Eiquí estou, logho de non apareser a semana pasada.
As voltas que da a vida, hai que ver. Unha mulher xoven,
ghrásil, chea de vida e con ilusións renovadas día a día, cando menos o pensas
salta o pelighro.
Estaba eu na minha casa, sen moito que faser, a verdade sexa
dita. As castradoras non somos moi dadas a trabalhar co frío que temos estes
días. Temos as mans entumesidas e non é
o mesmo trabalhar con ghuantes de lá. É
coma se unha operasión de microcirurxía se fixera co coitelo do churrasco. O
resultado non é o mesmo.
Pois logho, non sabía ben qué faser. E fun ó faiado. Púxenme a revolver e atopei cousas das minhas
antesesoras, cousas sen importansia. Coma a declarasión que fixo un home antes
de que a minha avoa o castrara. Era un americano que dixera a todo o mundo que
o mandaran á lúa. Todo mentiras, foi un invento da Sia, xunto con uns de
Ghólibu.
Atopei unha polaroi desas que estiveran de moda fai uns anos
e que minha nai comprou porque desía que era
o futuro da fotoghrafía. Ai, se a pobre levantara a cabesa! Aproveitei e
desidín faser unhas fotos de marcado carater retro, pero temática atual.
Aproveitando que tinha a Marela e ó meu cocho vienamita
acampados na sala da minha casa pola friaxe que ía na corte, colhínos de
modelos. Logho de maquilhalos, por iso de que os brilhos non perxudicaran a
calidade das fotos, ponherlhes perrucas loira e con bighote a Marela e longha e
pelirroxa a Ponto e Final, o cochinho, desidín recrear unha esena na que Ponto
e Final ía castrar a Marela. Unha transghresión total, con cambio de sexos e
animaladas que ata Almodóvar ía flipar.
Para ser mais realistas, púxenlhe un coitelo agharrado con
selo na pesunhinha de Ponto e Final e para que tivera unha espresión mais
realista, dinlhe a comer unha ghominola desas que paresen pementos e que pican
a dios. Daba medo a cara que puxo e Marela ó ver ese porco faser cousas raras e
saltar cun coitelo atado na pesunha mentras a perruca dábalhe un aire de
estrela de sine, coa melena ó vento,
botou a correr e bateu contra min xusto no intre de faserlhe a
foto. Salíu unha foto moi dinámica, con
unha vaca con bighote escapando dun porco entolesido, cos olhos fora da cara e
cun coitelo brilhante polo flás no medio da esena. Vouna ponher nun marco.
O peor foi despois, que non había quen parara a Ponto e
Final, que ía coma un cabalo desbocado pola sala adiante, co pelighro que
suponhía o coitelo peghado no seu lacón dereito. Compendín nese intre que lhe
puxera o nome adecuado ó porco. Eu ía morrer na minha casa a pesunhas dunha
castradora porca e travestida que non
paraba quieta nen un seghundo.
Foi un momento no que dixen: Femia, ata eiquí cheghaches, vas
morrer na fror da túa vida, sen haber conhesido home que valera a pena e che dera unha filha que poidera seghir a
tradisión familiar.
Non sei coma salín viva. Soio sei que estiven ese día sen
poder faser nada, nen siquiera ensender o ordenador da impresión que me deu.
Nin comín ata que se me foi o susto, nin unhas filhoas me pasaban pola
ghorxa.
Comprendín que son unha mulher cunha corasa, pero que tamén
ten sentimentos e medos que vanme servir para entrar na pel de outras persoas e
ver as cousas de outro xeito.
Pois nada, aghora vou a ponherme co meu, que si non castro,
perdo a prática e non pode ser.
Apertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario