sábado, 20 de noviembre de 2010

O sine. Por Femia Castradora

Por Femia Castradora

Onte choveu e desidin ver unha pelicula.A mín ghústanme mais os documentais de animais , onde podes ver coma unha leona vai casar servos africanos mentras o león queda a durmir baixo unha árbore, que xa lle vale ó tipo. Verghonsa lle tinha que dar. 

Tamén vexo istos que botan de outros lughares do mundo. Así podes ver coma é outra xente, o que fan , onde trabalhan, o que comen, eu qué sei...!

A pelicula empesa cun rapás que tinha un amigho mais velho ca él. Non sei que lío tinha montado o amigho nun alpendre cheo de motores e caixas con luses de cores. O caso é que os dous ían faser probas cun deses chismes e acordaron quedar ó día seghinte para ver coma funsionaba. O día da proba, cando cheghou o rapás resulta que o velho montara o seu invento nun coche que tinha unhas portas que abrían para arriba. Paresía unha aghila ese coche.

O caso é que o rapás era o encarghado de faser a proba, non sei porqué. Cando xa case estaba todo arreghlado para o esperimento, resulta que cheghan uns homes berrando e botando tiros nunha furghoneta. Entón o rapás sae correndo co coche e cando paresía que ía bater contra unhas casas, o coche   vaporísase.  Eu pensei que daquela morría, porque deixou todo cheo de fume e faíscas espalladas pola rúa.

Pero non, ó rapás o que lle ocorre é que (aínda que paresa increíble) está no pasado. No mesmo pobo do que saiu pero  coma vinte anos antes ou así.

Alí atópase con xente que conhese pero todos moito mais mosos. Despois embarúlhase todo. Atopa ó seu pai, que é un calsonasos, e ten que faser que se fagha noivo da sua nai, porque se non se fai, o rapás e a súa familia desaparese dunha foto que leva.

 O protaghonista vai polo pobo arranxando todo para que os seus pais se xunten. E tamén atopa ó velho, que é o que o vai axudar a voltar.

Non soio pasan esas cousas, senón que tamén lle dá tempo de pelexar cunha banda de  fasinerosos maleducados que o queren amolar. Ahí ven a parte que mais me ghustou de todo, que é cando os malos persighen ó rapas cun coche sen capota. Entón él inventa o esqueit (ou monopatín que desíamos antes) para fuxir deles, e non sei coma fai que loghra saír da persecusión sen que lle faghan nada, pero os outros acaban contra un camión que lles bota esterco por riba deles. Foi boísimo, moito  rín.

Despois, no baile onde tinha que xuntar ós seus pais, tamen inventou unha cansión nova, que ghustou moito a todos. Cando a estaba a tocar, mirou para a foto e víu que toda a familia aparese outra ves. Entón sabe que xa cumplíu a súa misión e soio lle queda voltar ó seu tempo.

Volta ó coche e despois de insidensias coa a coordinasión da volta (que se  coche  non ensende, que si o velho case escorregha e cae dun edifisio cando o alarghador do cable desenchúfase...) o rapás consighe, no momento xusto en que cae un raio, vaporisarse e cheghar  ó dia no que empesa a película. E tamén salva ó velho, que coma xa fora avisado, puxo un chaleco anti balas.

E xa. Non hai mais. Logho fixeron dúas continuasións mais, pero  non vos podo desir nada delas. Non as vín.

Por serto, a cansión que vou ponher non ten nada que ver co que vos contei, pero é un xusto tributo a un companheiro fiel da minha vida. Vai por él.

Apertas.

9 comentarios:

  1. Jaaaaaaaaaaa, muy bien Femia!!!!

    Una peli fantástica y muy ben contada. Bicos ;-)

    ResponderEliminar
  2. E moi boa a canción, non a coñecía. Parabéns, Femia Castradora, xa tes aquí un seguidor

    ResponderEliminar
  3. Isa é a nosa Femia Castradora!!! E vaia dende aquí unha lembranza a Michael J. Fox, aqueixado de parkinson.

    ResponderEliminar
  4. Condensador de Fluzo21 de noviembre de 2010, 13:49

    Es una de mis pelis favoritas, puedo verla miles de veces y nunca me aburre. Gran reseña

    ResponderEliminar
  5. La próxima vez podrías comentarnos alguna peli romántica, como Algo para recorfar o Los Puentes de Madison. Un beso, Femis.

    Ana N

    ResponderEliminar
  6. Es mejor el resumen de Femia Castradora que la propia película, que es una obra sobrevalorada, que en su día fue un taquillazo pero nada más.

    ResponderEliminar
  7. Moi ben, Femia!!

    Coco, a min pásame como a Femia. Gústame "Regreso al Futuro". Unha boa película, entreteñemento puro. E gran elenco, excelente dirección, guión, máis que correcto, magnífico, unha obra redonda, ainda que coincido contigo en que é mellor contada por Femia.

    Unha aperta a todos.

    ResponderEliminar
  8. Ghustóuvos?. Outra ves fagho outra. Moitas ghrasias polos comentarios.


    Apertas

    ResponderEliminar
  9. Eu me quedo con Femia, unha muller de bandeira. Mulleres así son o que necesitamos nestes tempos de zozobra

    ResponderEliminar