Por Femia Castradora
Non sei que pasa. A xente tolea. Un home saca o sinto e vai peghar a unha manifestante pro Palestina. O machinho feito home, non dubida en levantar a man para darlhe unha somanta de latighasos á rapasa. Logho dase conta de que non estaba a peghar á súa mulher ou filhos na casa e córtase vendo as cámaras e a cara da xente que estaba no acto.
Debeuse sentir coma Xesús botando ós
mercaderes do templo. Venha, latighasos a dereita e esquerda, que vaian
aprendendo. Se Xesús voltara á terra hoxe en día ía ser outra cousa. A Virxe
María ía ser protexida da violensia estructural por Ghallardón, logho de vela
espricando o seu caso no Diario de Patrisia. E Xesús sería un manifestante do
15 M, con rastas e disposto a acabar co sistema rompendo caixeiros e entrando
nas tendas de Inditex látigho en man.
Tamén soubemos dun imán que conta ós seus
seguidores coma se pode faser para peghar ás mulheres sen deixar marcas. Todo
moi de lavar a roupa susia na casa.
Sempre nosoutras, non sei porqué. Temos que ser sempre as que paghan
as frustrasións de alghúns homes (cada ves son menos, tamén hai que
desilo), que pensan que as mulheres
están ahí para ser empreghadas con menos soldo que os homes, caladinhas
e que se se lhes ocurre ir por onde non queren eles, sacan o sinto ou a toalha
molhada e para adiante, sen cortarse.
A culpa de todo isto tena “mulheres,
homes e viseversa”, onde rapasas e rapases con pouco serebro, van á tele para
ver se cheghan a ser conhesidos pola xente do seu pobo e faser bolos polas discotecas
(por serto, vin carteis de que anda por eiquí Fabián, que se queredes conheselo
podedes ir a non sei que discoteca. É coma ir a unha conferensia de Punset,
pero con cubatas e sen que tenha nada que desir o conferensiante, que xa non se
espera nada de el, soio que leve unha camisa que non o deixe respirar,
ensinando musculinhos e leve ben posto o pelo).
Isto é o que hai.
Apertas.
Femia, lo que tienes que hacer ya bien lo sabes.
ResponderEliminarAfila los utensilios. Yo voy de aprendiza y llevo el licor café
Venha, Ghalegha! Vinghador está listo, soio falta o licor café. Cando quedamos?
ResponderEliminarFemia, acabo de escuchar el vídeo que habías colgado. Me ha encantado esta versión. Mucho.
ResponderEliminar