sábado, 3 de diciembre de 2011

TI QUE DIS, OU?


Por Femia Castradora


Ás veses non falo. Non por nada, soio que hai veses que non tenho nada que disir. Penso que é unha boa maneira de estar con xente da que podes aprender, sempre que antes saibas a quen vas a escoitar, porque se os que falan falan por falar, entón perdiches o tempo.

Se che pasa iso, pode ser que a xente che mire mal, coma se foras un asosial,  ou que cando faghan unha festa non se acorden de ti. Se non che importa, ben. Pero se eres unha persoa das que nesesitan o reconhesemento dos seus conxéneres coa tua verborrea abraiante e non sabes coma vas faser para loghralo, tes que botar man de refráns, frases feitas e demais, que é algho que sempre funsiona, e coma acostuman ser verdades coma templos, ninghén vai disir que eres parvo, que non sabes o que falas.

Imos ver e profundisar (non moito, a verdá) nelas:

- "Amighinhos si, pero a vaquinha polo que vale": ghran verdade, pero podes quedar coma un ronhoso. A xente que che oe desir iso, non che vai pedir nada, xa perdiches a confiansa do auditorio. Daste conta dese inconvinte nada mais terminar de desila e ver a cara dos que tes ó lado.

    * Cando usala? Cando estás nunha reunión e ves que os que tes ó redor fanse o despistado cando o camareiro trae a conta.

- "Augha que non vas beber, déixaa correr". Era verdá antes do cambio climático. Aghora non podes deixar a bilha aberta nin para que se quente a augha da ducha. Tes que faser o minuto heróico coma os do Opus, aínda que a motivasión é distinta, os dous acabaredes  cunha pel tersa e suave , ademais das vantaxes que supón a augha fría na sirculasión sanghuínea.

   * Cando usala?. Mais ben cando non usala: en sirculos de xente consiensiada coa ecoloxía e o medio ambiente.

- "Para quen non quere tenho eu moito". Aí, indinado e con retintín! Que ninghén pense que  deixas pasar as cousas ou que che molesta a neghativa de alghén. Para qué o nesesitas? Pior para el. Vamos home, érache o que faltaba!

   *Cando usala?: cando invitas a uns amighos a sear na casa e póste a faser pratos de alta cosinha. Hai xente que non entende que non foras capas de atopar nitróxeno líquido. Desaghradesidos ó fin e ó cabo.  

- "O Sil leva a augha e o Minho a fama". Con este vas quedar coma unha raínha ou un rei, dependendo de quen o digha. A ver que vai ser iso, a cada quen o que lhe corresponde, que isto non é unha telenovela chea de inxustisas.

    *Cando usala? Queda moi ben cando vaias de escursión polas beiras do Sil. Tes que mover a cabesa dun lado a outro e soltala. Non debes disir nada mais. Haberá un silensio e deixarás a todos coa boca aberta.

-"A chorar a Canghas!". Os de Canghas xa están fartos de tanta choromiqueira e van tomar medidas. Van faser un  choródromo, coma o botelhódromo de Pontevedra, que hai vesinhos que non poden durmir con tanto hipo e limpar os mocos. Tamén os hai sensibles que pasan o día chorando en soliedaridade cos que van alí a chorar, e os pobres non ghanan en disghustos alheos.

     * Cando usala? Cando queiras, que os de Canghas xa están acostumados e o levan cada ves melhor. 

Apertas.

8 comentarios:

  1. Rínme un cacho, Femia. Grazas. Xenial o de soltar a frase do Sil pola beira do Sil e movendo a cabeza!!

    ResponderEliminar
  2. Para Glub: o de analytics vai xenial, meu.

    ResponderEliminar
  3. Marchando!!
    Oe, ou mentíchesme o xoves ou Jabois non pasa polo galpón... :-)
    ("Yo también quiero", dijo el envidioso)

    ResponderEliminar
  4. Moi bo, botei unhas risas. Non coñecía o de chorar en Cangas

    ResponderEliminar
  5. Manuel e Non sen minha Femia: Moitas ghrasias, sodes tan riquinhos!

    Ghlub, eu sempre pensei que eres unha xoia. Melhor Maison Cota, que che dá mais ghlamur.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Femia Dora Castro, moi bó.
    O de ´´pra que non quere, teño eu moito´´ eu coñecíala como: ´´ pra que non quere, teño eu de mais´´,ou´´ ¿non queres caldo? tres cuncas´´, finalmente, é o mesmo.
    O de chorar en Cangas, tamén e un clásico e a verdade, as veces que fun alá so me divertín e reín, teréi que voltar un día melancólico a ver si me saen a magoas.
    Bicos.

    ResponderEliminar