Por Femia Castradora
Pontevedra, praza de Ferreiría, 9.20 h do día dos namorados.
Saín a trabalhar coma tódolos días. Non sabía o que ía descobrir.
Un sae da casa sen consiensia do que vai topar e cando pensa que vai ser un día
coma calquer outro, tópaste coa sorpresa de que é algho espesial.
Sentei nun banco dos que hai na prasa e púxenme a oservar as pombas, que cada ves hai
mais e aínda así están en minoría de forsa coas ghaivotas, nova espesie para
que os nenos da vila boten milho logho de saír da misa do domingho.
Tamén escoito. Moitos dos melhores momentos da minha vida
paseinos escoitando a xente. Xentes
anónimas, doantes de sabedoría, curiosidades e tamén de parvadas, según sexa o
que fala, coma é natural.
Ó meu carón, no banco do lado, tres homes duns trinta anos.
Cando cheghei, a discusión xa estaba na metade, pero a min ghústanme máis así, é coma ver unha
película empesada e ir descobrendo a trama pouco a pouco:
–
Qué dis, home, iso non é así.
–
Ti non sabes nada, é un ovo, neghro, que ponhen
unha ves ó ano. Non serve para comer, nen para nada. Non se sabe por que o
ponhen nen para que, pero unha ves ó ano, ponhen un.
–
Estás parvo, non pode ser.
–
Pois vas ver, isto sábeo un home de ghranxa, vou
buscar un.
Érghese e vai ata un velho que pasa pola prasa:
–
Oigha, vostede sabe se os ghalos ponhen un ovo
neghro unha ves ó ano?
O home ponse a mirar ó seu arredor a ver se atopa as gharitas
que a teuveghá ponhía cando fasía o proghrama de cámara oculta. E dí temeroso:
–
Non, eu non sei diso.
–
Nunca ouvíu o do ovo neghro que ponhen os
ghalos?
–
Non, non ouvín nada.
O home vaise botando olhadas para ver se ve a furghoneta da
tele, mentras o da dúbida vai para o banco e di ós seus amighos:
–
Pois isto teno que saber alghén que trabalhe con
animais. A ver se hai alghún home que trabalhe nunha ghranxa.
Coma xa era tarde, funme a trabalhar, dándolhe voltas ó do
ovo neghro dos ghalos.
Pensei que se iso fose verdade, e sabendo coma se sabe que os
ghalos son os ghalhitos do curral, o pobre ía quedar parvo cando puxera un ovo,
ademais neghro e que non valía nen para faser unha mísera tortilha fransesa, ou
coselo para rechealo de atún, ou o que sexa. Ía perder a credibilidade de
tódalas ghalinhas. “Mira, o ghalo puxo un ovo neghro, isto qué é? De qué vai?
Vaia merda de ovo, que non vale para nada”
Hai que ver, qué cousas.
Iso é ó que nos leva estar papando moscas na Ferreiría ás nove da manhá.
Melhor estar a durmir.
Apertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario