sábado, 24 de marzo de 2012

OS TRIFÁSICOS


Por Femia Castradora

Sempre tiven a impresión de que cando me ponho a xuntar letras soio hai uns cantos que perden o tempo a leelas (hai alghén ahí?). Non pensedes que para min é doado. Aínda que son unha mulher botada para adiante, dame un non sei que pudoroso. Aghora, para amolar, aínda haberá alghúns que farán o seu comentario, que espero que Ghlub o borre convintemente, aínda por riba ter que aghuantar mamóns. Despois de este momento de confesións íntimas que non venhen ó caso, vou ó tema.

Os trifásicos, que están moi de moda. En Pontevedra estamos moi acostumados a este tipo de enchufes, non sei se saberedes que esta sidade foi das primeiras en ter lus elétrica. Xa apuntabamos maneiras dende os tempos da revolusión industrial.

Todos sabían que se querían un, soio tinhan que ir co casique de turno, que tamén en eso éramos do melhorinho que había pola comarca, coma ben se pode apresiar na cultura popular e que eu, para darlhe un aire máis empírico á cousa, vou reprodusir na cansión que tenho que ponher xunto co testo.

Cóma iba iso? Pois un home calquera (digho home, porque de aquela eran case sempre os homes os que querían un trifásico, as mulheres estaban na casa parindo e con sorte, se o trifásico era potente, aspiraban a ter unha mosa que as axudara na casa), iba co aministrador de trifásicos e logho de esperar un tempo convinte na salinha a que se cambiara o uniforme xoseantoniano, que era o que se levaba de aquela para calquer tipo de inaughurasión, prosesión, ou calquer outro ato no que se requerira a súa presensia (non vexades coma molaba de aquela, era coma o uniforme dos capulhos nos anos oitenta, o dano que fixo “Ofisial e Cabaleiro” nesta sidade, ou non, rapases de eses anos?), trataba co demandante do enchufe, comprobando que era da súa corda, e repasando a súa familia, non vaia ser que tivera un curmán dos que estaban un pouco colorados.

Repasado toda a vida e obra do solisitante, o enchufador failhe saber: “débelslhe obediensia ó padrinho”, esto hai que leelo con vos aghuardentosa e un pouco calmada, coma  se foras sisiliano de toda a vida. Logho de este requisito, ás poucas semanas, o trifásico xa estaba feito, con ghran aleghría do home, que pasaba a trabalhar no hospital, ou na diputasión, ou no conselho, ou na Caixa de Aforros, depende onde houbera  trifásicos disponhibles nese momento. E todos felises. Ó cheghar as datas sinaladas, había que ir á casa do trifasiqueiro a rendirlhe pleitesía e levarlhe unha selesión de produtos da matansa, ovos, ghalinhas ou cousas así.

Aghora non pasa iso. Xa sabedes que queren aprobar unha lei de trasparensia, a ver por que contratan a xente os políticos, ou canto ghanhan. Vamos, que vai ser eso mais leido que cando botan no Hola a Jesulín falando de se lhe embarghan á irmá.

Xa se acabou todo iso dos trifásicos en todo o territorio. En todo o territorio? Non! Unha aldea de trifásicos pobrada por irredutibles xentes resiste aínda e sempre ó invasor. Chámase empresa privada (Telefónica, Ghas Natural...), que lhe fan a vida máis doada ós homes de ministras, portavoses, e demáis xente que non se conforma con ter tres ou catro soldos.  Eso é para compretar os inghresos da   familia. Son as axudas familiares dos ricos.  Alghunhas cousas non cambian.

Apertas.

1 comentario:

  1. O presidente íase que temos, é dos trifásicos, dixo él que foi a inaugurar enchufes, non acordo onde. Era mozo, haberá que perdoalo.

    Unha aperta

    ResponderEliminar