sábado, 21 de abril de 2012

O REI DA SELVA

Por Femia Castradora

"Eu son  o rei do jazz a gogó..." ( Rei Lui, 1967)

Non sei por onde empesar. Suponho que non saberedes nada de isto, e síntome no deber de comentárvolo.

O rei caíu e rompeu a cadera. Si, pobrinho,  á súa idade. Pero non tenhades medo, non vai abdicar. Dito iso, imos ó tema:

Os reis, de cando en ves, van a casar. Quero disir que colhen unha escopeta e líanse a tiros contra animais, que andan polo mundo enteiro. Porque o divertido é casar animais variados, os coelhos non  valen. Tenhen  que ser osos ós que puxeron finos de licor café (eu quero morrer así, ata arriba de licor café, non chea de cartuchos ghrasias ó rei), ou elefantes, que son as pesas preferidas polos reis xa de serta idade, por eso de asertar á primeira. Ahí non faias aínda que deixes as ghafas na casa.

Pois enton, iba casar elefantes. Non sei se os casou ó final, pero o que sí sei é que resbalou e caeu. Ahí, nese mesmo intre, o sistema nasional de saude comensou o rescate real. Logho hai moitos que critican os recortes na sanidade, pero este é un bó exemplo de que funsiona: trouxérono nun avión dende Bostwana, porque, naturalmente, no parque de Donhana non hai elefantes e non vale para casar ese tipo de animais.  Cando cheghou a Espanha xa estaba todo preparado para  que o operaran, ese día non había moita xente en urxensias e o levaron diretamente ó quirófano. Tivo sorte, porque cando a minha vesinha Amalia caíu polas escaleiras, levárona a Monteceselo e tivo que esperar horas a que a atenderan nunha camilha no pasilho.

Despois da operasión, que ghrasias a deus saíu todo moi ben, foino a visitar a mulher. Non vexas coma a puxeron, que si non foi o primeiro día, que  cando cheghou soio estivo quinse minutos... A pobre mulher tivo que quedar tres horas ó día seghinte, para que viran todos que a mulher do Sésar non soio ten que ser honrada, senón tamén pareselo. 

O que nos importa é o rei. Saíu ós catro días da operasión, se estivéramos en Corea do Norte os pelotas dirían que ten unha capasidade de recuperasión propia de deuses. Pero non o dixeron. Estiveron marabilhados porque dixo que non o ía faser mais. Ahí sacaron a batería de adxetivos, dos que xa estou un pouco farta, a ver se son un pouco mais orixinais a próxima  ves: campechano, humilde, sinxelo... Non dixeron nada da cara que puxo o acabar de desilas. Paresía que iba disindo "ti espera, que cando cheghe a palasio, o que escribíu isto vaise acordar de hoxe".

Mais ou menos, foi así. Se non vos enterachedes, aghora xa o sabedes.

Apertas.


3 comentarios:

  1. Mellor non se pode contar, raíña mia

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Moitas ghrasias, Ghalegha. Xa estás apuntada para unha mariscada onlain.

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Femia, tu todo lo haces online. A ver si un día te muestras.

    ResponderEliminar