sábado, 23 de marzo de 2013

Breve elogio de la ballena



A la derecha del alcalde Miguel Anxo Lores se sienta en los plenos el secretario municipal. A su izquierda, una mujer. Yo pensaba que era la esposa de Lores hasta que advertí que no siempre era la misma. He visto al menos a dos. Llevo más de un año sin ausentarme de los plenos, pero hasta esta semana nunca me atreví a preguntar quién era esa enigmática señora. He de mantener mi status de escritor más sobrevalorado de Pontevedra, pero finalmente la curiosidad pudo más que mi status, así que se lo pregunté directamente a un concejal: “¿Quién es la que se sienta a la izquierda de Lores?”. Resulta que es la interventora, según me dijo. 

No me atreví a preguntar qué hace la interventora, por lo que lejos de despejarse, mis dudas se acrecentaron. Un interventor, interventora en este caso, debe ser alguien que interviene, digo yo. Pero ella no ha intervenido jamás. Entonces, un suponer, solamente interviene en casos excepcionales. Quizás el día que, por ausencia de uno o varios concejales, se produzca un empate en una votación. En ese caso, se requerirá la intervención de la interventora: “Dada la situación anómala a la que nos enfrentamos, nuestra interventora Doña María procederá acto seguido a bailarnos un zapateado”. (...) Sigue leyendo en Diario de Pontevedra. Breve elogio de la ballena.


4 comentarios:

  1. Entretenida cronica muy en tu linea, animo

    ResponderEliminar
  2. Una duda que tengo ¿tienes afiliacion politica? ¿no se puede confesar? ¿como conseguiste ser pregonero en cotobade despues del libro de Rajoy? Por cierto, podias colgar el discurso porque alli no conseguimos oir mucho y puede ser interesante. gracias

    ResponderEliminar
  3. Hola, Fraguasa. No, no tengo. Lo de Cotobade, tan simple como que me llamó el alcalde y me invitó.

    El pregón te lo pego aquí. No está del todo completo, ya que improvisé en mdio algunas partes, como un párrafo referido a Manoel Loureiro y alguna más. Ahí va. Lo pego en dos parte porque no cabe en un comentario:

    Benqueridas e benqueridos veciñas e vecinos de Cotobade; autoridades que estén por aquí; querido alcalde:
    Benvidos todos a esta nova festa do Petote.
    Cando o voso alcalde Jorge Cubela ofreceume estar hoxe aquí convosco para compartir o petote, inmediatamente dixen que sí, por moitos motivos. O primeiro deses motivos xa o adivinastes todos con solo mirar ao meu bandullo. Un tipo cun bandullo como o meu nunca rexeitaría un menú como o que temos hoxe. Outros motivos polos que estou aquí, e polos que tamén estades vós, iremos recordándoos nos próximos minutos.

    Pero antes quero decir unha cousa: a Cubela solo lle puxen unha condición: díxenlle: “Jorge, eu quero comer petote. Que quede claro. Esixo comer petote”. Estes sonche do PP, pensei eu, son capaces de pagarme cun sobre con cartos en lugar do petote. Eu non veño a por un sobresoldo. Veño a comer.

    Se nalgún lugar de Galicia tiña que conservarse o petote, se nalgún lugar tíñase que rendir homenaxe ó petote, ese lugar é precisamente Cotobade. Este, que é un dos poucos povos da nosa terra que sempre soubo participar na Historia de Galicia. Aquí, como ben sabedes, dende o tempo da prehistoria, na idade do ferro e do bronce, xa se establecían os nosos antepasados máis lonxanos e deixaban a súa pegada nos vosos petroglifos; aquí estaban os castreños, orixen dos galegos; por Cotobade pasaron romanos e suevos; por aquí había mosteiro e castelo xa no remoto século X. Por aquí loitaron os Irmandiños; aquí batallóu Pedro Madruga.

    E alimentados con bó petote, os veciños de Cotobade botaron aos franceses de Napoleón. Cun canón de pau! Unha xesta heróica e imaxinativa que fixo ferver o patriotismo en toda Galicia. Por tanto, Cotobade é un lugar perfecto para coñecer a Historia de Galicia, porque dende os tempos dos primeiros habitantes ata hoxe, Cotobade foi protagonista dos principais momentos do noso percorrido histórico. E por eso penso que vos honra, como povo galego que sodes máis ca ningún, que rindades homenaxe a ese pan, o petote, que forma parte da nosa Historia. Por eso, tamén, estamos hoxe aquí.


    ResponderEliminar
  4. E por eso quero agradecerlle ao voso alcalde que me invitara. Bueno, eso en caso de que este que está aquí sexa Jorge e non o seu xemelgo Mario Cubela, que con eles nunca se sabe. Cando veñen xuntos a Pontevedra, un pide unha copa e outro bebe té. Non sabemos cal é Jorge e cal é Mario, pero o que bebe té sempre fai de Jorge. Algúns xa empezamos a sospeitar que Mario e Jorge son como o río Almofrei e o Lérez, xa sabedes: un bebe o cubata e outro leva a fama e o coche. E quero tamén agradecerlle a Jorge a súa valentía. Para un alcalde do PP, coa que está caíndo, invitar a un escritor que acaba de publicar unha novela na que é secuestrado Mariano Rajoy, é un exercicio de heroísmo propio dun cotobadense valente. En canto Rajoy se enterou de que eu viña de pregoeiro invitado por Cubela, baixóulle o sueldo.
    Seguimos co petote, que vos desviades do tema: xa que estamos aquí para o que estamos, poñámonos outra vez serios e teñamos ainda unha pequena lembranza para eses nosos ancestros, inventores do petote, que loitaban contra as adversidades e contra a vida inxusta que lles tocara vivir, e que cada día seguían adiante nutríndose de petote, este pan que inventaron cando nos anos máis duros non tiñan outra cousa que levarse á boca para traballar arreo na procura de mellores tempos. Esa é nestes días tan duros para todos unha grandiosa lección. Tamén para rendirlles tributo a eses heróicos creadores do petote estamos hoxe todos nós aquí.

    Tedes solo vos na patria galega, amigas e amigos de Cotobade, o gran mérito de rendir tributo ó petote, pan da terra, pan do povo, pan humilde, pan de labregos, pan de gandeiros, pan de supervivintes, pan de crise, pan de millo, pan de centeno, pan de pote, pan nutritivo, pan sabroso, pan galego.

    Non vos vou dar máis a lata. Queridas amigas e queridos amigos de todo Cotobade, nenas e nenos, vellas e vellos, casados e solteiros. Para abreviar: figueroístas e non figueroístas: seguiredes sempre honrando ás vosas tradicións como facedes hoxe. Por algo tedes ese espíritu que vos levou a conservar ao longo dos séculos un dos poucos lugares do noso país no que a terra segue sendo fermosa porque sabedes convivir con ela e respectala, nunca destrozala. Xamáis perderedes ese orgullo pola nosa História e ese amor pola vosa terra.

    Amigas e amigos, imos comer. Unha vez máis, moitas gracias por compartir o voso petote con este humilde escritor e a súa familia. Quérovos, de corazón. Gloria ó petote, e gloria a esta grandiosa terra do Canón de Pau! Gloria sempre, sempre a Cotobade!

    ResponderEliminar