sábado, 10 de marzo de 2012

Mulheres, homes e viseversa



Por Femia Castradora

Non sei que pasa. A xente tolea. Un home saca o sinto e vai peghar a unha manifestante pro Palestina.  O machinho feito home, non dubida en levantar a man para darlhe unha somanta de latighasos á rapasa. Logho dase conta de que non estaba a peghar á súa mulher ou filhos na casa e córtase vendo as cámaras e a cara da xente que estaba no acto.

Debeuse sentir coma Xesús botando ós mercaderes do templo. Venha, latighasos a dereita e esquerda, que vaian aprendendo. Se Xesús voltara á terra hoxe en día ía ser outra cousa. A Virxe María ía ser protexida da violensia estructural por Ghallardón, logho de vela espricando o seu caso no Diario de Patrisia. E Xesús sería un manifestante do 15 M, con rastas e disposto a acabar co sistema rompendo caixeiros e entrando nas tendas de Inditex látigho en man.

Tamén soubemos dun imán que conta ós seus seguidores coma se pode faser para peghar ás mulheres sen deixar marcas. Todo moi de lavar a roupa susia na casa.

Sempre nosoutras, non sei porqué.  Temos que ser sempre  as que paghan  as frustrasións de alghúns homes (cada ves son menos, tamén hai que desilo), que pensan que as mulheres  están ahí para ser empreghadas con menos soldo que os homes, caladinhas e que se se lhes ocurre ir por onde non queren eles, sacan o sinto ou a toalha molhada e para adiante, sen cortarse.

A culpa de todo isto tena “mulheres, homes e viseversa”, onde rapasas e rapases con pouco serebro, van á tele para ver se cheghan a ser conhesidos pola xente do seu pobo e faser bolos polas discotecas (por serto, vin carteis de que anda por eiquí Fabián, que se queredes conheselo podedes ir a non sei que discoteca. É coma ir a unha conferensia de Punset, pero con cubatas e sen que tenha nada que desir o conferensiante, que xa non se espera nada de el, soio que leve unha camisa que non o deixe respirar, ensinando musculinhos e leve ben posto o pelo).

Isto é o que hai.

Apertas.


3 comentarios:

  1. Femia, lo que tienes que hacer ya bien lo sabes.

    Afila los utensilios. Yo voy de aprendiza y llevo el licor café

    ResponderEliminar
  2. Venha, Ghalegha! Vinghador está listo, soio falta o licor café. Cando quedamos?

    ResponderEliminar
  3. Femia, acabo de escuchar el vídeo que habías colgado. Me ha encantado esta versión. Mucho.

    ResponderEliminar