jueves, 28 de marzo de 2013

INTROSPESIÓN


Por Femia Castradora

SENTIMENTOS, REFLESIÓNS, INTENSIÓNS, PROXECTOS,  XUISOS, EMOSIÓNS, PESARES, PROPÓSITOS, OBSESIÓNS, MEDITASIÓNS… TODO O QUE QUERES SABER SOBRE FEMIA E NUNCA TE ATREVICHES A PREGHUNTARLHE, NON FORA A SER.

Eu son Femia Castradora Armada, das Castradoras de Pontedrón e Armada de toda a vida de deus.
Ghústanme as filhoas, mato polas filhoas, xa nin che digho se son de sanghre. Unha ves que probas o sanghre xa non podo parar, vólvome tola e núbraseme a vista. Aghora na semana santa tamén fagho torrixas, pero non pensedes que para min tenhen o aquel das filhoas. Home, se hai que comelas,  cómense, pero sen máis,  case con tristura, coma se lhe puxera os cornos ao meu postre favorito.

Cómoas con mel, con tona, con chiculate, con marmelada, soas, con asucre, sen el, enroiadas nun tubinho, espachurradas coma se foran unha folha de papel, dobradas en cadradinhos, ou, ghrasias ó cursinho que fixen na asosiasión de vesinhos, de calquer forma imaxinable, o origami non ten límites.

Uso as mans, o tenedor, o coitelo non. Dame algo usar a Vinghador para iso. Unha ves vin un reportaxe na ghalegha no que un home pasaba unha lus asul por riba dunha colcha dun hotel. Estaba chea de lamparóns que non se vían a simpre vista. A saber que ten Vinghador, ó mesmo colho unha varisela ou a rabia. Cada cousa é para o que é e o demais son contos.

De cando en ves fagho puentin, runin, esqueitin no adro da ighresia ou na entrada da casa do Trompas, que lhe meteu semento,   bulin (antes, aghora non. Xa non vou á escola) e xogho á bilharda os días de sol.
En canto ós homes, non fagho distinsións nin ascos a case ninghún. Se é unha cousa tipo o ghorobado de notredán, pois sí. Móvome nuns estándares amplios, pero non estou tan desesperada coma para non faser unha selesión mínima. Eu miro o interior,  se leva o calsonsilho limpo, os calsetíns sen tomates e sen cheiro a queixo de ouvelha curado, e sobre todo os recunchos escondidos do seu peto. Eso é importante porque, dirédesme que son un pouco clásica, pero  prefiro que el paghe todo. Aí, a mans cheas. Se quero ir de sea, un cruseiro polo Adriático ou uns sapatos chulos, que calquer cousa desas non vaia a arruinar a nosa relasión. Que de cutres está o mundo cheo! Desconfiade dos que venhen cunha fror colhida na cuneta e disindo: “pensei en ti cando vin esta humilde fror…” con olhos entornados e torsendo a cabesa ó lado ata case destrosar o tímpano co hombro.

O que non me ghusta nada son os traidores. Tenho aí un que se foi da linghua e que non vai pasar desta semana, para que aprenda a ter a boquinha calada (xa ves, Ana: Eu non perdono).
O que vou faser é desvelar a minha identidade, cousa que ó melhor non me ven ben por iso da sorpresa. A partires de aghora os homes van desconfiar de min se lhes chamo para tomar un café ou ir á verbena, pero vou ghanhar en canto que non van berrar, estou farta dos berridos. Aghora, con quen  quede está avisado.
Eu son… Eu que sei. Ó seu tempo.

Apertas.


2 comentarios:

  1. Ghalega andariega é con chipim28 de marzo de 2013, 13:55

    ¿É que pasou con a Pitty?

    Ando a procura de Cota a ver si de unha puñetera vez nos presentamos. Que aquí tes a unha rendida admiradora. Non paro de levar coitelos ao afilador e ter o licor cáfe de miña sogra a tempura ambiente e unha lista de algun que molesta.

    ResponderEliminar
  2. Planaso total, Ghalegha. A iso non me podo neghar. O da lista é un detalhe. Unha festa non é festa se non saco a Vinghador. Xa lhe estás colhendo o punto.

    Piti está desaparesida con peineta e mantilha, que é o seu. Seghuro que a semana que ven xa a temos eiquí.

    Bicos.

    ResponderEliminar