Por Femia Castradora
Hoxe vou analisar
un área do comportamento humán. Para iso vou utilisar coma base una cansión
popular, que me vén coma anel ó dedo.
Hai veses que os
homes van por tabaco e volven coma poden, mareados e algho desubicados da
realidade. Aí vese a inosensia de alghúns, que pensan que poden cheghar á casa
nesas condisións sen sufrir consecuencias lóxicas por parte da súa dona,
parelha, companheira, ou o que sexa, porque ímonos sentrar nunha parelha
convensional, pero pode valer para calquer tipo delas.
Imos empesar co
eseario da historia: Unha casa, que para os que non poidan faser uso da súa
imaxinasión pode ser un piso de dúas habitasións, un chalé na praia, una comuna
xipi ou calquer outro lugar onde conviva a parelha.
A cansión dí: “éche un andar miudinho o que eu traio”. Bueno, mais ben iso pónhoo moi sintetisado, porque en realidade a
cansión dí moitas veces miudinho e logho repite varias veces a frase. Ímos ver,
xa empesamos mal. Por que leva un andar miudinho? Podemos sacar a conclusión de
que vai dando tumbos e xa non pode coa súa ialma. Iso non é un bó prinsipio,
mais ben todo o contrario.
Sighe: ”eu traio una borracheira…” Aí está a clave
da cousa. O home non ven coma deus manda,confesa sen verghonsa que vai coma una
cuba. Normalmente, aghradésese a
sinseridade na parelha, pero neste caso non é boa idea soltalo así, de súpeto,
sen comprobar primeiro algho tan primordial coma pode ser o estado de ánimo do
interlocutor, normalmente a mulher, que xa se cheiraba que algho pasaba cando
ouviu ó seu home entrar andando miudinho e xa andaba mosqueada pola raresa da
cheghada. Tamén é importante a hora, aínda que non sei que pode ser
pior, se cheghar cunha borracheira ás catro da manhán ou ás seis da tarde. En
calquera dos casos a cousa pinta mal. Normalmente as mulheres non nos solemos
caracterisar por comprender este tipo de situasións. Aínda que seghuramente xa o saberedes a maioría dos
homes que ledes isto, logho de comprobalo na propia carne. Definitivamente, non
é boa idea reconheselo, sempre queda melhor disir que sentouvos mal a sea, ou que o taberneiro deuvos gharrafón. Nunca, nunca, pero nunca
xamais hai que confesar que se leva una borracheira.
“… de vinho, que augha non bebo oó…“ érache o que
faltaba, por riba de cheghar nesas condisións á casa, por riba, o tipo non bebe
augha. Co tempo haberá que aghuantalo con problemas de fíghado polo abuso de
alcól, iso sin olvidar que os riles van
sufrir moitísimo, xa que din por aí que hai que beber polo menos dous litros de
augha ó día. Tamén terá un home arrughado, xa que a súa hidratasión vai ser moi
insufisiente e todas sabemos que o final iso repercute na tersura da pel. Ou sexa, que logho de burros apaleados. O que
hai que aghuantar.
Despois dí o home: “…mira Maruxinha, mira, mira
como eu venho oó”. A ver, ti eres parvo ou qué? Pensas que Maruxinha vai quedar
de brasos crusados logho diso? Venha, home, non sexas tan inxenuo. Maruxinha
vai agharrar un cabreo que vas ver coma se trasforma en Maruxona. Desta ves non
vai haber quen che salve. Moito vas ter que espabilar e purgar as túas culpas.
Por se Maruxinha non está informada do tema, volve
a repetirlo, o que será a perdisión dese home con pouca cabesa, afisionado ás
chiquitas na taberna. A próxima ves,
leva a Maruxinha contigho e non haberá problema.
Apertas.
Miña querida Femia, non sei por que imaxínote mais a ti cantado iso a teu home para xustificar algunha de túas escaramuzas castradoras.
ResponderEliminarDille a Cota que nos ten que presentar. Ando a guardar unha botella de licor café fai tempo para tomar man a man e-lle de cantar a Maruxiña isto.
http://www.youtube.com/watch?v=wmS_X-CbCbY&feature=related
Ghalegha: moi boa a cansión. Non sei se Cota nos podería presentar, aínda que me ghustaría, porque aínda el non sabe quen son.
ResponderEliminarEse licor café é unha tentasión.
Bicos.