Por Femia Castradora
"Eu queíame casare, minha nai non tenho roupa. Casa minha filha, casa, que unha perna tapa á outra"
Cansión popular ghalegha, canta rasón ten. Pois si, imos falar das vodas. Canta complicasión para faser unha, diredes. Pois eu vouvos axudar ós que estedes metidos nese lio, ós que din: "ostras, caso en agHosto e aínda non tenho nada feito". Primeiro, tranquilos, en oito meses faise unha nave espasial, non ides ser capases vos de orghanisar unha voda?. Imos ver, qué nesesitamos?
-O mais importante, un noivo ou noiva, dependendo dos ghustos de cada un, que ahí cada un que se revolva, non imos a andar con parvadas de peras con peras ou masás con masás. Se non tes con que casar, xa non tes esa presa para casar en aghosto, pódelo tomar con calma.
-Invitados. Ista parte vai ser chungha. Primeiro, tes que faser invitasións e levalas á casa de cada un deles. Pódese faser por meil, pero eu penso que desa forma pérdese toda a esensia do choio. Moito melhor ir de casa en casa, esperándoos no portal a que cheghen de trabalhar e sorprendelos sen ter osión a escapar. Hai que levar unha invitasión preferiblemente en cores pasteis craros, con moitas pombas e aneis entrelasados debuxados. Nese intre, dádeslhe o número de conta para que faghan o inghreso.
-Selebrante, ven sexa un cura para os mais tradisionais, ou un alcalde ou ó que lhe toque ese día para os que queren algho mais fasil de levar. Neste apartado hai que desir que a elesión leva consigho o lughar onde vai ser a voda. Para moitos, as ighexas son as que melhor quedan nas fotos e non renunsian a ela aínda que a última ves que pasaron por alí foi un dia que o cura lhes deu unha ostia. Hai que desir en descargha dos alcaldes, que os hai moi cachondos, no bo sentido da palabra, e xa están curtidos en eso de casar. Resitan poemas, ponhen cansións e ata botan arros ós noivos.
-Nenos levando os aneis. O toque de tenrura nesesario en toda voda. Hai que vestir ós rapases con pololinhos, tules e teas iridisentes, con moito frufrú, coma se foran rapases da corte de Luis XVI. Cando vai pasando o tempo, os encaixes das roupas vannos convertindo de seres anxelicais a demos que non paran quietos. Non hai que desir que hai que elexir ós rapases cos olhos asuis, ghuapinhos e con larghas cabeleiras cheas de tirabusóns.
-O convite. Ahí bótase todo o armamento pesado. Aínda que estamos en Ghalisia, estáse a ponher de moda as vodas lait. Din: melhor que sexa unha comida lixeirinha, non vaia ser que colhan unha indixestión. Eso é unha burrada e o sabemos todos. Se non se fai un menú de entrantes, polo menos catro mariscos, pescado, carne e postres, todo iso a repetir sen escatimar, imos ser uns cutres e no baile escoitaránse chistes coma: cando saia de aquí vou a tomar unha hamburghesa, que tenho un burato no estómagho, ou as ameixas estaban contadas, tocaban a catro por cabesa, ou: o que había de abondo era pan, a lástima era que non houbera salsa para molhar. A xente é moi mala e non queredes que recorden a vosa voda coma a mais ruín.
-O momento garavata ou ligha. Hai xente que di que se é unha ordinaries, que eso non se leva, que minha nai morre alí mesmo se fagho iso... Deixádevos de parvadas. Estamos en crise e calquer axuda é pouca para uns resén casados. Hai que ter visión comersial, que logho así nos van as cousas. Todo o mundo sabe que é impresindible levar un troso de garavata do noivo no peto ó sair da voda.
-Reghalinhos para os convidados. Hai de todo: xabonsinhos, abanos, xarróns miniatura, améndoas recubertas, frores secas...é un mundo! Moi importante que hai que ter en conta. Sexa o que sexa o reghalo, hai que envolvelo en tul branco ou rosa e levalos a repartir en sestas adornadas con moitos lasos.
-A música de baile. Ese é un momento importante da voda, e sábese porque o que fai as fotos e o do vídeo botan a correr para non perder nada do momento. Os tempos cambian e hai que saber adatarse. Aghora, o que se leva é o vals das mariposas. Se contratades a uns bos músicos, xa non fará falta desirlhes nada, xa sale de eles tocalo. Primeiro saen os noivos a bailar, inaughurando o baile. Para os que son tímidos é un mal tragho, pero aínda é peor para cando saen os padrinhos logho para acompanhalos e os da orquestra cambian e ponhen Paquito el chocolatero. Moitos matrimonios de pais de noivos desfixo esa cansión! Hai nais de noivas que acaban arrincando a peineta á madrinha, logho de descobrer no seu marido un movemento pélvico xa olvidado por mor da prótese de cadeira e da próstata. Pois hala, xa está. Se o que queredes é casar, xa tedes todo ben espricadinho. Alá vos.
Apertas.
E o mais importante, Femia, ter un bo padriño (a o hilo da anterior entrada) que corra cos gastos e a lúa de mel en a Riveira Maya o outra ribeira, é vixíalle a o noivo/va, que manter hoxe un matrimonio é certamente difícil.
ResponderEliminarSeino.