sábado, 28 de enero de 2012

O CONSULTORIO DE FEMIA.



Por Femia Castradora
Levo tempo oservando que hai xente que nesesita que eu lhe axude, ben sexa polas dúbidas ante alghúna cousa, porque non tenhen ghanas de pensar ou porque non tenhen outra cousa coa que pasar o tempo. Tamén hai outra xente que escrebe ó blog e dime cousas. Ahí está rápido o Ghlub e non as pubrica.
Pois para todos eses que se toman a molestia, voulhes adicar un día de cando en ves para responderlhes. Os comentarios chunghos do blog, son os anónimos, que Ghlub mos manda para que tenha unha idea do que me din. As outras incónitas son de xente que lhe preghunta a el pola rúa ou ó tomar unhas cuncas por ahí. Tamén faimas cheghar, xa que a mín ninghén me preghunta nada porque non saben quen son eu.
  • Anónimo: ¿Por qué eres tan friki?.
Anónimo: ti aínda non viches frikis. Parese mentira que non estés moi enterado xa que tes un ordenador e por ahí saen moitos. Mira en lhutú e na tele, ahí saen a patadas. Tamén podes sair a ver mundo e non perder o tempo en faser preghuntas coma esa.
  • Carlos: ¿Cuáles son tus preferencias sexuales?
Home, eu penso que está moi claro. Para qué se non sou castradora? Eu vou buscando un home que me poida satisfaser. Mentras tanto, vou deixando o meu recordo en homes que atopo por ahí.
  • Anónimo: Dame una receta.
    Reseita para qué? Suponho que será de cosinha, porque se fora de outra cousa o porías por alghún lado. Non sei se saberás que eu non son moi boa cosinhando, pero ahí vai unha: colhes unha bola de pan e curtas un cacho dependendo da fame que tenhas. Logho colhes a tona que se lhe fai por riba ó leite (ten que ser leite da casa, o do super non fai tona adecuada) e poslha enriba do pan. Bótaslhe sucre e a comer! A ver se che ghusta, a mín non.
  • Olivia: ¿Cuánto te ha durado tu pareja más estable?
    Parelha estable? E iso qué é? Un home que non cae ó chan? A parelha que mais me durou, pero que non era estable coma ti dis, foi un equilibrista moi malo que atopei nun sirco. Duramos quinse días, sen contar unha semana que pasou no hospital cando o operaron dunha perna.
  • TUCHO: ¿cREES QUE DEBERÍAN VOLVER LOS tONECHOS?
Vaia preghunta! Pois claro que si. De non ser polo Luar, non sabería que ver na tele. Síntome orfa dende que non os botan. Esixo unha espricasión a semelhante aldraxe. Para unha ves que me ghustaba algho, van e o quitan. Tucho, deixaches apretada a tecla de que di Bloq Maiús.

Apertas.

2 comentarios:

  1. Mándaos a o carallo, tanto preguntar, tanto preguntar... co o que tes que facer.

    ResponderEliminar
  2. "Tucho, deixaches apretada a tecla de que di Bloq Maiús."
    Me parto.
    Pero me aguanto y no escribo eso de jajajajajajajajajajaja
    Grande, Femia.

    ResponderEliminar