. Non hai que olvidar a camiseta senhida , baixo da que hai un suxeitador puxáp que fai a ilusión de unha taia mais, co que conseghuirase un luc mulheres, homes e viseversa, que logho servirá para ir lighar á discoteca.

Tamén a siensia está do lado das sufridoras da crise, ponhendo á súa disposisión beisos de silicona, liposusións , inxesións de bótos e demais.  Hai que aproveitar.

O que nos queda...

Apertas. 

14 comentarios:

  1. A os corenta anos xa temos media vida feita é andamos mais seguras. Eu xa non teño que dicir nada na miña casa, poño brazos en xerra y boto lles unha mirada de is ás que ponse andar todos. E nada de facer festas para ninguén Salgo coas amigas a botar unhas risas. E si ben e certo que non andamos con tanta vizosidá temos sabedoría e is as cremas que anuncian rapazas de trinta para as mulleres de corenta. O cal quere dicir que funcionan.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. E ti que o dighas, somos coma o licor café, que melhoramos coa idade.

    Bicos.

    Ghlub, vas coma unha moto coas visitas ó teu blog. Noraboa.

    ResponderEliminar
  3. Femia además de ser tan genial como siempre traes la paz a este blog. Gata y Cítara, un beso a las dos y a seguir el buen rollo de Femia

    ResponderEliminar
  4. Femia si leen esto mis padres me muero pero tengo una amiga que me pone a 100 cada vez que usa unos zapatos como los de la foto y lo peor es que la cabrona lo sabe ;)

    ResponderEliminar
  5. jajajajj si los saca esta noche me va a poner de rodillas

    ResponderEliminar
  6. Ana N: Nada, mulher. Foi unha arroutada, ó final van ser amighas e todo.

    Lara, eso é unha aposta pola diversidá. Está ben, así non te aburres de sempre o mesmo.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  7. Lara, cuando yo tenía tu edad las chicas usábamos un truco, al ponernos tacones poníamos los pies así \/ con los talones separados para que las piernas quedaran así /\ un poco abiertas, y funcionaba.

    ResponderEliminar
  8. Lara y Ana N. Hijas, no me pongáis nerviosa a la clientela que se acaban imaginando todo lo que contáis.

    ResponderEliminar
  9. Unha vaise e cando chegha ten esto revolusionado. Aninha, tí dalhe ideas a Lara a ver que pasa. Lara, xa sabes, estamos esperando que nos contes se o conselho che valeu de algho.

    Ghlub, érache o que nos faltaba: saíchenos fetichista.

    Voume ponher os sapatos aghora mesmo.

    ResponderEliminar
  10. Femia, non mo digas a min. Dillo a elas, que son as que están toleando cos tacóns de guepardo.

    ResponderEliminar
  11. Muy bueno Femia, que se nos desvían del tema

    ResponderEliminar
  12. Femia Dora Castro, a prima do señor Risco a de ser una muller especial que trae tolos a moitos moitos homes e parece que a mais de una muller.
    Dame a impresión que tes algun lazo familiar co señor Risco, incluso podes ser prima ou parente moi cercana a él.
    Ti si que metes medo, sobre todo de noite o co teu compañeiro vingador, del tan mal recordo pra moitos homes.

    ResponderEliminar
  13. Arturo: vanse polas ramas e hai que sentralos.

    Santano, xa empeso a pensar que o medo que lhe tes a Vinghador é por algho. Qué ficheches? Vouche ter vixilado, non vaia ser.

    ResponderEliminar