viernes, 27 de junio de 2014

NOITE GHEI, QUE GHUAI!!



Por Femia Castradora


Logho das vacasións meresidas, volvo á casa. Comprobo coma Marelinha, a minha vaca é de fiar. Todos os cochos, as ghalinhas, ouvelhas, cans, ghatos, pitas e demais están que dan ghloria velos. Nunca vira cousa ighual. Fixen un selfi con todos eles e logho de levarlhe o carrete a Servando, o fotóghrafo, colghei a foto na pereira da minha leira. Vin iso nun das minhas viaxes polo mundo, chámase performans. Eu son unha innovadora na aldea, un favor que lhe fagho aos vesinhos.

Aínda que non tenho cámara desas dixitais, tenho ordenador e cando abro o meu correo tenho unha mensaxe do Rodrigho. Dime que si quero faser algho para una festa dos gheis que van faser en Pontevedra.

Vestinme co meu traxe de ghatinha de látes e fíxenme outro selfi. Puxen o antifás de lenteghuelas para darle máis misterio, non vaia pensar que eu non entendo. Ía colher a fusta, pero dixen: Femia, non vai deso… E que cando saco o meu lado salvaxe non sei parar.

Voltei con Servando e cando tiven a foto mandeilha ao Cota para que vira todo o meu potensial. Deseghida tiven meil del: mulher, para o carro. Soio quero una frase túa.

Buá, acabáramos! Sentinme un pouco desesionada, porque aínda que lhe ía faser a frase pensei que me pedira ir de preghoneira. Xa me estaba vendo no Conselho co meu traxe de ghatinha e repartindo condóns dende o balcón. A mans cheas coma se eu fora a dona de Dúres. Porque aínda que son un pouco máis caros, a calidade é a calidade. Non é cousa de compralos nun chino ou no Mercadona. Logho pasa o que pasa e aínda vou ter eu a culpa.

Total, que fun ver a esposisión e atópome cuns cubos moi ghuapos cheos de fotos e de cousas que pensa a xente do tema. Eu pensei que ao melhor ía estar máis chulo se en ves de ser de algho así coma plástico, poderíannos haber feito de bloques coma o meu cortelho. Vinte anos fai que o meu pai mais o tío Manolo o fixeron e alí sighe, coma se fora una pirámide desas que hai en Exipto. Un pouco escanghalhadas, pero aí están.O que si, había ambiente, ía lighar seghuro.

Cando xa tinha trabalhada una rapasa que andaba por aló, atópome con Ramiro o do ultramarinos e comensoume a disir que estaba moi ghuapa esa noite e que se quería ir a La Luna a botar uns bailinhos. Consecuensia: xa non tinha rolho ghrasias ao papán de Ramiro. De súpeto botei man ao bolso e comprobei que Vinghador estaba alí.

-Non, melhor imos á mina casa, que che quero ensinar algo -díxenlhe. Ao cheghar, fomos ata a Pereira e alí mesmo pensei que ía completar a performans colghando da árbore o trofeo conseghido ghrasias a Vinghador. Ía ter que faser un espantalho, para que os paxaros non picaran as sirolinhas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario