lunes, 27 de agosto de 2012

MIRA COMO VENHO!!!


Por Femia Castradora


Hoxe vou analisar un área do comportamento humán. Para iso vou utilisar coma base una cansión popular, que  me vén coma anel ó dedo.

Hai veses que os homes van por tabaco e volven coma poden, mareados e algho desubicados da realidade. Aí vese a inosensia de alghúns, que pensan que poden cheghar á casa nesas condisións sen sufrir consecuencias lóxicas por parte da súa dona, parelha, companheira, ou o que sexa, porque ímonos sentrar nunha parelha convensional, pero pode valer para calquer tipo delas.

Imos empesar co eseario da historia: Unha casa, que para os que non poidan faser uso da súa imaxinasión pode ser un piso de dúas habitasións, un chalé na praia, una comuna xipi ou calquer outro lugar onde conviva a parelha.

A cansión dí: “éche un andar miudinho o que eu traio”. Bueno, mais ben iso  pónhoo moi sintetisado, porque en realidade a cansión dí moitas veces miudinho e logho repite varias veces a frase. Ímos ver, xa empesamos mal. Por que leva un andar miudinho? Podemos sacar a conclusión de que vai dando tumbos e xa non pode coa súa ialma. Iso non é un bó prinsipio, mais ben todo o contrario.

Sighe: ”eu traio una borracheira…” Aí está a clave da cousa. O home non ven coma deus manda,confesa sen verghonsa que vai coma una cuba.  Normalmente, aghradésese a sinseridade na parelha, pero neste caso non é boa idea soltalo así, de súpeto, sen comprobar primeiro algho tan primordial coma pode ser o estado de ánimo do interlocutor, normalmente a mulher, que xa se cheiraba que algho pasaba cando ouviu ó seu home entrar andando miudinho e xa andaba mosqueada pola raresa da cheghada. Tamén é importante a hora, aínda que non sei que pode ser pior, se cheghar cunha borracheira ás catro da manhán ou ás seis da tarde. En calquera dos casos a cousa pinta mal. Normalmente as mulheres non nos solemos caracterisar por comprender este tipo de situasións. Aínda que  seghuramente xa o saberedes a maioría dos homes que ledes isto, logho de comprobalo na propia carne. Definitivamente, non é boa idea reconheselo, sempre queda melhor disir que sentouvos mal a  sea, ou que o taberneiro  deuvos gharrafón. Nunca, nunca, pero nunca xamais hai que confesar que se leva una borracheira.
“… de vinho, que augha non bebo oó…“ érache o que faltaba, por riba de cheghar nesas condisións á casa, por riba, o tipo non bebe augha. Co tempo haberá que aghuantalo con problemas de fíghado polo abuso de alcól, iso sin olvidar  que os riles van sufrir moitísimo, xa que din por aí que hai que beber polo menos dous litros de augha ó día. Tamén terá un home arrughado, xa que a súa hidratasión vai ser moi insufisiente e todas sabemos que o final iso repercute na tersura da pel.  Ou sexa, que logho de burros apaleados. O que hai que aghuantar.
Despois dí o home: “…mira Maruxinha, mira, mira como eu venho oó”. A ver, ti eres parvo ou qué? Pensas que Maruxinha vai quedar de brasos crusados logho diso? Venha, home, non sexas tan inxenuo. Maruxinha vai agharrar un cabreo que vas ver coma se trasforma en Maruxona. Desta ves non vai haber quen che salve. Moito vas ter que espabilar e purgar as túas culpas.
Por se Maruxinha non está informada do tema, volve a repetirlo, o que será a perdisión dese home con pouca cabesa, afisionado ás chiquitas na taberna.  A próxima ves, leva a Maruxinha contigho e non haberá problema.
Apertas.     

2 comentarios:

  1. Miña querida Femia, non sei por que imaxínote mais a ti cantado iso a teu home para xustificar algunha de túas escaramuzas castradoras.

    Dille a Cota que nos ten que presentar. Ando a guardar unha botella de licor café fai tempo para tomar man a man e-lle de cantar a Maruxiña isto.

    http://www.youtube.com/watch?v=wmS_X-CbCbY&feature=related

    ResponderEliminar
  2. Ghalegha: moi boa a cansión. Non sei se Cota nos podería presentar, aínda que me ghustaría, porque aínda el non sabe quen son.

    Ese licor café é unha tentasión.

    Bicos.

    ResponderEliminar