sábado, 24 de diciembre de 2011

O BLUS DA NAVIDÁ.

Por Femia Castradora

Non tinhan case de nada, poderíase disir que eran humildes, moi humildes. Pero tamén eran xente cunha dinidá xigante. Trabalhaban dia e noite para levar á boca polo menos unha comida para enghanar á fame. 

Ela, era unha mulher chea de amor ó seu home e a súa filha. Aínda recordaba cando quedou prenhada a aleghría que tinha cada ves que a rapasa, daba unha volta no seu interior,  esa sensasión que soio unha nai pode esperimentar. Ou cando a nena estiraba un brasinho, ou unha perna, coma a súa barrigha deformábase e logho voltaba ó seu estado redondeado.

Foi unha nena que cheghou de súpeto, sen que ninghén a esperase. Á nai dixéralhe o médico do povo que non ía poder ter nunca filhos. Cando quedou en estado, foron os pais mais felises do mundo.

A nena cresía e soio vía ó seu arredor a ghrandesa dos seus pais e da naturalesa que a rodeaba. Cando súa nai fasíalhe un vestido novo, era uhna festa. Cando seu pai cheghaba da feria cun porquinho, era unha festa. Cando estreou unhas socas, ese día foi unha festa. Sua nai dixéralhe que esas socas eran porque xa iba sendo unha mosa, e unha mosa coma ela tinha que ter socas.

Non botaba de menos ninghunha das cousas que os outros rapases tinhan. Ela sentíase a mais afortunada do mundo cada ves que o sol ponhíase detrás do monte e vía o espetáculo sempre distinto das cores que fasía o sol ó non querer meterse e dar paso á noite. Ou cando unha cadela xoghaba á súa beira, ou cando súa nai cosinhaba un biscoito.

Un día, a nai deuse conta de que nunca lhe reghalara nada por reis. Bastábalhe con selebralo cunha rosca que unha vesinha reghalaba á rapasa dende que ela nasera. Un luxo para eles que o aghradesían coma se lhes houbera tocado a lotería. Pensou que non ía presisar cartos, ela ía faserlhe unha boneca.

Pedíu ó pai que lhe dera forma a unha rama das que tinhan para faser o lume na lareira. A boneca tería corpo, pernas e brasos que ela íase encarghar de xuntalos cun troso de arame do que tinhan para arreghlar o valado das ghalinhas. Con moito coidado, colheu ela a navalha e afinoulhe o pescoso. Xa tinha unha boneca. Habería que adornala. Cun troso dun refaixo velho fíxolhe un vestido que do usado que estaba o refaixo, paresía que estaba feito coa seda mais fina que poidera atopar unha raínha. Recortou do seu vestido de noiva uns lasinhos e con sera dunha vela, fixo unhas contas para que a boneca tivera un colhar e unha pulseira.

Chegou o día de Reis e cando a rapasa veu a boneca enriba da mesa botou un berro de ledisia. A nai sentíuse chea de satisfasión. Súa filha tinha despois de tantos anos unha reghalo, coma tódolos rapases que vivían no povo. Ese ano ían poder baixar á prasa coa rapasinha para que xoghase coa boneca e partisipar da aleghría cos outros rapases que alí estaban.

A nena ía felis. Cando o caminho de terra molhada foise convertindo en rúas de pedra, os berros dos rapases cos seus xoghetes novos avisáronlhe de que xa estaba na prasa. Botou unha olhada e a súa felisidá volveuse unha punhalada no corasón.  MIrando ó seu arredor, víu camións de prástico brilhante, bonecas de cabelos loiros que pechaban os olhos cando se deitaban, carrinhos para levar esas bonecas e o seu mundo estalou diante das das súas narises. Nese intre, xa non era unha nena. Volvéuse de súpeto maior. Pideulhe ós seus pais voltar á casa e cando cheghou alí, meteu a boneca no baúl da roupa.

Esa xoven, logho mulher, tódolos anos por Reis, reghalaba á súa nai unha boneca das mais bonitas que atopaba e ponhíalha no salón da casa que ela mercara para os seus pais, orghulhosos de que a súa filha fora capás de cheghar ata donde cheghara.

Sendo xa velha, rodeada dos seus filhos, ensinoulhes a boneca que lhe regalaran os seus pais. Seu maior tesouro.

Apertas.

7 comentarios:

  1. Femia, moito me gusta cando escribes cousas bonitas, sen coitelos,nen sangue.
    Asì podemos apreciar a tua parte senbsible e agarimosa e casi, casi nos convences de que eres boa e doce, esquencendo dese xeito o perigo que tes.

    ResponderEliminar
  2. Unha preciosidade, Femia, outra xoia das tuas. Grande aperta a todos e boas festas.

    ResponderEliminar
  3. Su mayor tesoro.
    Qué bonito, Femia. ¡FELIZ NAVIDAD!
    Bico.

    ResponderEliminar
  4. Súmome á opinión de Santano e ao desexos de Glub e Gata. Estou pouco orixinal con tanta festa ; )

    ResponderEliminar
  5. Xa ves Santano, tamén tenho o meu corasonsinho. Pero pode mais o meu lado castrador.

    Ghata, tamén para ti bo Nadal.

    Ghlub: Boas festas, non sei se irá o Apalpador ata onde estás. Non lhe faghas caso ó Santa ese que anda por alá.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Moi bo, Femia. Tiven que sorber os mocos.

    Feliz Nadal.

    ResponderEliminar
  7. Femia aproveita e da un Golpe de Estado, e quítanos da dictadura de Cota. Quen foi a Sevilla perdeu a silla e quen foi a Chicago mandárono ó carallo, con rima asonante, que tamén vale.

    ResponderEliminar