lunes, 4 de marzo de 2013

O GALEGO SEI FALALO


Por Manuel Pérez Lourido


“O galego tamén é dos que non o falan” leo que dixo Jesús Vázquez na portada de La Voz de Galicia, que é un periódico que non fala o galego pero que fai como que lle importa moito esa lingua. Imos ver: quere dicir Suso Vázquez (heino chamar como me pete, agás Xesús) que o galego tamén é da xente de Taiwan, Tegucigalpa ou Toronto?, quere dicir que o galego é patrimonio da humanidade? quere dicir que o galego mellor deixalo tranquilo, en repouso, en stand-by, que a súa esencia e ser posuído por miríadas de xente que non saben falalo, ou non queren falalo, ou que tanto lle ten? quere dicir, fitándonos coa súa pupila azul, que “gallego eres tú”?. Cando un comeza a preguntarse qué quixo dicir o seu conselleiro de educación respecto da lingua á que se debe, á que lle debe o seu cargo, o seu soldo actual e a vergoña que lle poida quedar no corpo, é que as cousa non é que estén mal, senón moito peor. “Yisas” Vázquez é doctor cum laude, pero en ciencias económicas e empresariais, non en ningunha lingua, nin sequera na lingua galega (a lingua de todos os que non a falan, a lingua franca dos mudos linguareteiros). Dende un punto de vista económico e empresarial esta declaración súa ten que levarnos sí ou sí a unha clara conclusión: “a ver que carallo quixo dicir!”. Sabido é que o punto de vista económico e empresarial é o máis chupiguay para abordar as políticas educativas e lingüísticas de pobos tan favorecidos pola historia como o galego, mira ti. Por eso un non ten moito máis que a perplexidade, na que leva parapetado dende que Yeshua Vázquez se cargou o decreto do galego vixente dende a época de Fraga (ese furibundo nacionalista radical) e meteu o galego (a lingua dos que non teñen lingua) no cul-de-sac educativo no que se atopa, para enfrontarse a declaracións deste estilo. Non teño culpa se se me afogan coa perifrase: estudiei pouco o galego e nadiña as ciencias empresariais ou económicas. E o pouco sentidiño co que me valo xa se ve que non chega para comprender as cousas que proceden das altas instancias.

1 comentario:

  1. No te enfades tanto Manuel. Leo en gallego y hasta libros en portugués. Teño soños en galego e desperto en castelán, as veces ata en catalán o a lingua isa do imperio dos astrou -húngaros. ¿E que ten dicir iso que non é necesario falar galego para sentirse da terra? o que o galego perteñece incluso a los que no lo falan? Non confundamos

    ResponderEliminar