lunes, 6 de mayo de 2013

Carta a Miguel Filgueira



O outro día vinte. Eu viña de ver os maios, creo. Todos os anos vou velos á Ferreiría e aos quince minutos de chegar recordo que me aburren. Aos maios habería que darlles unha volta, non sei, facelos máis entretidos. Quizais dotalos dun aire máis roqueiro: en lugar de saír os nenos recitando esas coplas antigas mentres entrechocan os paus, poderían subir ao escenario e arrancar dun bocado a cabeza dun morcego vivo, en plan Ozzy Osbourne. Iso non o teño moi claro aínda, pero déixoche caer a idea por se queres trasladarlla a Demetrio, o meu segundo concelleiro preferido (agora Ana Isabel é a terceira). Pois aos maios, dicíache, fáltalles un algo. As tradicións pérdense se non se actualizan. 

Perdoa o inciso. Estabas, dicía, sobre unha moto. Conxelóuseme o espírito: levabas un casco cibernético en plan Blade Runner que seguramente che proporciona, ademáis da seguridade regulamentaria, outro tipo de vantaxes, coma conexión a Internet e auga potable. 
Saudáchesme: “Ata logo, Cota”. Segue lendo en Diario de Pontevedra. Carta a Miguel Filgueira.


No hay comentarios:

Publicar un comentario